Friends Will Be Friends

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

"Friends Will Be Friends" (en galego, "Os amigos serán os amigos") é unha canción escrita por Freddie Mercury e John Deacon e realizada en 1986 polo grupo británico Queen como parte do seu álbum A Kind of Magic.

A canción foi lanzada como single o 9 de xuño de 1986 e foi o tema #30 de Queen no Reino Unido. Ademais, a data coincidiou co inicio da xira Magic Tour.

A canción alcanzou a posición #14 no Reino Unido.