Saltar ao contido

Gabriel de Melitene

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGabriel de Melitene
Biografía
Nacemento1055 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte1103 Editar o valor en Wikidata (47/48 anos)
RelixiónDiofisismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosMorfia de Melitene Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Melitene-1

Gabriel de Melitene (en armenio: Ghavril Malatyatsi), nado no 1055 e finado no 1102[1] ou no 1103,[2] foi un gobernador da rexión de Melitene (actual Malatya). Os selos bizantinos que levan o seu nome descríbeno como Gabriel, protonobilisimo e dux de Melitene.

Gabriel comezou a súa carreira como oficial do xeneral bizantino Filareto Bracamio.. Trala morte do xeneral, Gabriel separouse do Imperio Bizantino e intentou aliarse cos líderes das Cruzadas e fixo que a súa filla, Morfia, casase coa Balduíno II de Edesa. Foi asasinado despois de que Melitene fose conquistada polos turcos selxúcidas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

A maior parte da vida de Gabriel coñécese grazas a Mateo de Edesa, un monxe armenio, así como a Miguel o Sirio, patriarca siríaco de Antioquía, e a algunhas fontes francas.[3] Guillerme de Tiro describiu a Gabriel como grego en relixión e armenio en raza, lingua e costumes.

Xunto con Teodoro de Edesa e, posiblemente, Teodoro de Marash, Gabriel foi un antigo oficial de Filaretos Brachamio.[4] Filareto instalara a Gabriel como gobernante de Melitene, tras ser conquistada polo Imperio Bizantino en 934, e Gabriel parece que se converteu á ortodoxia grega, posiblemente por razóns políticas.[5] Trala morte de Filareto en 1086, Melitene independizouse completamente do control bizantino. Segundo Miguel o Sirio, Gabriel era unha figura malvada que chegara ao poder tras asasina-lo bispo de Melitene, quen quería entregar a cidade aos turcos selxúcidas. Como Gabriel quería quedar coa cidade para si mesmo, houbo matar persoalmente ao bispo despois de que a súa garda se negase a facelo.[3]

Conquista de Melitene polo Imperio Bizantino en 934 representada no manuscrito "Skylitzes de Madrid", das Crónicas de Xoán Skylitzes.

Quizais Gabriel tivese plans de incorporar Edesa ao seu reino, razón pola cal deu a súa filla en matrimonio a Teodoro de Edesa. Non obstante, tanto ela como o seu marido foron asasinados en 1098, tras o cal o cruzado Balduíno de Boulogne converteuse en conde de Edesa.[6] Pero como Melitene era o bastión máis avanzado da Armenia Cilicia en territorio turco, os pobos túrquicos realizaban incursións frecuentes na rexión. Porén, Gabriel conseguiu manter o dominio sobre o territorio coa diplomacia máis que coa forza. Aínda que teoricamente era vasalo do Imperio bizantino, enviou á súa esposa a Bagdad para confirmar o seu goberno por parte do califa e do sultán selxúcida. Máis tarde, recorreu á mediación do emir danisméndida de Sebasteia (actual Sivas) para liberarse dos turcomanos, e coa súa axuda liberouse do control bizantino tras a morte de Filareto no 1086.[7]

Parece que lle ofreceu a súa outra filla, Morfia, a outro cruzado, Bohemundo de Tarento, quen se convertera no príncipe de Antioquía, en parte debido á crecente presión dos turcos danisméndidas.[8] O sultán selxúcida Kilij Arslan I asediou Melitene en 1097, pero a chegada da Primeira Cruzada desde Occidente obrigouno a levantar o asedio e abandonar a rexión. Non obstante, eran os danisméndidas os que estaban a devastar os seus territorios, polo que Gabriel pediu axuda a Bohemundo I de Antioquía.

Territorios de Filareto. Gabriel controlaba o territorio ao redor de Melitene,

En 1100, Bohemundo acudiu en axuda de Gabriel xunto co seu primo Ricardo de Salerno e os bispos armenios de Marash e Antioquía, pero ambos foron capturados e os bispos asasinados por Ghazi ibn Danishmend, emir de Sebastea, na batalla de Melitene. Malik estaba agora constantemente a saquear os territorios de Gabriel. O emir danisméndida continuou a devastar os territorios de Gabriel, quen, temendo un ataque inminente á súa propia cidade, pediu axuda a Balduíno I de Edesa quen se viña de converter en rei de Xerusalén. Esta era unha medida deseperada pois Gabriel sospeitaba e temia que Balduíno se apoderase de Melitene, como fixera con Edesa, que lla atrrebatou a Teodoro. Porén, Balduíno aliviou o asedio de Melitene, polo que Gabriel se recoñeceu como vasalo seu.

