Saltar ao contido

Función lipschitziana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En matemáticas, unha función  entre espazos métricos e dise que é lipschitziana, que satisfai a condición de Lipschitz ou que é Lipschitz continua, se existe unha constante tal que:[1]

En tal caso, K é coñecida como a constante de Lipschitz da función . O nome provén do matemático alemán Rudolf Lipschitz. Para funcións definidas sobre espazos euclídeos a relación anterior pode escribirse:

Interpretación xeométrica

[editar | editar a fonte]

Para funcións reais , a condición de Lipschitz posúe unha interpretación visual moi sinxela. A función será lipschitziana en caso de que , o cal equivale, debido á desigualdade triangular a que . Véxase que é un cono de pendente centrado no punto desprazado unha altura . Como a desigualdade para arbitrarios, podemos entender a condición de Lipschitz como segue. "Existe unha constante tal que dado un punto calquera, independentemente de onde nos atopemos en , a gráfica da función sempre estará encerrada pola do cono". É importante apreciar que a constante non depende do punto , polo que a pendente do cono ten que ser hábilmente escollida.

Na condición de lipschitzianidade local a característica xeométrica acontece de xeito local, non global, polo que neste caso a constante si depende do punto escollido, sendo máis oportuna, polo xeral, a notación para remarcar esta dependencia.

Características e resultados principais

[editar | editar a fonte]
  • As funcións Lipschitz continuas con constante de Lipschitz igual 1, é dicir, = 1, son chamadas funcións curtas, e contractivas en caso de que K < 1. Estas últimas son as que verifican as hipóteses do teorema do punto fixo de Banach.
  • A condición de Lipschitz é unha hipótese clave para demostrar a existencia e unicidade de solucións para as ecuacións diferenciais ordinarias. A condición de continuidade da función, por si soa, asegura a existencia de solucións (Teorema de Peano), mais a unicidade require da condición de Lipschitz local(véxase máis abaixo ou na páxina: Teorema de Picard-Lindelöf).[2]
  • Se é un subconxunto do espazo métrico e  é unha función Lipschitz continua, entón sempre existe unha función Lipschitz continua que estende e ten a mesma constante Lipschitz que a función devandita.(Ver tamén teorema de Kirszbraun).
  • Unha función Lipschitz continua , onde é un intervalo real, é diferenciable case en todas partes (é dicir, salvo nun conxunto de medida de Lebesgue cero). Alén, se é a constante Lipschitz da función, entón , supoñendo que a derivada exista no punto . Recíprocamente, se é unha función diferenciable, cuxa derivada está acoutada: para todo , entón é Lipschitz continua con constante de Lipschitz , tal que , como consecuencia do teorema do valor medio.

Definicións vencelladas

[editar | editar a fonte]

As seguintes definicións son amplamente empregadas no eido das ecuacións diferencias, sobre todo nos resultados que gardan relación coa unicidade de solucións, como pode ser o caso do teorema de Picard-Lindelöf.

  • Función localmente Lipschitz: dados e , espazos métricos, dise que unha función é localmente lipschitziana se para todo , existe unha veciñanza na que dados arbitrarios, satisfaise:
  • Función lipschtziana respecto dunha variable: Dados espazos métricos, dise que unha función, é localmente Lipschitz respecto de se verifica que dados arbitrarios, entón . É importante apreciar que para a definición dada, a variable queda fixada. Asemade, a interpretación xeométrica mencionada anteriormente queda restrinxida aos eixos da variable .
  1. Searcóid, Mícheál Ó. "Metric spaces". Springer undergraduate mathematics series. Berlin, New York: Springer-Verlag. ISBN 978-1-84628-369-7., section 9.4
  2. Jiménez López, Víctor (2000). Ecuaciones diferenciales: cómo aprenderlas, cómo enseñarlas. EDITUM. p. 175. ISBN 84-8371-164-8.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]