Fruit Ninja
| Fruit Ninja | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||
Fruit Ninja é un videoxogo desenvolvido por Halfbrick en Brisbane, Australia. Foi lanzado o 21 de abril de 2010 para dispositvos iPod Touch e iPhone, o 12 de xullo de 2010 para iPad,[1] e o 17 de setembro de 2010 para dispositivos Android OS.[2] Foi lanzado para Windows Phone o 22 de decembro de 2010. Ademais, en marzo de 2011, as versións para o Bada de Samsung e Symbian de Nokia comezaron a ser distribuídas nas súas respectivas canles oficiais. Xusto antes da E3 2011 Fruit Ninja Kinect foi lanzado para Xbox 360 o 10 de agosto de 2011 e emprega Kinect. Fruit Ninja tamén foi adaptado para Windows 8 o 7 de xuño de 2012. Existen versións con nomes alternativos, como Fruit Ninja HD para iPad, Fruit Ninja THD para Nvidia Tegra 2, Fruit Ninja VR para HTC Vive, e unha versión arcade chamada Fruit Ninja FX.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Facebook (ed.). "Fruit Ninja Frenzy - App Center". Consultado o 18 de novembro de 2012.
- ↑ Byford, Sam (7 de xullo de 2016). "Fruit Ninja VR is out now for the Vive, because of course". The Verge. Consultado o 9 de xullo de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)