Saltar ao contido

Gabriel (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gabriel
 Instancia de
 Nome orixinal
Gabriel (mul)
Gabriel (pl) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
 Lista do elemento
Características
 Alfabeto
Wikidata C:Commons
A Anunciación co Arcanxo Gabriel e María, de Philippe de Champaigne (1644).

Gabriel[1] é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita é común con outras linguas románicas, xermánicas e eslavas. A súa orixe é o hebreo Gabriél, cuxo significado é "a forza e o poder de Deus".

En xaneiro de 2023 existían 4.659 varóns en Galicia co nome Gabriel, cunha media de idade de 27 anos.[2]

Uso do nome

[editar | editar a fonte]

Fai honra ao Arcanxo Gabriel, cuxa festividade é o 29 de setembro, día en que se recordan tamén aos arcanxos Miguel e Rafael. Así mesmo fai honra a Gabriel da Dolorosa, cuxa data de celebración é o 27 de febreiro. Outro dos seus significados é "home de Deus". O seu equivalente en lingua árabe é Gibán, que significa o anunciador. A forma Gabriel coincide na maioría das linguas achegadas ao galego. Non debeu ser un nome habitual en Galicia, xa que ningunha parroquia ten a San Gabriel coma padroeiro.

Variantes noutras linguas

[editar | editar a fonte]
  1. Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Gabriel". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes>.
  2. Nome Gabriel na Web do Instituto Galego de Estatística
  3. EDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. (en castelán)
  4. mieres.es (ed.). "NOMES DE PERSONA N’ASTURIANO" (PDF). Consultado o 13 de febreiro de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]