Fundúlidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fundulidae»)
Fundulus lineolatus

Os Fundúlidos (Fundulidae, Jordan e Gilbert 1882) son unha familia de peixes teleósteos, incluída na orde dos Ciprinodontiformes (ciprinodontiformes). Inclúe especies de augas doces, augas salobres e zonas costeiras marítimas, distribuídas desde o sueste do Canadá ata México e Cuba.

Características[editar | editar a fonte]

A maior parte das especies son pequenas, non superando os 10 cm de lonxitude, coa excepción de Fundulus grandissimus e F. catenatus, que poden alcanzar os 20 cm. Cabeza esmagada e boca terminal, protráctil. Aletas dorsal e anal case opostas.

Caracterízanse polo óso maxilar, que é trenzado en vez de recto.

Son ovíparos.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Divídense en 4 xéneros e 48 especies:

  • Xénero Adinia
  • Xénero Fundulus
  • Xénero Leptolucania
  • Xénero Lucania

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]