Fumaces e A Trepa, Vilardevós
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fumaces e A Trepa.
| Fumaces e A Trepa | |
|---|---|
Vista de Feilas | |
| Concello | Vilardevós[1] |
| Provincia | Ourense |
| Coordenadas | 41°58′20″N 7°20′51″O / 41.972316666667, -7.3473861111111 |
| Poboación | 44 hab. (2014) |
| Entidades de poboación | 1[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa María de Fumaces e A Trepa é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín da provincia de Ourense. Segundo o IGE[2] en 2014 tiña 44 habitantes (23 homes e 21 mulleres) distribuídos nunha única entidade de poboación[3].
Formaba parte da parroquia eclesiástica de Fumaces e A Trepa que estaba formada polo lugar desta parroquia civil (a aldea de Feilas) e mais os tres lugares da parroquia homónima do concello do Riós. Desde 1951 pertence á parroquia eclesiástica da Trepa, resultado da división da anterior parroquia eclesiástica en dúas.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ IGE (ed.). "Nomenclátor de Galicia, ano 2014. Busca por entidades". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2021. Consultado o 24 de abril de 2021.
- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Nomenclátor de Galicia. Busca directa".
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Fumaces e A Trepa
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Fumaces e A Trepa no concello de Vilardevós (Ourense) | |
|---|---|