Saltar ao contido

Gaivina negra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaivina negra
Chlidonias niger
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeCharadiiformes
FamiliaLaridae
XéneroChlidonias
EspecieChlidonias niger
 Subdivisións
  • C. n. niger(Linnaeus, 1758)
    de Eurasia
  • C. n. surinamensis(Gmelin, 1789)
    de Norteamérica
Cifras e dimensións
Masa11 g peso de nacemento
60 g peso adulto Editar o valor en Wikidata
Envergadura0,539 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01ts99 Editar o valor en Wikidata
ITIS176959 Editar o valor en Wikidata
OTT234666 Editar o valor en Wikidata
UICN22694787 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A gaivina negra[1][2] ou carrán mouro[3] (Chlidonias niger) é unha pequena ave que se encontra xeralmente preto de zonas de augas interiores de Europa e Norteamérica, que foi clasificada na familia dos láridos (ou antes na dos estérnidos). Como o seu nome indica ten unha plumaxe predominantemente negra. Segundo como lle dea a luz pode parecer azul na estación reprodutora.[4] O nome do xénero procede do antigo grego khelidonios, 'similar á andoriña'.[5] O nome da especie procede do latín niger 'negro brillante'.[6]

Descrición

[editar | editar a fonte]
Imaxe composta sobre esta ave

Os adultos miden uns 25 cm de longo, cunha envergadura alar de 61 cm e un peso de 62 g. Teñen patas escuras curtas e un bico curto, negro e de aparencia débil, que mide 27 mm, case tan longo coma a cabeza. O bico é longo, delgado, e lixeiramente curvado. Teñen un dorso gris escuro, coa parte anterior das ás branco, cabeza negra, barriga e pescozo negros (ocasionalmente o pescozo cuberto de gris no adulto), pileo tamén negro ou marrón anegrado (coa mesma cor que as coberteiras dos oídos, formando unha caparuza case completa), e unha cola 'cadrada' gris amarronada clara. A face é branca. Ten unha gran mancha triangular escura diante dos ollos, e un colar branco ancho nos xuvenís. Presenta manchas marróns agrisadas nos laterais do seu peito branco, unha prolongación cara a atrás da plumaxe das partes inferiores. Estas marcas varían en tamaño e non son moi destacadas. Na plumaxe non reprodutora a maioría da cor negra, quitando o píleo, é substituída por gris. A plumaxe da parte inferior é algo máis escura, con beiras das plumas claras. A mitra é gris amarronada.

A raza ou subespecie de Norteamérica, C. n. surinamensis, pode distinguirse da forma europea en todas as plumaxes e algúns considérana unha especie diferente.

Os batidos das ás son completos e dinámicos e o voo adoita ser errático.

A súa chamada foi descrita como un "kik" agudo; o son dunha bandada grande pode ser "enxordecedor".

Hibridación coa gaivina de á branca

[editar | editar a fonte]

A hibridación entre esta especie e a gaivina de á branca foi observada en Suecia[7] e os Países Baixos.[8] Crese que dous exemplares novos atopados en Chew Valley Lake, Inglaterra en setembro de 1978 e setembro de 1981, eran tamén híbridos, xa que presentaban unha mestura de caracteres das dúas especies, concretamente unha combinación de manto escuro (característico da gaivina de á branca) e de manchas escuras no lateral do peito (característica da gaivina negra).[9][10]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

O seu hábitat reprodutor son as marismas de auga doce que se encontran na maior parte do Canadá, norte dos Estados Unidos e boa parte de Europa e oeste de Asia. Xeralmente nidifican en vexetación flotante das marismas ou no chan preto da auga. Poñen de 2 a 4 ovos.

As gaivinas negras norteamericanas migran ás costas do norte de Suramérica, algunhas polo mar aberto. Os exemplares do Vello Mundo invernan en África.

A diferenza dos carráns "brancos" do xénero Sterna, estas aves non se mergullan para capturar o peixe, senón que recollen alimento da superficie da auga ou preto da superficie e raramente se mergulla, ou capturan insectos en voo. Comen principalmente insectos, peixes e anfibios.

Aves errantes

[editar | editar a fonte]

A raza ou subespecie americana pode chegar errante a Europa, e hai varios rexistros dela en Gran Bretaña[11][12] e Irlanda.[13][14][15] A Galicia tamén chega, onde se considera unha ave escasa e de paso.[3]

Conservación

[editar | editar a fonte]

A poboación norteamericana diminuíu nos últimos anos debido á perda de hábitat.

É unha das especies ás que se lle aplica o Acordo sobre a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias Africano-Eurasiático (AEWA).

  1. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
  2. Gaivina negra (Chlidonias niger). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia.
  3. 1 2 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. Cocker, Mark and Mabey, Richard Birds Britannica Chatto and Windus London 2005 p.250
  5. Cocker and Mabey Birds Britannica p.250
  6. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 102, 270. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  7. (en sueco) Alexandersson, H. (1979) En hybridisering mellan vitvingad tärna Chlidonias leucopterus och svarttärna Chlidonias niger på Öland 1978 Calidris 8: 151-53
  8. (en neerlandés) Van IJzendoorn, E. J. (1980) Broedgeval van Zwarte Chlidonias niger × Witvleugelstern C. leucopterus Dutch Birding 2: 62-65
  9. Vinicombe, Keith (1980) Tern showing mixed characters of Black Tern and White-winged Black Tern British Birds 73(5): 223-25
  10. Davis, A. H. (1980) Tern showing mixed characters of Black and White-winged Black Tern British Birds 75(12): 579-80
  11. Andrews, Richard, Rupert Higgins and John Martin (1999) The American Black Tern in Avon Birding World 12(10): 416-18 (an account of the first British record)
  12. Andrews, R. M., R. J. Higgins and J. P. Martin (2006) American Black Tern at Weston-super-Mare: new to Britain British Birds 99(9): 450-59
  13. Adriaens, Peter (1999) The American Black Tern in County Dublin Birding World 12(9): 378-79
  14. Bradshaw, Colin (2003) The American Black Tern in County Kerry Birding World 16(10): 434
  15. Mullarney, Killian (2003) The American Black Tern in Co. Wexford Birding World 19(7): 279-82

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]