Franxa de Florida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa que mostra os condados floridanos que poden ser incluídos por referencias na Franxa de Florida.
Unha carta náutica de 1859 do "U.S. Coast Survey" do Estreito de Saint George Sound, a parte costeira do Parque Forestal Estatal de Tate's Hell, ao suroeste de Tallahassee, ao longo da Franxa de Florida.

A Franxa de Florida (inglés: Florida Panhandle), un termo informal e non oficial para designar a parte noroeste de Florida, é unha banda de terra de aproximadamente 320 quilómetros de longo e de 80 a 160 quilómetros de largo que se estende entre Alabama ao norte e oeste, Xeorxia tamén ao norte, e o Golfo de México ao sur. A súa fronteira oriental defínese arbitrariamente e pode variar. Os termos Florida do Oeste (West Florida) e Florida do Noroeste (Northwest Florida) son hoxe por hoxe sinónimos da Franxa, aínda que Florida Occidental foi o nome dunha colonia británica (1763–1783) que logo converteuse nunha colonia española (1783–1821), incluíndose ámbalas dúas hoxe en día nas terras ao oeste do río Apalachicola así como en partes do que hoxe é Alabama, Mississippi e Parroquias de Florida (en Luisiana). O territorio é equivalente a unha rexión vernácula.

Como sucede no caso dos outros oito estados dos EE.UU. que posúen franxas (inglés: panhandle), o significado xeográfico deste termo é inexacto e elástico. As referencias á Franxa de Florida inclúen sempre os dez condados ao oeste do río Apalachicola, unha fronteira natural que foi a división histórica entre as colonias británicas de Florida Occidental e Florida Oriental. Estes condados occidentais tamén atópanse na Zona Horaria Central (coa salvedade do Condado de Gulf, que ficou dividido entre as zonas horarias Oriental e Central), mentres o resto do Estado está na Zona Horaria Oriental.

As referencias á Franxa poden incluír tamén algúns ou mesmos todos dos oito contados situados inmediatamente ao este do Apalachicola, coñecidos como a rexión do Gran Arco, ao longo da curva que describe a Baía de Apalache. A maior cidade na Franxa é Tallahassee, a capital do estado, con 188.107 habitantes en 2014. Porén, o maior grupo metropolitano de poboación é a Área Metropolitana de Pensacola, cunha poboación de 474.081 habitantes. A poboación total da Franxa, segundo Censo dos Estados Unidos de 2010, era de 1.407.925 habitantes.

Rexións costeiras[editar | editar a fonte]

Costa Esperalda[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Costa Esmeralda (Florida).
Localización da Costa Esmeralda de Florida

A Costa Esmeralda (inglés: Emerald Coast) foi un termo acuñado en 1983[1], que se refire en xeral ás praias e os complexos hoteleiros que hai de Pensacola a Port Saint Joe[2], pero ás veces emprégase para referirse, por extensión, á Franxa no seu conxunto, especialmente ao oeste do Apalachicola. As primeiras denominacións desta área foron as de o "Patio de Recreo da Costa do Golfo" (inglés: Playground of the Gulfcoast) e a "Banda do Milagre" (inglés: Miracle Strip), sobre todo para a área entre Fort Walton Beach e Panama City[3]. As áreas costeiras dos seguintes condados (cando non os propios condados por enteiro) son incluídas normalmente nesta rexión vernácula cando se fala da Costa Esmeralda:

Porcións costeiras do Condado de Escambia (en particular Pensacola Beach)[8], na fronteira occidental, e porcións costeiras do Condado de Bay[9], na fronteira oriental, son tamén a miúdo incluídas nesta rexión ao falar da Costa Esmeralda, pero con menor frecuencia que os tres condados enumerados con anterioridade.

