Gaivota de bico riscado
Gaivota de bico riscado | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar adulto | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Larus delawarensis Ord, 1815 |
A gaivota de bico riscado[2] (Larus delawarensis) é unha ave da familia dos láridos.
Características
[editar | editar a fonte]É unha gaivota de tamaño medio, podendo acadar os 50 cm de lonxitude e unha envergadura máxima de 124 cm. A plumaxe é branca, sendo as ás dun gris moi pálido. As patas amarelas. É semellante á gaivota patiamarela diferenciándose pola liña negra que percorre verticalmente o seu peteiro e pola plumaxe moito máis pálida.
Distribución
[editar | editar a fonte]É unha ave que só se pode atopar excepcionalmente no litoral atlántico europeo, e exclusivamente no inverno. Así as citas desta especie son frecuentes en Galicia, especialmente na provincia da Coruña, aínda que o número de exemplares nunca é abondoso[3]. Estes exemplares veñen de norteamericana, onde a especie ten a súa poboación máis importante.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Butchart, S.; Symes, A. (2012). "Larus delawarensis". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2012: e.T22694317A38869005. Consultado o 1 May 2016.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
- ↑ Anuario Histórico das aves de Galicia. Publicado pola Sociedad Galega de Ornitoloxía, Novembro 2009
Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |