Gaivota biquistreita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gaivota biquistreita
Imaxe dun adulto en Saloum Delta, Senegal
Imaxe dun adulto en Saloum Delta, Senegal
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Laridae
Xénero: Larus
Especie: L. genei
Nome binomial
Chroicocephalus genei
(Brème, 1839)
Sinonimia

Chroicocephalus genei

A Gaivota biquistreita[1] (Larus genei) é unha ave da familia dos láridos.

Características[editar | editar a fonte]

Trátase dun lárido de pequeno ou medio tamaño, semellante a gaivota chorona[2]. A súa lonxitude non soe superar os 40 cm e a envergadura non acostuma exceder os 100 cm.[3] O peteiro é negro avermellado e o iris branco. Os xuvenís presentan o peteiro e as patas cun ton amarelo. O corpo é branco coas excepcións das as agrisadas e a cola negra. O hábitat e costumes son moi similares ós da gaivota chorona, mais a súa poboación é moito máis reducida. A alimentación consiste en peixes, crustáceos e insectos. Que captura nadando ou voando, e empregando unha gran variedade de técnicas[2]. Non soe empregar con frecuencia os descartes dos pescadores e téñense documentado actos de cleptoparasitismo sobre carráns e outras especies[4].

Reprodución[editar | editar a fonte]

Aniña en deltas, marismas ou cursos fluviais. Aproveita zonas chans onde a vexetación herbácea combínase con lameiras, onde constrúe un refuxio onde emprazar o niño. Cría colonialmente, aceptando a presenza doutras gaivotas e aves limícolas[2]. Tense sinalado que este feito poderia ser un mecánismo de defensa contra a predación dos niños por parte de outras gaivotas, córvidos ou de mamíferos terrestres[5]. O niño constrúese con ramallos secos e plumas. Habitualmente as postas constan de dous ovos, sendo raros as postas de tres ou catro ovos[5]. Unha das características máis salientábeis desta especie, e que os polos, unha vez fóra do ovo agrúpanse xuntos. Esta característica non é común ó resto de especies de gaivotas, mais si a outras aves tales coma os flamengos[6].

Distribución[editar | editar a fonte]

Distribúese por todo o Mediterráneo e en todos os seus mares conectados: coma o Mar Negro, o Mar Caspio ou o Golfo de Arabia. Cara o norte chega ata a Siberia máis meridional, cara o leste o seu límite sitúase na India occidental[5]. Tamén está presente en puntos illados de Mauritania e Senegal[4]. Na área de distribución europea, concéntrase sobre todo en Rusia e Ucraína, ocupando puntos illados, e nunca mostrando poboacións moi grandes, na conca mediterránea[4]. En España só se atopa nas costas catalanas, valencianas e na conca do Guadalquivir[3]. Mais só cría de maneira regular no Delta do Ebro e na conca do río Guadalquivir[2]. Outros puntos onde a cría ten sido confirmada en certos anos son o Parque natural das salinas de Santa Pola, a Lagoa de la Mata, a Lagoa de Torrevieja[7] e no Parque Natural da Albufera de Valencia[6]. No 2007 estimouse en España unha poboación de 1.220 parellas reprodutoras[6]. Dos cales a metade sitúase en Andalucía e o resto repartiríase entre Cataluña e Valencia[6].

Conservación[editar | editar a fonte]

A gaivota picofina presenta grandes oscilacións na súa poboación mundial de ano en ano. Porén debido ó tamaño da poboación total e o amplo rango xeográfico polo que se estende non está considerada en perigo pola UICN[6]. A nivel europeo está catalogada dentro do Anexo I da Directiva 79/409/CEE relativa á conservación das aves silvestres e atópase dentro da categoría De Interese Especial[6]. En España considérase unha especie vulnerable[4] debido a varios motivos. Por un lado a súa reducida poboación e a súa alta dispersión dificultan a reprodución[4]. Por outro lado tamén se ve afectada pola degradación dos seus hábitats pola contaminación, a súa sensibilidade ás perturbacións e a súa vulnerabilidade á competencia doutras especies. Todos estes motivos explican a dificultade que atopa a especie para crear novas colonias estábeis[2].

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Xosé M. Penas Patiño; Carlos Pedreira López; Calros Silvar (2004). Guía das aves de Galicia. p. 208. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Robledano F., Calvo J.F., Hernández Gil V. Consejería de Industria y Medio Ambiente de la Comunida de Murcia, ed. Libro rojo de vertebrados de la Región de Murcia. pp. 164–165. 
  3. 3,0 3,1 Svensson, Lars (2010). Ediciones Omega, ed. Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN 978-84-282-1533-6. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 varios; A. Martínez, M. Máñez, D. Oro, L. García. "Gaviota Picofina, Larus genei" (PDF). Repositorio institucional del Consejo Superior de Investigaciones Científicas. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "La reproducción de la Gaviota picofina (Laurus Genei) en las marismas del Guadalquivir". Ardeola (32): 115–136. 1985. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Varios. SEO (Sociedad Española de Ornitología), ed. "Gaviotas cabecinegra, picofina, de Audouin y tridáctila, y gavión atlántico en España. Población en 2007" (PDF). Consultado o 7 de xuño de 2016. (en castelán)
  7. J. Ramos Sánchez e S. Arroyo Morcillo. http://ahsa.org.es/, ed. "Seguimiento de la Gaviota Picofina "Larus genei" en el Sur de Alicante por Voluntarios ambientales" (PDF). Consultado o 4 de xuño de 2016.  (en castelán)