Costa Esquecida[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Costa Esquecida (Florida).
Costa Esquecida de Florida

A Costa Esquecida (inglés: Forgotten Coast) é un termo comercial creado a principios da década de 1990[10] coa intención de referirse á parte costeira da Franxa de Florida que se estende desde Mexico Beach ou o sueste do Condado de Bay, no Golfo de México, a Saint Marks, na Baía Apalache. Habitualmente non se considera unha parte da Costa Esmeralda, que se sitúa ao seu carón ao oeste[11]. As áreas costeiras dos seguintes condados (cando non os propios condados por enteiro) son incluídas normalmente nesta rexión vernácula cando se fala da Costa Esquecida:

Características da rexión[editar | editar a fonte]

O río Apalachicola é o río máis longo da Franxa. Está formado pola unión de varios ríos, incluíndo o Chattahoochee e o Flint, onde conflúen as fronteiras de Alabama, Georgia e Florida. Desde aquí, flúe cara ao sur ata a cidade de Apalachicola.

A Interestatal 10 é a maior estrada interestatal da Franxa, conectando o extremo oeste con Florida do Norte e Jacksonville. Outras vellas rutas que van do este ao oeste son a U.S. Highway 90 e a U.S. Highway 98. Importantes rutas norte-sur ao oeste do río Apalachicola son as U.S. Highway 29, U.S. Highway 331 e U.S. Highway 231, todas enlazadas con Alabama e a Interestatal 65. A Estrada Estatal 20 discorre desde Niceville a Tallahassee.

A maior liña de ferrocarril que atravesa a Franxa, indo desde Pensacola a Jacksonville, está xestionada pola compañía de ferrocarril CSX (véxase o artigo Ferrocarril do Atlántico e Pensacola). O servizo de pasaxeiros rematou en 1971 coa creación de Amtrak, pero foi restablecido a principios de 1993 coa extensión do tren de pasaxeiros chamado Sunset Limited a Orlando. Non obstante, o servizo de pasaxeiros suspendeuse despois de que o Furacán Katrina barrese a Costa do Golfo en 2005. Os tren rexionais de proximidades que funcionan na Franxa son o Ferrocarril da Costa do Golfo e Alabama, o Ferrocarril de Liña da Baía e o Ferrocarril AN.

Como Florida do Norte Central, esta rexión é máis semellante en termos culturais e climáticos ao Deep South (galego: Sur Profundo) que á Florida do Sur, na propia península, sendo coñecida pola súa política conservadora e os "bosques de piñeiros"[12].

Historia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Florida Occidental.

Século XIX[editar | editar a fonte]

Ao longo do século XIX, a Franxa de Florida estaba escasamente poboada, salpicada ao longo do territorio de pequenas comunidades agrícolas, non chegando ningunha delas ao millar de residentes. Moitos deles, de feito, migraron da área de Alabama e tiñan parentes alí, polo que para eles era máis sinxelo comerciar co sur de Alabama que co resto de Florida Oriental, debido ademais ao lenta e ardua viaxe que había a través dos pantanos con grosos cipreses e densos bosques de piñeiros da Franxa. Era case natural para os floridanos do oeste sentir que tiñan máis en común cos seus veciños de Alabama que con os residentes da península, a centos de quilómetros deles[13].

En 1821, Pensacola foi a única cidade (en criterios do século XIX) da Florida Occidental cunha poboación estimada nunhas tres mil persoas. No Censo de 1850, a poboación de Pensacola era de 2.164 habitantes (incluíndo a 741 escravos e 350 "negros liberados")[14].

Proposta de anexión a Alabama[editar | editar a fonte]

Durante o transcurso do século, formuláronse a miúdo propostas para ceder os condados floridanos ao oeste do río Apalachicola ao estado de Alabama:

