Freebird Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Freebird Airlines
TC-FBJ (7570407392).jpg
IATA
FH
OACI
FHY
Indicativo
FREEBIRD AIR
Fundaciónxuño de 2000
Aeroporto principalIstanbul-Atatürk
Frota7
Destinos38
HoldingGözen Holding
Páxina web: http://www.freebirdairlines.com

Freebird Airlines (turco: Hürkuş Havayolu Taşımacılık ve Ticaret A.Ş.) é unha aeroliña chárter turca con sede en Florya, Bakirköy, Istanbul.[1] A súa base principal atópase no aeroporto de Istanbul-Atatürk, con bases secundarias nos aeroportos de Antalya e Dalaman.

Historia[editar | editar a fonte]

A aeroliña fundouse en xuño do ano 2000 e comezou a operar o 5 de abril de 2001 cun servizo entre Istanbul e Lión usando un avión McDonnell Douglas MD-83. En novembro de 2003 a compañía recibiu o seu primeiro Airbus A320-200 e a día de hoxe toda a súa frota está formada por avións dese modelo.[2]

Frota[editar | editar a fonte]

En maio de 2018 a frota de Freebird Airlines estaba formada polos seguintes avións:[3][4]

Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros
Airbus A320-200 7 180
Total 7

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Freebird Airlines (ed.). "Contact us". Consultado o 27 de maio de 2018. 
  2. Freebird Airlines (ed.). "About us". Consultado o 27 de maio de 2018. 
  3. Freebird Airlines (ed.). "Our fleet". Consultado o 27 de maio de 2018. 
  4. Planespotters (ed.). "Freebird Airlines Fleet Details and History". Consultado o 27 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]