Frederick Rolfe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Frederick William Rolfe
Corvo.jpg
AlcumeA. Crab Maid
Nacemento22 de xullo de 1860
 Londres
Falecemento25 de outubro de 1913
 Venecia
Causadoença cerebrovascular
SoterradoSan Michele Cemetery
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
RelixiónIgrexa católica
Alma máterOscott College
Ocupaciónescritor, fotógrafo, historiador, pintor e novelista
XénerosNovela
Coñecido/a porHadrián VII
editar datos en Wikidata ]

Frederick William Rolfe, nado en Londres o 22 de xullo de 1860 e finado en Venecia o 25 de outubro de 1913, foi un escritor, fotógrafo e artista excéntrico inglés, máis coñecido como Barón Corvo. Usou outros pseudónimos como "Frank English", "Frederick Austin" ou "A. Crab Maid". Facíase chamar tamén Frederick William Serafino Austin Lewis Mary Rolfe[1], e ás veces abreviaba o seu nome como "Fr. Rolfe" (un uso ambiguo que suxería que era o sacerdote que desexaba ser).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rolfe naceu na rúa Cheapside, no centro de Londres, fillo dun fabricante de pianos. Deixou a escola con catorce anos e fíxose mestre. Ensinou brevemente no colexio de Grantham, onde se fixo amigo do director, Ernest Hardy, que co tempo chegaría a ser director do Jesus College de Oxford.

En 1886, converteuse ao catolicismo, e foi confirmado polo cardeal Henry Edward Manning. Coa súa conversión sentiu unha forte vocación cara ao sacerdocio que persistiu durante toda a súa vida, malia resultar frustrada e nunca chegar a realizarse. En 1887 ingresou no seminario de Santa María de Oscott, preto de Birmingham, e en 1889 estudou no Scots College de Roma, aínda que foi expulsado de ambos os dous centros pola súa incapacidade para concentrarse nos estudos sacerdotais e polo seu comportamento errático. Nesta época entrou no círculo da duquesa Sforza Cesarini, que o adoptou como neto e lle concedeu o uso do título de "barón Corvo".

Nicho cos restos de Rolfe na Illa de San Michele, Venecia.

Rolfe pasou a maior parte da súa vida traballando como escritor autónomo, principalmente en Inglaterra e finalmente en Venecia. Viviu na época anterior ao estado do benestar e dependía de benefactores que o axudasen a manterse, pero non tiña un carácter fácil e adoitaba discutir espectacularmente coa maioría das persoas que trataron de axudalo e que lle ofreceron aloxamento e manutención. Finalmente terminou os seus días pobre, e morreu dun derramo cerebral. Foi soterrado na illa de San Michele, o camposanto histórico de Venecia.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Tarcissus the Boy Martyr of Rome in the Diocletian Persecution [ap. 1880]
  • Stories Toto Told Me (John Lane: The Bodley Head, Londres, 1898)
  • The Attack on St Winefrede's Well (Hochheimer, Holywell, 1898; consérvanse só dúas copias)
  • In His Own Image (John Lane: The Bodley Head, Londres, 1901. 2ª impresión 1924)
  • Chronicles of the House of Borgia (Grant Richards, Londres: E. P. Dutton, Nova York, 1901)
  • Nicholas Crabbe (1903-4, publicada postumamente en 1958 nunha edición limitada de 215 copias numeradas)
  • Hadrián VII (Hadrian the Seventh, 1904). Tradución de Celia Recarey Rendo (Irmás Cartoné: 2014).
  • Don Tarquinio (Chatto & Windus, Londres, 1905)
  • Don Renato (1907-8, impreso en 1909 pero non publicado, publicado postumamente por Chatto & Windus, Londres, 1963, nunha edición limitada de 200 copias)
  • Hubert's Arthur (1909–11, publicada postumamente 1935)
  • The Weird of the Wanderer (1912)
  • The Desire and Pursuit of the Whole (1909, published Cassell, Londres, 1934)
  • The Bull against the Enemy of the Anglican race (impresa privadamente en Londres, 1929; un ataque contra Lord Northcliffe)
  • Three Tales of Venice (The Corvine Press, 1950)
  • Letters to Grant Richards (The Peacocks Press, 1952)
  • The Cardinal Prefect of Propaganda (Nicholas Vane, Londres, 1957)
  • A Letter from Baron Corvo to John Lane (The Peacocks Press, 1958)
  • Letters to C. H. C. Pirie-Gordon (Nicholas Vane, Londres, 1959)
  • A Letter to Father Beauclerk (The Tragara Press, Edimburgo, 1960)
  • Letters to Leonard Moore (Nicholas Vane, Londres, 1960)
  • The Letters of Baron Corvo to Kenneth Grahame (The Peacocks Press, 1962)
  • Letters to R. M. Dawkins (Nicholas Vane, Londres, 1962)
  • The Architecture of Aberdeen (Privately Printed, Detroit, 1963)
  • Without Prejudice. One Hundred Letters From Frederick William Rolfe to John Lane (impreso de forma privada por Allen Lane, Londres, 1963)
  • A Letter to Claud (University of Iowa School of Journalism, Iowa City, 1964)
  • The Venice Letters A Selection (Cecil Woolf, Londres, 1967)
  • The Armed Hands (Cecil Woolf, Londres, 1974)
  • Collected Poems (Cecil Woolf, Londres, 1974)
  • The Venice Letters (Cecil Woolf, Londres, 1974)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Fun bautizado o III xan. 1886 en St. Aloysius, Oxford, recibindo os nomes de "Frederick William". "Serafino" foime outorgado polo bispo Hugh Macdonald na catedral de Aberdeen na miña profesión da terceira orde de St. Francis. "Austin Lewis Mary" otorgoumo o cardeal Manning na capela do arcebispado de Westminster, na miña confirmación». A.J.A. Symons, The Quest for Corvo, Cassell, 1934, p. 188.
  2. A.J.A. Symons, The Quest for Corvo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Benkovitz, Miriam. Frederick Rolfe: Baron Corvo. Putnam, New York, 1977. SBN: 399-12009-2.
  • Benson, R. H., The Sentimentalists (1906), where the central figure is closely modelled on Rolfe (who in turn pillories the novel as "The Sensiblist" in The Desire and Pursuit of the Whole)
  • Bradshaw, David. "Rolfe, Frederick William" in Oxford Dictionary of National Biography (online).
  • Connell, Brendan. The Translation of Father Torturo. Prime Books, 2005. Dedicated to Rolfe, this book is a clear homage to Hadrian the Seventh.
  • Johnson, Pamela Hansford. The Unspeakable Skipton. Macmillan, 1959; Penguin Books (No.1529) 1961. Rolfe's life as source for the characterization of Daniel Skipton.
  • Norwich, John Julius. Paradise of Cities: Venice and its Nineteenth Century Visitors. Penguin, 2004.
  • Reade, Brian (ed.). Sexual Heretics; Male Homosexuality in English literature from 1850-1900 - an anthology. Londres, Routledge, Keegan e Paul, 1970.
  • Rosenthal, Donald, The Photographs of Frederick Rolfe Baron Corvo 1860-1913, Asphodel Editions, 2008.
  • Symons, A.J.A. The Quest for Corvo. Cassell, Londres, 1934.
  • Weeks, Donald. Corvo. Michael Joseph, London, 1971.
  • Woolf, Cecil. A Bibliography of Frederick Rolfe Baron Corvo The Soho Bibliographies, Rupert Hart-Davis, Londres, 1972 (2ª edición)
  • Woolf, Cecil and Sewell, Brocard (eds). New Quests for Corvo. Icon books, Londres, 1965.