Gabor Maté
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xaneiro de 1944 (81 anos) Budapest, Hungría |
Residencia | Vancouver |
Educación | Universidade Simon Fraser Universidade da Columbia Británica Carson Graham Secondary School |
Actividade | |
Campo de traballo | Medicina familiar e trauma psicolóxico |
Ocupación | médico, escritor, psicoterapeuta |
Familia | |
Cónxuxe | Rae Maté (1969–) |
Fillos | Daniel Maté, Hannah Rose Maté, Aaron Maté |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | drgabormate.com |
Gabor Maté, nado en Budapest, o 6 de xaneiro de 1944, é un médico canadense. Ten formación en medicina familiar e un interese especial no desenvolvemento da infancia, trauma[1] e os posibles impactos ao longo da vida na saúde física e mental, incluíndo doenzas autoinmune, cancro, trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH),[2] e adiccións.
O enfoque de Maté sobre a adicción céntrase no trauma que sufriron os seus pacientes e busca abordalo na súa recuperación.[3] No seu libro In the Realm of Hungry Ghosts: Close Encounters with Addiction, Maté analiza os tipos de trauma que sofren as persoas con trastornos por consumo de substancias e como estes trastornos afectan a súa toma de decisións na súa vida posterior.
Escribiu cinco libros que exploran temas como o TDAH, o estrés, a psicoloxía do desenvolvemento e a adicción. É un columnista habitual do Vancouver Sun e The Globe and Mail.
Libros
[editar | editar a fonte]- Scattered Minds: A New Look at the Origins and Healing of Attention Deficit Disorder. Toronto: A.A. Knopf, 1999. ISBN 978-0676971453.
- Scattered: How Attention Deficit Disorder Originates and What You Can Do About It. United States.
- When the Body Says No: The Cost of Hidden Stress. Toronto: A.A. Knopf, 2003. ISBN 9781785042225.
- When the Body Says No: Exploring the Stress-Disease Connection. Estados Unidos.
- Hold on to Your Kids: Why Parents Need to Matter More Than Peers. Coautor con Gordon Neufeld. Toronto: A.A. Knopf, 2004. ISBN 9780307361967.[4]
- In the Realm of Hungry Ghosts: Close Encounters with Addiction. Toronto: A.A. Knopf, 2008. ISBN 9781785042201.
- The Myth of Normal: Trauma, Illness and Healing in a Toxic Culture, Coutor con Daniel Maté, Toronto, Canadá, A.A. Knopf Canada, 2022 ISBN 9780593083895
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "'How we cope with this has a lot to do with our past'". Irish Independent. 31 de xaneiro de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ "Care to incarceration: what happens to those without a fair start in life". The Independent. 25 de setembro de 2015. Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ "Addiction is a Response to Childhood Suffering: In Depth with Gabor Maté - ICPPD". ICPPD (en inglés). 2 de marzo de 2016. Consultado o 29 de novembro de 2016.
- ↑ Cocozza, Paula (23 de marzo de 2019). "'If you focus on control, you have lost the battle': how to win back your kids". The Guardian. Consultado o 12 de xullo de 2021.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gabor Maté |