Fusil M16

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fusil M16
OrixeEstados Unidos de América
GuerrasGuerra do Vietnam, Guerra do Golfo, Intifada de Al-Aqsa, Guerra de Iraq e Guerra de Afganistán
FabricanteColt, SNT Motiv, Fabrique Nationale de Herstal, Bushmaster Firearms International e H&R Firearms
Construídos8000000
Munición5.56 x 45 mm OTAN
editar datos en Wikidata ]

O M16 é o fusil de asalto estándar do exército dos Estados Unidos, usado por primeira vez na Guerra de Vietnam en substitución do M14. O M16 foi rexeitado inicialmente por estar construído en gran parte de plástico e aluminio.[Cómpre referencia]

Historia[editar | editar a fonte]

O fusil M16 é unha versión militarizada do fusil AR-15, deseñado por Eugene Stoner. Ao principio atopou varios obstáculos polo Estado Maior da Axencia de Proxectos de Investigación Avanzados de Defensa, ou DARPA, que prefería un rifle de tamaño maior. Foi a primeira arma construída con materiais compostos, especialmente aceiro, aluminio e plástico. Pasaron dous anos ata que o modelo AR-15 obtivo o apoio dentro das Forzas Armadas nunha demostración, trala que o xeneral Curtis LeMay ordenou a compra 8500 AR-15 para defender as bases aéreas do Comando Aéreo Estratéxico, aínda que o secretario de Defensa Robert McNamara cancelou posteriormente esta orde. Isto non impediu que unidades de operacións especiais e asesores dos Estados Unidos no Vietnam obtiveran rifles AR-15s.[Cómpre referencia]

Fusil M16.

Os primeiros modelos só tiñan cargadores de 20 cartuchos, unha desvantaxe en comparación co AK-47 soviético e os rifles chineses, ademais de presentar problemas de funcionamento ao mollarse.[Cómpre referencia]

No inicio da Guerra do Vietnam obtivo unha mala reputación, xa que o Exército estadounidense non distribuíu entre os soldados o equipo de limpeza das armas a instancias do fabricante, o que provocou avarías frecuentes nestes rifles.[Cómpre referencia]

Países e conflitos onde foi usado[editar | editar a fonte]

O M16, ademais de ser utilizado polas Forzas Armadas dos Estados Unidos e Vietnam do Sur contra o Exército de Vietnam do Norte e os guerrilleiros marxistas do Vietcong durante a Guerra do Vietnam (1954-1975), foi usado en Nicaragua pola Fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN), durante a insurrección de 1978 e 1979 contra a ditadura de Anastasio Somoza Debayle e a Garda Nacional nese país, aínda que a guerrilla tamén usou o rifle belga FN FAL e o israelí IMI Galil. No Salvador foi empregado polas Forzas Armadas do Salvador (FAES) entre 1980 e 1992, contra a guerrilla Frente Farabundo Martí de Liberación Nacional (FMLN), durante a Guerra Civil.[Cómpre referencia]

En 1982, Israel empregou este rifle contra o Líbano e a Organización para a Liberación de Palestina (OLP) na Guerra do Líbano de 1982. Na Guerra do Golfo de 1991 foi usado polas forzas da coalición multinacional para liberar Kuwait. O cascos azuis das Nacións Unidas usárono na Operación Restore Hope en Somalia no ano 1993. Estados Unidos utilizouno contra os talibáns en Afganistán en 2001 e de novo contra Iraq en operacións nese país en 2003. Israel usou este rifle en xullo e agosto de 2006 durante a Guerra do Líbano de 2006 contra a organización Hezbola.[Cómpre referencia]