Gumersindo Placer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Frei Gumersindo Placer»)
Infotaula de personaGumersindo Placer
Biografía
Nacemento23 de decembro de 1904 Editar o valor em Wikidata
Pontedeume, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xullo de 1993 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote , historiador , escritor , frade Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde da Mercé Editar o valor em Wikidata


Frei Gumersindo Placer López, nado en Pontedeume o 23 de decembro de 1904 e finado en Madrid o 18 de xullo de 1993[1], foi un sacerdote e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos trece anos ingresou no convento dos mercedarios de Poio. Ordenado sacerdote en 1928, exerceu como profesor de humanidades e catequista no Mosteiro de Poio, desde onde colaborou na revista Logos. Posteriormente exerceu a docencia en Herencia (provincia de Cidade Real) e Ferrol. Participou na fundación das revistas Estudios e La Merced.

Foi elixido membro non numerario da Real Academia Galega en 1940. En outubro de 1943 ingresa como capelán de prisións, estando destinado como tal en Carabanchel e Pontevedra.

En 1977 foi nomeado fillo adoptivo de Pontedeume e déuselle o seu nome a unha rúa da vila.

Do mar e da terra de Francisco María de la Iglesia, poesías recollidas por Gumersindo Placer.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Dez Biografías breves de Santos Galegos (ensaio; 1931-32)
  • A espiritualidade do cancioneiro da vaticana (ensaio; 1936)
  • Algas (poesía; 1959)
  • Un subtema rosaliano. O Suicidio. Comentario encol de «As Torres de Oeste» (ensaio; 1972)
  • Crónicas de mi rincón natal (1977)
  • Bibliografía Mercedaria (tres tomos)
  • O club dos catro (novela inédita)
  • Lembranzas dun frade (novela inédita)
  • Fervenzas da i-alma (novela inédita)

Prologou e escolmou o podemario Do mar e da terra de Francisco María de la Iglesia[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en ABC, 14 de setembro de 1993 (en castelán).
  2. Do mar e da terra na Biblioteca Virtual Galega.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]