George David Low
(Redirección desde «G. David Low»)
George David Low | |
---|---|
Datos persoais | |
Nacemento | 19 de febreiro de 1956 |
Lugar | Cleveland |
Falecemento | 15 de marzo de 2008 |
Actividade | |
Misións | STS-32, STS-43 e STS-57 |
Tempo no espazo | 29,77 días |
[ editar datos en Wikidata ] |
George David Low, nado en Cleveland, Ohio, o 19 de febreiro de 1956 e finado o 15 de marzo de 2008, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-32, STS-43 e STS-57.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Low graduouse en enxeñaría física pola Universidade de Washington e Lee en 1978 e en enxeñaría mecánica pola Universidade Cornell en 1980, cun máster en aeronáutica e astronáutica pola Universidade Stanford en 1983.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 1984, participando nas misións STS-32, STS-43 e STS-57 e pasando un total de 29,75 días no espazo.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Low, George David" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (marzo de 2008). "G. DAVID LOWNASA ASTRONAUT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: George David Low |