Gabriella Morreale
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de abril de 1930 Milán, Italia |
| Morte | 4 de decembro de 2017 Madrid, España |
| Residencia | Málaga Granada Madrid |
| Relixión | Catolicismo |
| Educación | Universidade de Granada |
| Director de tese | Eduardo Ortiz de Landázuri |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Bioquímica, endocrinoloxía e nutrición |
| Ocupación | química, mestra |
| Empregador | Instituto de Investigaciones Biomédicas Alberto Sols (en) Consello Superior de Investigacións Científicas Universidade de Granada |
| Membro de | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Francisco Escobar del Rey (1948–2015) |
| Fillos | Héctor Escobar Morreale |
| Premios | |
Gabriella Morreale de Castro, nada en Milán en 1930 e finada en Madrid o 4 de decembro de 2017,[1] foi unha científica española de orixe italiana, precursora de endocrinoloxía moderna en España xunto co seu home, o médico e cirurxián Francisco Escobar del Rey.[2] Adicou a súa vida á investigación das enfermidades por deficiencia de iodo. A ela se deben os traballos que levaron á erradicación do bocio en España.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Morreale estudou Ciencias Químicas, licenciatura que completou en 1951 na Universidade de Granada. En 1955, fixo a tese doutoral co catedrático Enrique Gutiérrez Ríos, que completou cunha estancia posterior na Universidade de Leiden con Andreas Querido.
No 1958, volveu a España, ó Centro de Investigacións Biolóxicas, onde foi xefe da Sección de Estudos Tiroideos do Instituto Gregorio Marañón, entre 1963 e 1975. Foi directora do Instituto de Endocrinoloxía e Metabolismo Gregorio Marañón entre 1975 e 1980. Logo, no campus da Facultade de Medicina da Universidade Autónoma de Madrid, o seu laboratorio foi o xerme do actual Instituto de Investigacións Biomédicas, do que ostentou a vicedireción de 1984 a 1990. Tamén presidiu a Sociedade Española de Endocrinoloxía, de 1975 a 1979 e foi membro fundador da European Thyroid Association, da que foi presidente no 1977.
Ademais de acumular máis de 200 traballos científicos publicados, algúns importantes, a súa investigación sobre a tiroide permitiu a práctica erradicación do bocio por déficit de iodo en España, ó incorporarse comercialmente o sal iodado, e contribuíu de xeito decisivo na decisión de achegar suplementos de iodo ás nais embarazadas para asegurar o correcto desenvolvemento cerebral do feto.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2022 o Ministerio de Ciencia e Innovación publicou as bases da primeira convocatoria dos Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes, entre eles o Premio Nacional Gabriela Morreale, na área de medicina e ciencias da saúde.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gabriella Morreale de Castro". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2017. Consultado o 10 de decembro de 2017.
- ↑ "Los científicos del yodo". ELMUNDO (en castelán). Consultado o 8-12-2017.
- ↑ "La Moncloa. 26/05/2022. El Ministerio de Ciencia e Innovación crea los Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes [Prensa/Actualidad/Ciencia e Innovación]". www.lamoncloa.gob.es. Consultado o 2022-05-29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes. Editorial Destino, 2021. ISBN: 9788408241676