  • En 1811, mentres Florida era aínda unha posesión española, os norteamericanos residentes enviaron unha petición ao Congreso solicitando a súa incorporación ao Territorio de Mississippi, que daquela incluía a actual Alabama[15] (véxase o artigo Florida Occidental).
  • En 1819, a convención constitucional de Alabama solicitou ao Congreso incluír Florida Occidental no seu novo estado[15].
  • En 1822, só un ano despois de que os Estados Unidos adquiriran por completo o territorio de Florida de España, os residentes de Florida Occidental enviaron unha petición á Cámara de Representantes dos Estados Unidos solicitando que a súa sección fora anexada a Alabama, e o Senador por Alabama John Williams Walker tamén promoveu a idea[14].
  • En 1826, a Pensacola Gazette publicou un bo número de cartas avogando pola anexión a Alabama, aínda que o editor salientou que algúns pensacolianos se oponían á idea[14].
  • En 1840, unha reunión pública en Pensacola deu como resultado a demanda de que a Florida Occidental se unise a Alabama. No mesmo ano, a Lexislatura territorial informou ao Congreso de que se opoñía a permitir que Alabama se anexionase Florida Occidental; pero, en 1844, o ano anterior á súa constitución como Estado, a Lexislatura mudou a súa postura e pediu a separación de Florida Occidental[14].
  • En 1856, defensores da anexión foron capaces de conseguir un proxecto de lei da Lexislatura autorizando un referendum sobre o tema, pero o Gobernador James E. Broome vetou a medida. A Pensacola Gazette informaba que "a anexión é desexada por unha grande maioría da xente" da zona[14].
  • En 1858, a Lexislatura de Alabama tentou infrutuosamente abrir negociacións con Florida sobre o asunto[15].
  • O tema da anexión foi eclipsada pola Guerra Civil e os efectos da guerra na rexión; pero, en 1868, con Pensacola conectada polo único ferrocarril da Franxa ás cidades de Alabama de Mobile e Montgomery, o tema afrontouse de novo e foi finalmente presentado ao voto do pobo. Nese ano, a Lexislatura de Alabama aprobou unha resolución conxunta autorizando ao seu Gobernador a negociar co Gobernador de Florida sobre a anexión de Florida Occidental. Incluíuse unha oferta dun millón de dólares en bonos estatais de Alabama, co pago do 8% de interese a trinta anos. Ambos estados designaron comisarios que fixeran detalladas recomendacións sobre o asunto[16].
  • O 2 de novembro de 1869, celebrouse un referendo nos condados de Florida Occidental (excepto no de Jackson, que estaba azoutada por un longo episodio de violencia racial sanguenta[17]), co resultado de 1.162 votos a 661 a favor da anexión[13]. Porén, puxéronse obxeccións en Alabama ao alto prezo que suporía executala decisión, así que a Lexislatura non levou a cabo ningunha acción tras o resultado do referendo[15][18].
  • En 1873, unha proposta similar foi feita na Lexislatura de Alabama, coa aprobación do Senado estatal, aínda que non foi aprobada unha proposta separada para financiar a medida a través da venda do territorio de Alabama ao oeste do río Tombigbee, incluíndo a cidade de Mobile, ao estado de Mississippi[19]. Non obstante, nada resultou desta acción.
  • En 1901, Alabama aínda fixo outra oferta cando a Lexislatura designou unha comisión para negociar con Florida sobre a anexión, pero este intento, tamén, foi infrutuoso[15].

A construción do Ferrocarril Atlántico e de Pensacola, rematado en 1883, finalmente uniu Pensacola e a Franxa solidamente co resto do Estado e acabou co seu tradicional illamento, aínda que de cando en vez durante o século XX houbo ocasionais chamadas á anexión que xeraron algún debate público, pero ningunha acción lexislativa.

Século XX[editar | editar a fonte]

A área foi o primeiro obxectivo da Tormenta do Século de 1993. Furacáns que golpearon directamente esta zona foron, por exemplo, o Furacán Eloise en 1976, o Furacán Erin e o Furacán Opal, ámbolos dous en 1995.

Século XXI[editar | editar a fonte]

A Franxa de Florida sufriu directamente os golpes dos furacáns Ivan en 2004 e Dennis en 2005. Iván foi o máis desastroso, facendo terra moi preto de Gulf Shores, con ventos de 193 km/h e asolagamentos de máis de 4 metros de altura que devastaron Perdido Key e a illa Santa Rosa, destruíndo a ponte da Interestatal 10 sobre a Baía Escambia, e esnaquizando miles de fogares na rexión, algunhas a máis de 30 quilómetros no interior.

O 23 de xuño de 2010, petróleo procedente do vertido do Deepwater Horizon chegou a Pensacola Beach e Navarre Beach, danando ás industrias da pesca e o turismo, e levando a un ímprobo esforzo para a súa limpeza.

