Saltar ao contido

Gaivota dominicana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaivota dominicana
 Nome taxon
    Larus dominicanus
 Nome curto
    L. dominicanus (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Fonte de alimentación
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeCharadriiformes
FamiliaLaridae
XéneroLarus
EspecieLarus dominicanus Editar o valor en Wikidata
Lichtenstein, 1823 Larus dominicanus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
 Envergadura
   135 cm Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   2,35 Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   27 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/03920_ Editar o valor en Wikidata
ITIS176849 Editar o valor en Wikidata
OTT418481 Editar o valor en Wikidata
UICN22694329 Editar o valor en Wikidata
CoL3SBQ5 Editar o valor en Wikidata
EOL45509293 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A gaivota dominicana[1] (Larus dominicanus) é unha gaivota que se reproduce nas costas de illas de gran parte do hemisferio sur. A subespecie nomeada L. d. dominicanus é a que se atopa arredor de América do Sur, partes de Australia (onde se solapa con Larus pacificus), e Nova Zelandia.[2],[3] L. d. vetula é a subespecie que se atopa arredor do sur de África.

O nome específico vén da orde dos frades dominicanos, que vestían hábitos negros e brancos.[4]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A gaivota dominicana lembra superficialmente as gaivotas de latitudes máis ao norte do océano Atlántico, como a gaivota escura e o gaivotón atlántico, e ten un tamaño intermedio entre esas dúas especies. A súa lonxitude total está entre 54 e 65 cm, cunha envergadura de 128 a 142 cm e un peso de 540 a 1.390 g. Os machos e femias adultos pesan como media 1.000 g e 900 g, respectivamente. Entre as medidas estándar temos: corda alar de 37,3-44,8 cm, bico de 4,4-5,9 cm e tarso de 5,3-7,5 cm.[5][6][7] O adulto ten as partes superiores e ás negras. A cabeza, partes inferiores, cola e os pequenos "espellos" nas puntas das ás son brancos. O bico é amarelo cun punto vermello e as patas son amarelas verdosas (máis intensas e máis amarelas na época en que se reproduce, máis apagadas e máis verdes cando non está en época reprodutora). A chamada é un estridente son ki-och. Os individuos xoves teñen patas apagadas e bico negro, unha banda escura na cola e unha plumaxe en conxunto marrón agrisada densamente bordeada de branco, pero rapidamente adquiren unha base clara no bico e unha cabeza e partes inferiores bastante brancas. Tardan 3 ou 4 anos en madurar.

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Hai cinco subespecies de gaivota dominicana. A subespecie africana L. d. vetula é ás veces separada co nome Larus vetula. Ten unha cabeza máis angular e un bico máis curto e pequeno. O adulto ten ollos negros, mentres que a subespecie nomeada xeralmente ten ollos claros. Os exemplares novos da subespecie africana teñen plumaxe case idéntica á das outras gaivotas dominicanas de igual idade.

ImaxeSubespeciesDistribución
L. d. dominicanus, (Lichtenstein, 1823)América do Sur, illas Malvinas, illa Xeorxia do Sur, Australia e Nova Zelandia
L. d. vetula, (Bruch, 1853)Sur de África
L. d. judithae, (Jiguet, 2002)Illas subantárticas do océano Índico
L. d. melisandae, (Jiguet, 2002)sur e suroeste de Madagascar
L. d. austrinus, (Fleming, 1924)Antártida e illas antárticas

A gaivota dominicana é unha ave vagante rara nos Estados Unidos, cun primeiro rexistro en 1989 nas illas Chandeleur en Luisiana. Hibridáronse coa gaivota arxéntea americana nesas illas, orixinando aves intermedias que poden volverse cruzar. Despois do furacán Katrina de 2005, as poboacións reprodutoras das dúas especies e os seus híbridos foron desprazados desas illas, aínda que se informou de posibles híbridos noutros lugares e poden ser o resultado doutras colonias lonxe da costa.[8] En 2025, observouse un exemplar vivindo no tellado dun almacén en Milwaukee, Wisconsin.[9] Está tamén incluída na lista das aves ibéricas.

