Galapa, Atlántico
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Colombia | ||||
| Departamento | Atlántico | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 43.896 | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 98 km² | ||||
| Altitude | 79 m | ||||
| Creación | 1600 | ||||
| Sitio web | galapa-atlantico.gov.co | ||||
Galapa é un concello de Colombia que se atopa no departamento de Atlántico. Forma parte da área metropolitana de Barranquilla e ten baixo a súa xurisdición o centro poboado Paluato.
Historia
[editar | editar a fonte]
O nome atribúeselle ao cacique Jalapa, que dominaba as vilas indíxenas até a desembocadura do río Magdalena.
No momento da chegada dos españois, no lugar xa había un asentamento indíxena, o que o converte nunha das poboacións máis antigas do departamento. O seu descubrimento polos colonizadores españois foi en marzo de 1533, cando Pedro de Heredia atopou o asentamento dos mokanás, mestura de caribes e autóctonos da zona.
Coma outras vilas indíxenas, foi dada en encomenda en 1600 a Nicolás De Barros e posteriormente a Pedro De Barros, o seu fillo. Os poboadores indíxenas da rexión non ofreceron resistencia aos colonizadores europeos, e isto deu lugar a un acoplamento de economía gandeira. O concello foi creado por medio da Lei 37 de 1873.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Información general de Galapa". Alcaldía del municipio. Consultado o 1 de maio de 2015.
