Froilán (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Froilán é un nome propio masculino de orixe xermana na súa variante en galega. Provén do xermano antigo Froilanen, acusativo de Froila, do gótico fraujis («amo, señor»), de onde deriva froi, xunto ao diminutivo ila, polo que significa «pequeno señor».

Onomástica[editar | editar a fonte]

5 de outubro: San Froilán, relixioso galego, patrón de Lugo e bispo de León. Nesas datas son tamén as Festas de San Froilán de Lugo.

O nome en Galicia[editar | editar a fonte]

Nome galego usado no antigo Reino de Galicia, pasou de aí ao castelán. Actualmente[cando?] só 41 homes levan o nome en Galicia, curiosamente só 20 en Lugo (malia ser o patrón) e ningún na provincia de Ourense. En España abunda especialmente en León, con 165 varóns que levan o nome[1].

Variantes[editar | editar a fonte]

  • Feminino: Froilana.
Variantes noutras linguas
Castelán Froilán
Catalán Froilà
Checo Froilan
Éuscaro Purlan
Francés Froilan
Galego Froilán, Froilano
Portugués Froilano, Froilão

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Montes Vicente, José María (2001). El libro de los Santos. Alianza, Madrid. ISBN 84-206-7203-3. 
  • Tibón, Gutierre (1994). Diccionario etimológico comparado de nombres propios de persona. Fondo de Cultura Económica, México. ISBN 968-16-2284-7. 
  • Yáñez Solana, Manuel (1995). El gran libro de los Nombres. M. E. Editores, Madrid. ISBN 84-495-0232-2.