Economía[editar | editar a fonte]

Historicamente, a economía da Franxa dependía principalmente da agricultura, da silvicultura e os serradoiros, da industria papeleira, da importación/exportación a través do transporte naval en Pensacola e, en menor medida, en Panama City, da construción naval e da pesca comercial. Despois da Segunda Guerra Mundial, a economía veuse impulsada polas numerosas bases militares que se estableceron na rexión, así como polo crecemento do turismo e da hostalaría.

Os maiores empregadores na segunda metade do século XX foron as plantas de Monsanto Company e Westinghouse en Pensacola, a Saint Joe Paper Company en Port Saint Joe, e Gulf Power Company, unha importante compañía de servizos eléctricos.

A diferenza do centro e sur de Florida, a Franxa de Florida nunca tivo sido un gran produtor de cítricos debido a que a área está suxeita ás xeadas e á conxelación habitual no inverno, que destrúen os seus froitos.

Educación[editar | editar a fonte]

Na Franxa de Florida localízanse as seguintes institucións de educación avanzada.

No Sistema Universitario Estatal:

No Sistema de Colexios Universitarios de Florida:

Afiliados de tipo relixioso:

Institucións privadas:

Política[editar | editar a fonte]

A tendencia política da Franxa de Florida varía considerablemente dependendo do lugar. A parte occidental da rexión é a área máis republicana de Florida, cuxos condados ao longo da Costa Esmeralda regularmente dan aos republicanos preto do 70% de marxe nas eleccións estatais e nacionais. Porén, Tallahassee e o Condado de Gadsden tenden a ser fortemente demócratas debido á grande presenza de poboación afroamericana e de dúas grandes universidades (véxase o artigo Condado de Leon para unha desagregación dos números electorais e educativos). Nas eleccións presidenciais de 2008, John McCain recibiu 421.287 votos (o 60,1%) na Franxa, mentres Barack Obama recibiu só 279.206 votos (o 39,9%).

Condados[editar | editar a fonte]

Os seguintes condados ao oeste do río Apalachicola están sempre incluídos nas referencias á Franxa de Florida:

Algúns ou mesmo todos os seguintes condados ao este do Apalachicola, na subrexión do Gran Arco, son ás veces considerados parte da Franxa de Florida:

Vilas e cidades[editar | editar a fonte]

Os lugares marcados cun asterisco (*) están situados ao este do río Apalachicola e poden non ser considerados parte integrante da Franxa de Florida por algúns residentes ou autores.

A poboación das maiores áreas metropolitanas da Franxa de Florida é a seguinte:

Praias[editar | editar a fonte]

A Franxa de Florida é coñecida polas súas praias de areas brancas e as augas azul turquesa das súas [[Illa de barreira|illas de barreira) fronte ao Golfo de México. De acordo ao Servizo de Parques Nacionais[20]:

As impresionantes praias de area branca da Beira Marítima Nacional das Illas do Golfo están compostas de cuarzo fino precedente dos granitos erosionados dos Montes Apalaches. A area é levada cara ao mar polos ríos e regatos e depositada polas súas correntes ao longo da beira.

As cidades de praia na Franxa, das que moitas acollen aos estudantes universitarios durante as chamadas vacacións de primavera, son chamadas ás veces dun xeito despectivo como a Redneck Riviera (galego: Riviera dos Pescozos Vermellos)[21]. O termo foi empregado como título dunha canción do músico country Tom T. Hall no seu álbum de 1996 Songs from Sopchoppy. O álbum debe o seu nome a unha vila do condado rural de Wakulla, próximo a Tallahassee.

Os turistas foron atraídos á Franxa desde a construción na década de 1880 do Ferrocarril Atlántico e de Pensacola. A praia de Pensacola ten sido a súa maior atracción turística desde a construción das pontes entre o continente e a illa de Santa Rosa en 1931[22]. Despois da SGM, o crecemento da poboación e do turismo na área levou á proliferación de moteis, restaurantes, bares, atraccións turísticas e parques de atraccións ao longo da costa, concentrándose en Pensacola Beach, Fort Walton Beach e Panama City Beach. Como exemplos pódense citar o parque marítimo e acuario de Gulfarium, en Fort Walton Beach[23], e o antigo Parque de Atraccións de Miracle Strip (1963–2004), en Panama City Beach.

