Fulepa das xunqueiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fulepa das xunqueiras
Fulepa das xunqueiras pousada nunha póla.
Fulepa das xunqueiras pousada nunha póla.

Son da fulepa das xunqueiras.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Superfamilia: Sylvioidea
Familia: Acrocephalidae
Xénero: Acrocephalus
Especie: A. schoenobaenus
Nome binomial
'Acrocephalus schoenobaenus'
(Linnaeus, 1758)

A fulepa das xunqueiras (Acrocephalus schoenobaenus) é unha ave paseriforme da familia Sylviidae.

Descrición[editar | editar a fonte]

Miden uns 13 cm de lonxitude e teñen unha envergadura de alas de entre 17 e 21 cm. Os adultos pesan entre 10 e 15 g. A parte superior é castaña agrisada con marcas escuras, a inferior é amarelada. Teñen a gorxa abrancazada. Na cabeza amosa un "pucho" negro e ten unha marca superciliar ou cella de cor gris clara. A coloración dos dous sexos é semellante. O bico é aguzado.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Cría en Europa e no leste e centro de Asia. É unha ave migratoria de longa distancia. Os exemplares europeos, presentes no continente entre abril e outubro, pasan o inverno ó sur do Sahara, unha viaxe de ata 6.000 km para a que deben acumular boas reservas de graxa.

O seu hábitat son as xunqueiras e a vexetación mesta das beiras de ríos, lagos, pantanos e outras zonas acuáticas.

Alimentación[editar | editar a fonte]

Aliméntanse de insectos, arañas, pequenos invertebrados e bagas.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Maduran sexualmente ó ano de vida. En Europa a forza da estación de cría sitúase entre maio e xullo. As femias fan un niño recuberto de follas e herbas entre a vexetación mesta, a pouca altura sobre da auga. Nel poñen entre 4 e 6 ovos averdesados con manchas amarelas e agrisadas, que chocan de unhas dúas semanas. Os polos están en condicións para voar cando teñen 10 ou 12 días.

Nome vulgar noutras linguas[editar | editar a fonte]

  • Alemán: Schilfrohrsänger
  • Danés: Sivsanger
  • Finés: Ruokokerttunen
  • Francés: Phragmite des joncs
  • Inglés: Sedge Warbler
  • Italiano: Forapaglie
  • Neerlandés: Rietzanger
  • Sueco:Sävsångare

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2014). "Acrocephalus schoenobaenus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2014.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 28 August 2014.