Gaivota arxéntea americana
| Gaivota arxéntea americana Larus smithsonianus | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adulto no niño | |||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| 'Larus smithsonianus' Coues, 1862 | |||||||||||||||
| Sinonimia | |||||||||||||||
|
Larus argentatus smithsonianus | |||||||||||||||
A gaivota arxéntea americana[2] (Larus smithsonianus) é unha ave pertencente á familia dos láridos.
Características
[editar | editar a fonte]Antigamente considerábase a mesma especie que a gaivota arxéntea[3]. Debido ás diferenzas de plumaxe no primeiro ano e ás pequenas diferenzas xenéticas fixeron considerala unha especie diferente[3]. Os adultos son case indistinguíbeis dos adultos da arxéntea. Unicamente o tamaño lixeiramente menor e os tons máis claros das ás e das patas da Larus smithsonianus, permiten diferenciar ambas especies[3]. Porén os xuvenís de primeiro ano son moi diferentes. Xa que presentan unha plumaxe case completamente negra que os diferenza dos xuvenís da arxéntea, moito máis claros[3].
Distribución
[editar | editar a fonte]Moi estendida por toda Norteamérica. É unha especie divagante en Europa, con moitas citas nas Illas Británicas e en Francia, mais é unha rareza no resto do continente[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Birdlife International (2014). "Larus smithsonianus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2014.3 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 11 January 2015.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
- 1 2 3 4 5 Svensson, Lars (2010). Ediciones Omega, ed. Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN 978-84-282-1533-6.