Fredebaldo
Fredebaldo | |
---|---|
Nacemento | século IVxuliano |
Falecemento | século Vxuliano |
Lugar de falecemento | Ravenna |
Etnia | Vándalos |
Ocupación | monarca |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Fredebaldo ou Fridibaldo (fl. 409-417), tamén coñecido como Fredebal, Fredbal ou Fredbalus, foi rei dos vándalos silingos na Bética, dende antes do 411 e ata o 417. Fredebaldo liderou ós silingos durante a repartición da Hispania do 411, e foilles concedida a Bética, a provincia máis fértil. Pouco se sabe dos anos seguintes, até que no 417 foi derrotado militarmente e capturado polas forzas do rei visigodo Walia, quen o enviou á corte do emperador Flavio Honorio, en Rávena[1][2]. Descoñécese o seu destino posterior e a data do seu falecemento, así como a súa descendencia, se a tiver.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Goffart, Walter André (2006). University of Pennsylvania Press, ed. Barbarian Tides. The Migration Age and the Later Roman Empire. ISBN 978-0-8122-3939-3.
- ↑ Jones, Arnold Hugh Martin (1980). Cambridge University Press, ed. The prosopography of the later Roman Empire, vol. 2, A. D. 395 - 527. ISBN 978-0-521-20159-9.