Saltar ao contido

Freira gon-gon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O ovo.

A freira gon-gon[2] (Pterodroma feae) é unha especie de ave procelariforme da familia dos proceláridos (Procellariidae).[3] Está estreitamente relacionado coa freira da Madeira (P. madeira) e a freira das Desertas (P. deserta), outras dúas especies que recentemente se separaron de P. mollis.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

É unha especie endémica de Macaronesia. Nidifica exclusivamente nos arquipélagos da Madeira e de Cabo Verde (Santiago, Fogo, Santo Antão, São Nicolau). No arquipélago da Madeira reprodúcese só en Bugio, unha das tres illas que compoñen As Desertas. A súa distribución semella que foi máis ampla no pasado, pois existen rexistros fósiles que indican a presenza en Deserta Grande, Madeira e no Illote de Cal (Porto Santo).

Freira gon-gon.

A especie fai os seus niños en dúas mesetas da illa Bugio, que se caracteriza pola existencia de solo profundo (superior a 1 m) e suave, polo que permite a escavación dos niños. Ademais, as aves tamén utilizan tobos abandonados de coellos, os buracos nas rocas e zonas de pedras soltas (o hábitat máis común en Cabo Verde). A distancia entre a entrada e a cámara do niño onde se depositan os ovos varía de niño a niño, e pode ser moi longo (máis de 2 m).

  1. BirdLife International (2012). "Pterodroma feae". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2012.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 16 de xullo de 2012. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 
  3. "Petrel Gon-gon (Pterodroma feae) (Salvadori, 1899)". avibase. Consultado o 26 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]