Friedrich Miescher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johan Friedrich Miescher
Friedrich Miescher.jpg
Friedrich Miescher
Datos persoais
Nome completoJohannes Friedrich Miescher
Nacemento13 de agosto de 1844
LugarBasilea Suíza Suíza
Falecemento26 de agosto de 1895
LugarDavos Suíza Suíza
Causatuberculose
ResidenciaSuíza Suíza
NacionalidadeSuízo
Actividade
CampoBioloxía
Alma máterUniversidade de Gotinga
Contribucións e premios
Coñecido porácido nucleico
editar datos en Wikidata ]

Johan Friedrich Miescher, nado en Basilea o 13 de agosto de 1844 e finado en Davos o 26 de agosto de 1895, foi un biólogo suízo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Illou varias moléculas ricas en fosfatos, ás cales chamou nucleínas (actualmente ácidos nucleicos), a partir do núcleo dos glóbulos brancos en 1869, preparando o camiño para a súa identificación como os portadores da información hereditaria, o ADN. Este descubrimento, que se publicou por primeira vez en 1871, ó principio non asemellou relevante, ata que Albrecht Kossel fixo as súas primeiras investigacións na súa estrutura química.

O descubrimento dos ácidos nucleicos foi realizado no laboratorio de Felix Hoppe-Seyler situado no castelo de Tuebingen. Miescher tamén demostrou que a regulación da respiración depende da concentración de CO2 no sangue.

Miescher e o ADN[editar | editar a fonte]

Miescher era estudante de medicina e no laboratorio de Hoppe-Seyler, o seu mestre, comezou a analizar os restos de pus dos refugallos cirúrxicos, illando os núcleos dos glóbulos brancos e extraendo unha substancia aceda e cargada de fósforo á que denominou "nucleína" (hoxe sabemos que esta substancia é a nucleoproteína). Logo de tratar as células con solucións salinas, alcol, solucións acidas e solucións alcalinas, viu que as células tratadas cunha solución salina daban un precipitado xelatinoso e que as células tratadas cunha solución salina daban un precipitado cando se acidificaba a solución. Miescher supuxo que o precipitado podería estar asociado co núcleo celular. Para ensaiar esta posibilidade dedicouse a illar núcleos. Cando tratou os núcleos illados cunha solución alcalina e logo acidifícouna, observou un precipitado. A análise deste precipitado mostrou que se trataba dun material complexo que contiña entra outras cousas nitroxeno e fósforo. As proporcións eran diferentes a calquera outro material biolóxico estudado polo que concluio que illara un compoñente biolóxico non descrito previamente, asociado case exclusivamente co núcleo.

En 1874, Miescher, que se trasladou a Basilea, comezou as súas investigacións co esperma dos salmóns, e descubriu a presenza dunha serie de substancias, unha aceda (ácido nucléico ou "nucleína") e unha fortemente básica, á que denominou "protamina" e que se identifica coas histonas.

Os estudos de Miescher foron un papel moi importante na bioloxía molecular, que abriu as portas a numerosas probas e experimentos que realizaron varias personalidades diferentes, aínda que na súa época o termo nucleína era moi pouco coñecido e el nunca o propuxo como o ADN que coñecemos hoxe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]