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Son omnívoras como a maioría das Larus, e comen prea que atopen e tamén buscan pequenas presas apropiadas. Xúntanse nos vertedoiros de lixo, polo que un rápido incremento da súa poboación é considerado un sinal de ambiente degradado.[10] Observáronse alimentándose de baleas fancas austrais vivas desde polo menos 1996,[11] para o cal a gaivota usa o seu poderoso bico para picar a varios centímetros de profundidade baixo a pel e capa de graxa da balea, a miúdo producindo grandes feridas abertas nas baleas, e algunhas das feridas eran de medio metro de diámetro. Este comportamento depredador documentouse en augas arxentinas.[12] En siitos rochosos da costa meridional de África, como Boulders Beach en Cidade do Cabo, as gaivotas dominicanas (Larus dominicanus vetula) recollen moluscos e voan coa eles no bico a varios metros de altura e déixanos caer sobre as rochas repetidamente, para así rompelos e podelos comer.[13] Tamén se informou que pican nos ollos de crías de focas na costa de Namibia deixándoas cegas para despois atacar a vítima cegada en grupo.[14]

O niño é unha depresión pouco profunda no chan forrada con vexetación e plumas. A femia adoita poñer 2 ou 3 ovos.[15] Ambos os pais alimentan os polos.

Larus dominicanus vetula ou Larus vetula

[editar | editar a fonte]

A L. d. vetula difire doutras formas de gaivota dominicana polo seu iris máis escuro e corpo máis grande e o gran tamaño do bico. A poboación surafricana estímase en 11.000 parellas reprodutoras e está en expansión.[16]

  1. ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. ↑ "Southern black-backed gull | New Zealand Birds Online".
  3. ↑ "Mollyhawk definition and meaning | Collins English Dictionary". Arquivado dende o orixinal o 2021-04-27. Consultado o 2020-12-18.
  4. ↑ "Shelly Farr Biswell", "Southern Black-Backed Gulls", New Zealand Geographic, número 73, mio-xuño de 2005
  5. ↑ Gulls: Of North America, Europe, and Asia by Klaus Malling Olsen & Hans Larsson. Princeton University Press (2004). ISBN 978-0691119977.
  6. ↑ Harrison, Peter, Seabirds: An Identification Guide. Houghton Mifflin Harcourt (1991), ISBN 978-0-395-60291-1
  7. ↑ CRC Handbook of Avian Body Masses by John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (1992), ISBN 978-0-8493-4258-5.
  8. ↑ Ayyash, Amar. "Another Presumed Chandeleur Gull in Indiana" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2021-08-23. Consultado o 2021-08-23.
  9. ↑ Smith, Paul A. "Kelp gull in Milwaukee, the first recorded in Wisconsin, has the birding world buzzing". Journal Sentinel (en inglés). Consultado o 2025-08-15.
  10. ↑ Cf. José Felipe M. Pereira, Aves e Pássaros Comuns do Rio de Janeiro, Rio de Janeiro: Technical Books, ISBN 978-85-61368-00-5, pg.55
  11. ↑ Increased harassment of Right Whales (Eubalaena australis) by Kelp Gulls (Larus dominicanus) at Península Valdés, Argentina. Rowntree, V.J., P. MacGuiness, K. Marshall, R. Payne, J. Seger, and M. Sironi, 1998. Marine Mammal Science. 14(1): 99 – 115. doi 10.1111/j.1748-7692.1998.tb00693.x
  12. ↑ Gulls' vicious attacks on whales Arquivado 2009-06-26 en Wayback Machine.. BBC News, 24 de xuño de 2009.
  13. ↑ Siegfried WR (1977) Mussel dropping behaviour of Kelp Gulls. S Afr J Sci 73:337 - 341
  14. ↑ Bittel, Jason (17 de agosto de 2015). "Seagulls Have a Gruesome New Way of Attacking Baby Seals". National Geographic. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2021. Consultado o 4 de setembro de 2015.
  15. ↑ "Kelp gull – Australian Antarctic Program". Australian Antarctic Program (en inglés). 2017-02-16. Arquivado dende o orixinal o 2024-06-19. Consultado o 2024-06-19.
  16. ↑ Underhill, Les; Cooper, John. "Kelp Gull (Larus Dominicanus Vetula) "Cape Gull"". UCT Animal Demography Unit (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2021-01-16. Consultado o 2020-12-22.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ian Sinclair, Phil Hockey and Warwick Tarboton, SASOL Birds of Southern Africa (Struik 2002) ISBN 1-86872-721-1

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]