Saltar ao contido

Gaivotón de cabeza negra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaivotón de cabeza negra
 Nome taxon
Ichthyaetus ichthyaetus
Peter Simon Pallas 1773 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    I. ichthyaetus (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Sinonimia
Larus ichthyaetus
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeCharadriiformes
FamiliaLaridae
XéneroIchthyaetus
EspecieIchthyaetus ichthyaetus Editar o valor en Wikidata
(Pallas, 1773) Ichthyaetus ichthyaetus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Envergadura
   161 cm Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   2 Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   25 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/0211c_ Editar o valor en Wikidata
ITIS824068 Editar o valor en Wikidata
OTT993037 Editar o valor en Wikidata
CoL6N5PH Editar o valor en Wikidata
EOL45513592 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O gaivotón de cabeza negra[1] (Ichthyaetus ichthyaetus) é unha grande especie da familia dos láridos. Como ocorría con moitas gaivotas, esta especie estivo tradicionalmente incluída no xénero Larus.[2] O seu nome científico procede do grego antigo, de ikhthus, 'peixe' e aetos, 'aguia'.[3]

Distribución

[editar | editar a fonte]
en Kutch, India

Esta especie reprodúcese en colonias en marismas e illas do sur de Rusia ata Mongolia. É unha ave migratoria, que inverna no leste do Mediterráneo, Península Arábiga e India. Nidifica no chan, poñendo entre dous e catro ovos.

No oeste de Europa só pode aparecer como ave vagante. En Gran Bretaña unha revisión recente só recoñeceu unha soa aparición en 1859 como único rexistro aceptable. A especie tamén pode chegar errante a varias partes do océano Índico, ao sur do seu territorio normal, e ao longo das costas norte e leste de África, onde fai visitas anuais pero de forma irregular.[4]

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha gaivota moi grande, de feito é a gaivota de cabeza negra máis grande do mundo e a terceira especie de gaivota máis grande do mundo, despois do gaivotón atlántico e do gaivotón hiperbóreo. Mide 55-72 cm de lonxitude cunha envergdura alar de 142 a 170 cm.[5][6][7] O seu peso varía de 0,96 a 2,1 kg, cunha media de 1,6 kg en machos e 1,22 kg en femias.[8] Entre as medidas estándar, a corda alar é de 43,5 a 52 cm, o bico é de 4,7 a 7,3 cm e o tarso é de 6,5 a 8,4 cm.[6] Os adultos no verán son inconfundibles, xa que ningunha outra gaivota deste tamaño ten a cabeza negra. Os adultos teñen ás e dorso grises, con "espellos" brancos ben visibles nas puntas das ás. As patas son amarelas e o bico é amarelo-laranxa con punta vermella.

En todas as outras plumaxes, a presenza dunha máscara escura que cruza os ollos indica os vestixios que quedaron da cabeza negra. A chamada é un profundo grallar aargh. As aves novas cambian as partes ventrais a gris na súa maior parte bastante rapidamente, mais tardan catro anos en atinxir a madureza.

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]

Esta ave fai unha chamada en voo profunda e bastante nasal que lembra á da gaivota escura. Aínda que son ruidosos nas colonias, están silenciosas o máis do tempo cando se reproducen.

Son aves predadoras que capturan peixes, crustáceos, insectos e mesmo pequenos mamíferos.

É unha das especies ás que se aplica o Acordo para a Conservación das Aves Acuáticas Migratorias Africano-Eurasiáticas (AEWA).

  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. Pons, J.M.; Hassanin, A.; Crochet, P.A. (2005). "Phylogenetic relationships within the Laridae (Charadriiformes: Aves) inferred from mitochondrial markers". Molecular Phylogenetics & Evolution 37 (3): 686–699. PMID 16054399. doi:10.1016/j.ympev.2005.05.011.
  3. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. p. 224. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  4. Stevenson, Terry; Fanshawe, John (2001). Field Guide to the Birds of East Africa: Kenya, Tanzania, Uganda, Rwanda, Burundi. Elsevier Science. ISBN 978-0856610790.
  5. Panayotov, Sergey. "Birds in Bulgaria". Birds in Bulgaria. Consultado o 19 de outubro de 2011.
  6. 1 2 Olsen, Klaus Malling; Larsson, Hans (2004). Gulls: of North America, Europe, and Asia. Princeton University Press. ISBN 978-0691119977.
  7. Harrison, Peter (1991). Seabirds: An Identification Guide. Houghton Mifflin Harcourt. ISBN 978-0-395-60291-1.
  8. Dunning, John B. Jr., ed. (1992). CRC Handbook of Avian Body Masses. CRC Press. ISBN 978-0-8493-4258-5.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]