Gabriel Veiga
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de maio de 2002 O Porriño |
| Altura | 1,84 m |
| Actividade | |
| Ocupación | futbolista |
| Nacionalidade deportiva | España |
| Deporte | fútbol |
Gabriel Veiga Novas, nado no Porriño o 27 de maio de 2002, coñecido coma Gabri Veiga, é un xogador galego que xoga no club portugués FC Porto.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira profesional nos equipos filiais do Celta de Vigo. O 25 de agosto de 2019 debutou co Celta B na Segunda División B nun partido contra o Internacional de Madrid, encontro que rematou en empate. O primeiro gol anotouno o 1 de decembro de 2019 fronte ao Atlético Baleares, nun encontro que rematou con derrota celeste por 1 a 6.
O 19 de setembro de 2020 debutou na Primeira División co primeiro equipo de Celta de Vigo, entrando coma substituto de Renato Tapia nunha vitoria por 2 a 1 fronte ao Valencia CF. O seu primeiro partido coma titular foi o 1 de outubro de 2020 fronte o FC Barcelona, que rematou en derrota por 0 a 3.
Xogou no Al-Ahili durante dous anos onde meteu 30 goles y 50 asistencias grandes números é ágora mesmo está xogando no Oporto na primeira división Purtuguesa de momento cheva 3 goles y 2 asistencias es un xogador con moito potencial q se está no sitio adecuado pode demostrar o seu nivel máis alto
A súa axencia de representación é Intermedia Sport Player.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Clubs
[editar | editar a fonte]
Actualizado co derradeiro partido disputado o 21 de maio de 2022 .[2]
| Club | Div. | Tempada | Liga | Copas nacionais | Copas internacionais | Total | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | |||
| Celta de Vigo "B" |
2.ª B | 2019-20 | 14 | 1 | ― | ― | 14 | 1 | ||
| 2020-21 | 18 | 0 | ― | ― | 18 | 0 | ||||
| 1.ª RFEF | 2021-22 | 30 | 9 | ― | ― | 30 | 9 | |||
| Total club | 62 | 10 | 0 | 0 | 0 | 0 | 62 | 10 | ||
| R. C. Celta de Vigo |
1.ª | 2020-21 | 6 | 0 | 0 | 0 | ― | 6 | 0 | |
| 2021-22 | 7 | 0 | 3 | 0 | ― | 10 | 0 | |||
| Al-Ahli Saudí F. C. |
1.ª | 2023-24 | 8 | 1 | 2 | 0 | — | 10 | 1 | |
| Total club | 8 | 1 | 2 | 0 | 0 | 0 | 10 | 1 | ||
| Total carreira | 120 | 22 | 8 | 0 | 0 | 0 | 128 | 22 | ||
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Al-Ahli
- Liga de Campións Elite da AFC (1): 2024/25.
- Porto
- Primeira Liga (1): 2025/26.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gabri Veiga". Transfermarkt. Consultado o 4 de xullo de 2022.
- ↑ "Estatísticas de Gabri Veiga". Besoccer. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2022. Consultado o 4 de xullo de 2022.