Furabuchos caboverdiano
| Furabuchos caboverdiano | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Sinonimia | |||||||||||||||
| |||||||||||||||

(colección do MHNT).
O furabuchos caboverdiano[1] (Puffinus boydi) é un pequeno procelárido que se reproduce no arquipélago de Cabo Verde do océano Atlántico a uns 570 km da costa de África occidental. O epíteto do seu nome científico fai referencia ao ornitólogo británico Arnold Boyd.
Segregación sexual
[editar | editar a fonte]As femias emprenden viaxes para buscar alimento máis longas e voan máis ao norte. Isto parece que se debe ás distintas preferencias polas concentracións de clorofila e temperatura da superficie do mar. O solapamento global dos sexos é baixo. Con todo, as súas dietas son idénticas, consistentes en peixes, larvas de peixes e luras. Tanto os machos coma as femias alimentan as crías, pero os machos son os que contribúen máis. Isto pode ser porque as femias pasan máis tempo incubando ovos e, polo tanto, están máis privadas de nutrición.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O furabuchos caboverdiano é ás veces considerado unha subespecie do furabuchos maorí ou da pardela de Audubon ou do furabuchos macaronesio. Tamén se considerou sinónimo do extinto Puffinus parvus das Bermudas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Santos, Ivo dos; Ramos, Jaime A.; Ceia, Filipe R.; Rodrigues, Isabel; Almeida, Nathalie; Antunes, Stefan; Carreiro, Ana R.; Matos, Diana M.; Lopes, Ricardo J. (2022-03-15). "Sexual Segregation in the Foraging Distribution, Behaviour, and Trophic Niche of the Endemic Boyd's Shearwater (Puffinus lherminieri Boydi)". doi:10.21203/rs.3.rs-1428025/v1. Consultado o 2023-09-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Cape Verde Little Shearwater". Avibase. Consultado o 2012-03-02.
- Olson, Storrs L. (2010). "Stasis and turnover in small shearwaters on Bermuda over the last 400 000 years (Aves: Procellariidae: Puffinus lherminieri group)". Biological Journal of the Linnean Society 99 (4): 699–707. doi:10.1111/j.1095-8312.2010.01393.x.
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |