Muraño xardineiro
| Muraño xardineiro | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Crocidura suaveolens Peter Simon Pallas 1811 | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Características | |||||||||||||||||||||||
|
Ciclo diurno
| |||||||||||||||||||||||
|
Hábitat
| |||||||||||||||||||||||
| Conservación | |||||||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||||||||||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
|
Sinonimia
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||||||
O muraño[1] xardineiro[2] (Crocidura suaveolens) é unha especie de mamífero placentario da orde dos soricomorfos e familia dos sorícidos.
Descrición
[editar | editar a fonte]É un soricido de dentes brancos semellante ao muraño común, (Crocidura russula). Co lombo de cor acastañada, ventre agrisado ás veces amarelado, coa cola cuns característicos pelos longos. Na Europa continental e na Península Ibérica as súas dimensións medran de norte a sur. A poboación de Menorca é a de maior tamaño.
Distribución
[editar | editar a fonte]De ampla distribución no Paleártico, entre os 23º e os 56º N. Dende o sur da Península Ibérica até o Xapón, Corea e a China oriental. Presente en numerosas illas do Canle da Mancha e do mar Mediterráneo. En España localízase desde a desembocadura do río Guadalquivir, costa onubense e de Portugal, límites do norte de Cáceres e sur de Salamanca, internandose no val do Tietar, noroeste de Zamora, gran parte de Galicia, Cornixa Cantábrica, norte Burgos, Biscaia, Álava, Guipúscoa e Navarra. Na área mediterránea está presente no nordés de Xirona. Ocupa a illa de Menorca.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Na Península Ibérica ocupa diversos medios na zona de influencia atlántica, mentres que na rexión mediterránea fica relegada aos ambientes húmidos. Non parece colonizar medios antropóxenos como en Europa.
Depredación
[editar | editar a fonte]En Centroeuropa ten unha ampla relación de depredadores tanto réptiles como aves e mamíferos. Na Península Ibérica é depredado principalmente por rapaces nocturnas. En Menorca é deprededa pola curuxa e maila martaraña, (Meles meles).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2025-07-16.
- ↑ "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2025-07-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Muraño xardineiro |
| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Muraño xardineiro |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Crocidura suaveolens, en Don E. Wilson & DeeAnn M. Reeder (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed), Johns Hopkins University Press(en inglés).
- Crocidura suaveolens no Atlas da biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf (en castelán). (Consultado o 30 de xullo de 2009).
