Frontera verde é unha miniserie web colombiana do ano 2019 creada por Diego Ramírez Schrempp, Mauricio Leiva-Cock e Jenny Ceballos, que se estreou a través de Netflix o 16 de agosto de 2019. Está protagonizada por Juana del Río, Nelson Camayo, Ángela Cano, Miguel Dionisio Ramos, Bruno Clairefond, Andrés Crespo, Marcela Mar, Mónica Lopera, Andrés Castañeda, John Narváez, Edwin Morales, Karla López e Antonio Bolívar. Foi escrita por Mauricio Leiva-Cock, Gibran Portela, Camila Brugés, Natalia Santa, Javier Peñalosa, María Camila Arias, Anton Goenechea e Nicolás Serrano.