French Touch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bob Sinclair, , un dos considerados creadores do French Touch.

O French Touch é un xeito de facer música dos últimos anos da década dos noventa e dos primeiros anos do século XXI. Este estilo tamén é coñecido como "Neu-disco" (new disco) "French house", "filter house" ou "tekfunk".

É complicado definir dun xeito preciso o concepto de French Touch, dada a natureza mesma deste movemento. Fundado sobre un ritmo house clásico, este estilo ten a súa orixinalidade na utilización de samples filtrados que proveñen maioritariamente do funk e do disco.

Evolución do French Touch[editar | editar a fonte]

O termo French House foi empregado por primeira vez na MTV UK & Ireland durante o Nadal de 1999. Foi empregado nunha reportaxe especial do espazo MTV News para describir a chamada explosión house francesa. Bob Sinclair, Air e Cassius foron entrevistados neste programa. Esta reportaxe foi emitida máis tarde en tódalas edicións locais da MTV en todo o mundo, espallando a idea do "French House" ou "French Touch".

Antes disto (1996-2000) o French Touch era coñecido en Europa como "Neu disco". Un dos maiores mercados para a "Neu Disco", a parte de Francia e os países centroeuropeos, foi Grecia e especialmente Atenas. Unha tenda de música local, chamada Discobolo Records importou os discos directamente de Francia, e clubs da cidade especializáronse neste xénero musical. En Grecia este estilo musical foi promocionado como "Disco House". Esta música non tardou en converterse nun estilo de música "gay friendly", moi popular en destinos como as illas gregas de Mykonos, Lesbos, Zante ou Leucas. Ao mesmo tempo, estes artistas comezaron a ter un grande éxito no Canadá e na illa de Eivisa.

Recentemente foi publicado un compilatorio chamado Fren Touch Antology Wagram Electronic, composto por 4 CD's.