Saltar ao contido

Gaivota chorona americana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaivota chorona americana

Gaivota chorona americana en voo
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animal
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Laridae
Xénero: Leucophaeus
Especie: L. atricilla
Nome binomial
'Leucophaeus atricilla'
Linnaeus, 1758
Sinonimia

Larus atricilla

A gaivota chorona americana[2][3][4] ou gaivota alegre [5] é unha ave pertencente á familia dos láridos.

Características

[editar | editar a fonte]

A especie presenta tres grupos de idade[6]. Os adultos teñen as ás grises escuras. Cabeza negra co ollo rodeado dunha liña branca[6]. O peteiro e as patas son escuras. O seu tamaño é semellante ó da chorona e a cana[6].

Distribución

[editar | editar a fonte]

Cría nas costas atlánticas norteamericanas, no golfo de México e no mar Caribe[7]. Inverna na costa máis meridional dos Estados Unidos, golfo de México, Caribe e chega ata Venezuela.[7] Considérase divagante en Europa, sobre todo nas Illas Británicas e Francia.[7] Na Península Ibérica e en Galicia existen citas históricas, mais a especie considérase unha rareza[7].

  1. BirdLife International (2012). "Larus atricilla". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Fernández de la Cigoña, Estanislao (1989): Viaxeiras da auga. Aves mariñas e acuáticas de Galicia e Norte de Portugal. Vigo: Xerais.
  3. Penas Patiño, Xosé Manuel / Carlos Pedreira López / Carlos Rodríguez Silvar (1991): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía.
  4. Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela:Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000
  5. Conde Teira, Miguel (1999): "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada", Chioglossa 1, 121-138.
  6. 6,0 6,1 6,2 Svensson, Lars (2010). Ediciones Omega, ed. Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN 978-84-282-1533-6. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Paterson, Andrew M (1997). Lynx Edicions, ed. Las Aves Marinas de España y Portugal. ISBN 84-87334-21-0.