Fulbert de Chartres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFulbert de Chartres

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento960 Editar o valor em Wikidata
Aquitania, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte10 de abril de 1028 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Chartres, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaÉglise Saint-Pierre, Chartres (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Bispo diocesano
1007 – 1028 – Thierry of Chartres (en) Traducir →
Bispo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Francia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1006–), escritor , teólogo , sacerdote católico , filósofo Editar o valor em Wikidata
AlumnosAdelmann (en) Traducir, Berengário de Tours (pt) Traducir e Hildegaire (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLatín medieval Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónLeotheric (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Día de festividade relixiosa10 de abril Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 8d085829-2ca8-423f-8d23-8bbb00ac44dd Discogs: 2905544 Editar o valor em Wikidata

Fulbert de Chartres ou St. Fulbert, nado entre 952 e 970 e finado o 10 de abril de 1028, foi bispo de Chartres, amigo e discípulo de Gerbert de Aurillac.

Santo da Igrexa Católica, a súa festividade ten lugar o 10 de abril. É o fundador e a personalidade máis eminente da Escola de Chartres. Sabio de renome, docente en ciencias profanas, teólogo e científico, pasou á historia por ser o mestre de obras da reconstrución da catedral de Chartres, logo do incendio na noite do 7 de setembro de 1020.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ignórase o seu lugar de nacemento exacto, así como a data do mesmo, mais estímase que podía ser oriúndo de Picardía, no norte de Francia. O seu nome provén do alemán "volk" - pobo "bert" - brillante, a tradución sería algo así como "brillante do pobo". Ao contrario que os seus predecesores e dos seus sucesores no episcopado de Chartres, todos fillos de familias nobres, Fulbert proviña dunha familia humilde. Foi educado en Reims, onde moi prováblemente recibiu parte da súa formación de parte do arcebispo Gerbert d’Aurillac, futuro papa de nome Silvestre II, coñecido por ser o "Papa do ano mil". Está documentada a súa estadía en Reims ao longo do ano 984. Posteriormente foi enviado a Chartres, onde ensinou durante 20 anos antes de ser nomeado bispo da cidade aos 50 anos (no ano 1007). Alí fundou unha escola de gran sona e notoriedade, a Escola de Chartres, de carácter neoplatónico e neopitagórico, que destacou principalmente en filosofía, matemáticas e astronomía, ademais de teoloxía.

Foi preceptor de Roberto, fillo do rei Hugo Capeto quen máis tarde, xa como rei Roberto II de Francia, coñecido como "o piadoso" o nomearía bispo de Chartres en 1007. Foi un bispo consciente da necesidade de independencia da Igrexa. Foi conselleiro de numerosos príncipes e reis, entre outros de Inglaterra, Hungría e Dinamarca.

Morreu o 10 de abril de 1028. Dende o 10 de abril de 1861, a Igrexa celebra a súa festividade nesta data.

Foi un famoso mestre en teoloxía, mais tamén ensinou gramática, retórica, dialéctica, aritmética e xeometría. Fulbert foi cualificado polos seus contemporáneos como o «venerable Sócrates da Academia de Chartres». Un punto destacado require a súa ensinanza acerca de astronomía e do manexo do astrolabio, aprendido prováblemente en Reims a través do arcebispo Gerbert, quen residira en Xirona e viaxado pola Hispania musulmá, tomando contacto coa astronomía árabe.

Para Fulbert, o home recibira no seu nacemento a marca divina. A súa doutrina neoplatónica daba ao home unha salientable liberdade de decisión ante o seu creador. Facendo unha interpretación do capítulo terceiro do Xénese que provén de San Agustiño, os neoplatónicos consideraban ao home axente totálmente responsable e, polo tanto, libre nas súas decisións, de pecar ou non pecar e con iso condenarse ou non facelo. O pecado é deste xeito presentado como a desobediencia humana á vontade diviña e o extravío do camiño definido por Deus. Fulbert profesou gran devoción á Virxe, que foi sempre o centro da súa espiritualidade.

Debido tanto ao seu cargo e posición como á súa profunda e extensa formación, Fulbert mantivo contacto constante e directo cos homes máis poderosos da súa época. Neste eido, o seu talento fíxose notar tralo lume da súa catedral en 1020. O seu carismo permitiulle obter financiamento non só dos particulares e gremios da cidade, senón tamén dos grandes de Europa, incluídos algúns soberanos como Canuto o Grande, rei saxón de Dinamarca.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]