En 1101, casou a súa filla Morfia de Melitene con Balduíno II de Edesa, ofrecendo un xeneroso dote de 50.000 besantes de ouro.[9]

A partir de 1103, os danisméndidas atacaron de novo Melitene. Gabriel pediu apoio aos cruzados, pero estes non enviaron axuda porque nese momento estaban negociando co emir danisméndida sobre a liberación de Bohemundo. Melitene foi conquistada[2] e Gabriel foi capturado. Gabriel foi levado á fortaleza de Qatya, que a súa muller estaba defendendo para que se rendese. Porén, Gabriel rexeitou e, polo tanto, segundo Miguel o Sirio, foi asasinado por cans.[1][9]

Algunhas fontes afirman que Gabriel de Melitene casara cunha filla, de nome descoñecido, de Constantino I de Armenia,[10] o que semella imposible pola cronoloxía. A confusión parece xurdir da identificación de Thoros I, fillo de Constantino, con Thoros de Edesa, sendo testemuñado que este último tiña a Gabriel como o seu sogro.[11]

Gabriel debeu ter algunha conexión coa cultura grega, xa fose a través da súa nai ou da súa esposa, e se esa conexión era coa familia de Constantino I, o máis probable é que se remontase a máis atrás. A súa esposa puido ser a filla do pai de Constantino, Rubén, por exemplo; ou pode que fose filla de Fileto, o xeneral a quen serviu Gabriel, pero isto é só especulación. En calquera caso, é de supor que os seus contemporáneos e súbditos sabían que descendía dunha familia prominente que era aceptada tanto para gregos como para armenios, o que podería suxerir unha herdanza mixta. Varios dos seus súbditos non querían a Gabriel debido á súa fe ortodoxa oriental.

Tamén a identidade e o número dos seus fillos son información incerta mais os que están acreditados son os seguintes:[12]

  1. 1,0 1,1 Wallis Budge (2003), p. 237
  2. 2,0 2,1 Grousset (1949), pp. 184-185
  3. 3,0 3,1 Newman (2014) , p. 16
  4. Morton (2020) , p. 82
  5. Newman (2014), p. 15.
  6. Newman (2014) , pp. 17-18
  7. Grousset (1935), p. 819
  8. Newman (2014), p. 18
  9. 9,0 9,1 Newman (2014), p. 20
  10. "The Rupenids". genealogy.euweb.cz (en inglés). 8 de abril de 2002. Consultado o 12 de maio de 2025. 
  11. Newman (2014), p. 17
  12. "ARMENIA". fmg.ac (en inglés). 3 abril de 2025. Consultado o 12 de abril de 2025. 
  13. Información deducida da Historia de Vardan, que enumera a Gabriel como o sogro dos Curopalates de Edesa en 1098. A Crónica de Sembat tamén enumera a Gabriel como o sogro do Curopalates Teodoro.
  14. O cronista normando Orderico Vitalis escribiu que León I, príncipe das Montañas, era fillo de Turoldo das Montañas e tío da esposa de Bohemundo II de Antioquía. Dado que León era irmán e non fillo de Turold (Teodoro), non se pode descartar a posibilidade de máis erros. Alicia, esposa de León I, era filla de Balduíno II de Xerusalén e Morfia de Melitene. Polo tanto, existen dúas posibilidades: León I e Morfia eran cuñados, ou Balduíno II e León I eran cuñados, unha hipótese que tamén se acepta con frecuencia, xa que o nome Beatriz atribúese á irmá de Balduíno II, a irmá de León I.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Grousset, René (1949 [reimpresión 1979]). L'Empire du Levant: Histoire de la Question d'Orient. Colección: Bibliothèque historique (en francés). París: Payot. ISBN 2-228-12530-X. 
  • Grousset, René (1935 [reimpresión 2006]). Histoire des croisades et du royaume franc de Jérusalem (volume II. 1131-1187 L'équilibre) (en francés). París: Perrin. 
  • Wallis Budge, Ernest Alfred, ed. (2003). The Chronography of Gregory Abû'l Faraj, the Son of Aaron, the Hebrew Physician, Commonly Known as Bar Hebraeus (volume I) (en inglés). (traducido por Ernest Alfred Wallis Budge). Gorgias Press. ISBN 9781593330552. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]