Fraunhofer-Gesellschaft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fraunhofer-Institut Schmallenberg.

Fraunhofer-Gesellschaft (traducido como Sociedade Fraunhofer) é unha organización de investigación alemá que comprende 72 institutos espallados por toda Alemaña, cada un cunha especialización nun campo diferente das ciencias aplicadas.

O seu nome débese a Joseph von Fraunhofer científico, enxeñeiro e emprendedor.

O Fraunhofer-Gesellschaft tamén ten presenza internacional: hai centros de investigación afiliados e oficinas representativas que permiten manter contacto coas principais rexións.

Fundado en 1949, na acabada de crear RFA, foi un dos tres piares da investigación non universitaria, xunto coa DFG e os Institutos Max Planck.

Datos[editar | editar a fonte]

  • 72 Institutos Fraunhofer en Alemaña.
  • 26.600 empregados en Alemaña, na súa maioría científicos e enxeñeiros
  • 2.600 millóns de euros de orzamento anual para investigación, dos cales 2.200 millóns de euros xéranse mediante contratos de investigación; 2/3 destes son xerados por contratos coa industria, a administración pública e o sector servizos, o 1/3 restante é proporcionado polo goberno federal.
  • 40 diferentes localizacións.
  • 8 institucións afiliadas fóra de Alemaña, as que suman 16 centros de investigación, máis 14 centros de proxectos, 1 laboratorio de aplicación e 7 oficinas de representación en Europa, Norteamérica, Suramérica e Asia.
  • En 2007, tras os cambios estruturais e a modificación da lei sobre inventos dos traballadores, a Fraunhofer-Gesellschaft interrompeu o traballo da Oficina de Patentes para a Investigación Alemá despois de 52 anos.[1]
  • Desde 2019, a Fraunhofer-Gesellschaft é membro de bloxberg, unha blockchain (base de datos baseada en cadea de bloques) internacional para a ciencia.[2] Conectouse á Plataforma Saira, que pretende facilitar o intercambio rápido de datos de investigación sobre o tema COVID-19 e a súa publicación. á infraestrutura de bloxberg. Deste xeito, preténdese garantir a seguridade, a autenticidade e a trazabilidade de toda a información.
  • Desde 2020, a Fraunhofer-Gesellschaft ofrece o seu propio portal para a adxudicación de contratos públicos. Deste xeito tramítanse boa parte das licitacións dos distintos institutos.

Creadores do MP3[editar | editar a fonte]

Un dos seus institutos máis coñecido é o Fraunhofer IIS, o cal comezou a investigación de codificación de son na Universidade de Erlangen-Núremberg desde 1981, e desde 1987 no instituto mesmo. Como resultado desenvólvese o MPEG-1 layer 3, máis coñecido como MP3.

  • En 1992, MP3 convértese en estándar internacional
  • En 1997, comeza en Internet a explosión do MP3
  • Desde 1997 desenvólvese a familia de sucesores MPEG-2/4 AAC (AAC-LD, HEI-AAC)
  • En 1999, MP3 convértese no estándar de-facto para música en Internet
  • En 2000, recíbese o premio "Deutscher Zukunftpreis" do Presidente Federal Alemán
  • En 2007, MPEG Surround convértese en estándar internacional
  • En 2017, ao terse vencido as patentes de MPEG din que “ao non existir patentes, non hai licenzas para outorgar. Sen ditas patentes, non se pode facer diñeiro do MP3 e, é por iso, que o Instituto Fraunhofer decidiu promover outros formatos que si teñan licenzas”.[3]

Institutos por especialidade[editar | editar a fonte]

  • Fraunhofer IPA: Fraunhofer-Institut für Produktionstechnik und Automatisierung (Instituto de Enxeñaría de Manufactura e Automatización) - IPA
  • Fraunhofer IIS: Fraunhofer Institut Intergrierte Schaltungen (Instituto de Circuítos Integrados) - IIS
  • Fraunhofer SIT: Fraunhofer Institut für Sichere Informationstechnologie (Instituto para a Seguridade das Tecnoloxías da Información) – SIT
  • Fraunhofer IGB: Fraunhofer Institut Grenzflächen und Bioverfahrenstechnik (Instituto de Enxeñaría Interfacial e Biotecnoloxía) - IGB
  • Fraunhofer eGov: Fraunhofer eGovernment Zentrum (Centro de administración electrónica) - Fraunhofer eGovernment Center
  • Fraunhofer ISST: Fraunhofer Institut Software-und Systemtechnik (Instituto de Enxeñaría de Software e Sistemas) - ISST
  • Fraunhofer IGD: Fraunhofer Institut für Graphische Datenverarbeitung (Instituto de Investigación de Gráficos por Computador) - IGD
  • Fraunhofer ISI: Fraunhofer Institut für System- und Innovationsforschung (Instituto para Investigación en Sistemas e Innovacións) - [1]
  • Fraunhofer ISE: Fraunhofer-Instituts für Solare Energiesysteme (Instituto de Enerxía Solar) – ISE

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]