Frederico V de Dinamarca
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Frederico V de Dinamarca | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 31 de marzo de 1723 |
Lugar de nacemento | Copenhague |
Falecemento | 14 de xaneiro de 1766 |
Lugar de falecemento | Copenhague |
Soterrado | Catedral de Roskilde |
Nacionalidade | Dinamarca |
Relixión | luteranismo |
Ocupación | monarca |
Pai | Cristiano VI da Dinamarca |
Nai | Sofia Madalena de Brandenburg-Kulmbach |
Cónxuxe | Luísa da Grã-Bretanha e Xiana María de Brunswick-Wolfenbüttel |
Fillos | Sofia Madalena da Dinamarca, Guilhermina Carolina da Dinamarca, Cristián VII de Dinamarca, Luísa da Dinamarca, Frederico, príncipe-herdeiro da Dinamarca e Christian, Crown Prince of Denmark |
Irmáns | Luísa da Dinamarca e Noruega |
Premios | Ordem do Serafim, Orde do Elefante e Ordem de Dannebrog |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Frederico V (en dinamarqués e noruegués: Frederik V), nado en Copenhague o 31 de marzo de 1723 e finado na mesma cidade o 14 de xaneiro de 1766, foi Rei de Dinamarca e Noruega e Duque de Schleswig-Holstein desde o 6 de agosto de 1746 ata a súa morte en 1766. Era fillo de Cristián VI de Dinamarca e de Sofía Madalena de Brandeburgo-Kulmbach.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Frederico era fillo do rei Cristián VI de Dinamarca e da súa consorte, a margravina Sofía Madalena de Brandeburgo-Kulmbach. Creceu e educouse nun fogar de estritas conviccións pietistas. Porén, desenvolveu un carácter licencioso, adoitaba ir acompañado de mulleres e visitar as tabernas e prostíbulos de Copenhague. O seu pai, que era profundamente relixioso, considerouno non apto para a sucesión ao trono.
Frederico e Luísa convertéronse en reis de Dinamarca e Noruega en 1746, tras a morte de Cristián VI. A raíña Luísa morreu en 1751, e Frederico volveu casar en 1752, esta vez con Xiana María de Brunswick-Wolfenbüttel, na igrexa do palacio de Fredensborg.
![]() |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|