Saltar ao contido

Freira de ás grandes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A freira de ás grandes[2] (Pterodroma macroptera) é unha ave mariña procelárida que vive e se reproduce nos mares do sur.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Esta especie antes contiña dúas subespecies, P. m. macroptera e P. m. gouldi, esta última endémica de Nova Zelandia. En 2014, esta última foi recoñecida como especie de seu, co nome Pterodroma gouldi.[1] En 2016 publicáronse máis investigacións que tamén apoiaban o seu novo status de especie.[3]

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha ave mariña grande, cunha lonxitude corporal de 42–45 cm. É completamente marrón escura excepto por unha mancha branca variable preto da base do bico, o cal é negro.[1]

Distínguese da pardela escura e de Ardenna tenuirostris pola súa parte inferior das ás totalmente escura, o bico groso e forte, e o seu diferente aspecto xeral. A especie similar Ardenna carneipes ten bico rosado claro. Os petreis do xénero Procellaria son máis grandes e teñen un voo distinto.[Cómpre referencia]

Distribución

[editar | editar a fonte]

A freira de ás grandes reprodúcese no hemisferio sur entre os paralelos 30° S e 50° S, con colonias en Tristán da Cunha, illa Gough, illas Crozet, illas Príncipe Eduardo, illas Kerguelen e nas costas do sur de Australia. É un vagante raro no océano Pacífico nas costas de California, Estados Unidos.[1]

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]

Aliméntase principalmene de luras e en menor medida de peixes e crustáceos. Xeralmente captura as presas de noite, metendo o bico na superficie. En ocasións segue as baleas e asóciase con outras especies de aves relacionadas para alimentarse. A reprodución prodúcese no inverno do sur (empezando en abril); os niños poden ser solitarios ou en pequenas colonias, localizados en buratos ou na superficie entre penedos ou vexetación baixa.[1]

  1. 1 2 3 4 5 BirdLife International (2014). "Pterodroma macroptera". IUCN Red List of Threatened Species 2014: e.T45048812A45049213. doi:10.2305/IUCN.UK.2014-2.RLTS.T45048812A45049213.en.
  2. ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  3. ↑ Wood, Jamie R.; Lawrence, Hayley A.; Scofield, R. Paul; Taylor, Graeme A.; Lyver, Phil O'B.; Gleeson, Dianne M. (maio de 2016). "Morphological, behavioural, and genetic evidence supports reinstatement of full species status for the grey-faced petrel, (Procellariiformes: Procellariidae)". Zoological Journal of the Linnean Society. doi:10.1111/zoj.12432.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]