Frederico I de Lorena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frederico I de Lorena
Nacementopost. 910
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecemento18 de maio de 978
Lugar de falecementovalor descoñecido
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónfeudatario
PaiWigeric of Lotharingia
NaiCunigunda of France
CónxuxeBeatriz de França
FillosAdalbéron II de Metz, Teodorico I de Lorena e Ita von Lothringen
IrmánsAdabero I of Ardenne, Siegfried do Luxemburgo, Gozlin, Count of Bidgau, Giselbert e Liutgarde of Bidgau
Na rede
WikiTree: Lotharingia-17
editar datos en Wikidata ]

Frederico I ou Ferry I, nado sobre 910/915 e finado en 978[1], foi conde de Bar e duque da Alta Lorena. Era fillo de Cunegunda e Wixerico, conde de Bigdau, máis tarde conde palatino de Lorena.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu matrimonio con Beatriz de Francia, filla de Hugo o Grande (Robertiano), duque dos francos, e de Eduvixis de Saxonia, filla do emperador Henrique I de Alemaña, deulle en dote a renda lorenesa da abadía de Saint, entre as que se atopaba o abadía de Saint-Mihiel. Mandou construír unha fortaleza en Fains, na fronteira entre o reino de Francia e o reino de Alemaña, e cambiou feudos co bispo de Toul. Así foi como pouco a pouco se foi formando un dominio coherente que se converteu no Condado de Bar.

O ducado de Lotarinxia estaba entón encabezado polo arcebispo Bruno de Colonia, que era irmán de Otón I do Sacro Imperio Romano Xermánico e de Eduvixis de Saxonia, e polo tanto tío da muller de Frederico. Bruno e Otón decidiron en 959 dividir Lorena en dous ducados, e entón Frederico foi viceduque da Alta Lorena. Poucos anos despois, en 977, Frederico recibiu o título de duque da Alta Lorena.

Favoreceu a reforma monástica en Saint-Dié e Moyenmoutier.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Casou en 954 coa irmá de Hugo Capeto, Beatriz de Francia, da que tivo a:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]