Fuellas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fuellas d'informazión d'o Consello d'a Fabla Aragonesa ou Fuellas (follas en aragonés) é a primeira e máis antiga revista realizada completamente en aragonés. É a publicación periódica non diaria máis antiga de Aragón, pois se edita desde 1978. É de publicación bimestral, con aproximadamente entre 20 e 32 páxinas por número. Céntrase na información de actualidade sobre o aragonés e a cultura realizada en aragonés: literatura, mostras, publicacións, política lingüística, textos populares, actividades etc. Admite recensións doutras publicacións, textos curtos de creación literaria e algúns traballos de investigación que se centren no léxico, a gramática ou outros aspectos do aragonés. O seu director é o filólogo Francho Nagore.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]