En 1971, o goberno federal adquiriu moito terreo nas illas costeiras dos condados de Escambia, Santa Rosa e Okaloosa, cara a preservalas do desenvolvemento comercial, creando a Beira Marítima Nacional das Illas do Golfo (inglés: Gulf Islands National Seashore), que tamén inclúe algunhas illas da costa de Mississippi. Outras áreas de praia protexidas polo estado de Florida son:

Tanto os parques federais como os estatais ofrecen facilidades para o campismo, o desfrute de comidas tipo pícnic e outras actividades recreativas. Ademais, algunhas partes da costa son propiedade federal pertencentes á Estación Aéreo-naval de Pensacola, á Base da Forza Aérea Eglin e á Base da Forza Aérea Tyndall, de xeito que están tamén protexidas fronte a un posible interese comercial.

Por outra banda, tamén poden encontrarse na Franxa sete reservas acuáticas estatais, que se estenden ao longo de miles de quilómetros cadrados de terras somerxidas nas áreas costeiras[24][25]. Outros moitos parques estatais, reservas e parques forestais localízanse no interior.

A década de 1970 tamén foi testemuña do nacemento dun bo número de complexos turísticos de luxo na praia, torres en condominio, casas de verán e cidades planificadas, como son Seaside e Sandestin, polo que a maioría da propiedade privada da costa está agora moi desenvolvida.

Bases militares[editar | editar a fonte]

As maiores bases militares da rexión son a Estación Aéreo-naval de Pensacola (sede da aviación naval nos Estados Unidos), a Base da Forza Aérea Eglin e o Campo Hurlburt (pretos de Fort Walton Beach), a Actividade de Soporte Naval de Panama City (en Panama City Beach) e a Base da Forza Aérea Tyndall (preto dePanama City).

En 1983-84, o programa de televisión Emerald Point N.A.S. foi rodado nunha estación aéreo naval nalgures do sur estadounidense, similar á Estación Aéreo-naval de Pensacola. A serie de acción e aventura Pensacola: Wings of Gold (1997-2000) foi rodada precisamente nesta base aérea de Pensacola.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "This week in Walton history". The Walton Sun (en inglés). 22-12-2013. Consultado o 26-12-2015. 
  2. ChananEstates.com. Chanan Estates Property Owners' Association, ed. "Chanan Estates in the Emerald Coast". ChananEstates.com (en inglés). Consultado o 16-4-2013. 
  3. Peninsular Publishing, ed. (1985). The Florida Handbook 1985-1986 (en inglés) 20. 
  4. The Emerald Coast Convention and Visitors Bureau, Inc. "Official Site". Northwest Florida's Emerald Coast (en inglés). Consultado o 16-4-2013. 
  5. TripAdvisor, LLC. "Emerald Coast - Florida - Reviews of Emerald Coast". TripAdvisor (en inglés). Consultado o 16-4-2013. 
  6. Miles Media Group, Inc. "Emerald Coast - SEE-Florida". SEE-Florida (en inglés). Consultado o 16-4-2013. 
  7. South Walton Tourist Development Council. Visit South Walton, ed. "South Walton State Parks - South Walton, Florida" (en inglés). Consultado o 31-1-2016. O Parque Estatal de Grayton Beach é un dos grandes tesouros naturais da Costa Esmeralda. 
  8. Emerald Coast Association of REALTORS®, Inc.; Earth, Inc. "EmeraldCoastHomesOnline.com. Property Search. Map View". Emerald Coast Homes Online (en inglés). Consultado o 16-4-2013. 
  9. Explore Emerald Coast; ABT Media and Marketing. "Explore Emerald Coast". Explore Emerald Coast (en inglés). 415 Richard Jackson Blvd, Suite 205 - Panama City Beach, Florida. Consultado o 16-4-2013. Estendida desde as beiras de Mexico Beach, Panama City Beach e cara a 30-A, Destin, Okaloosa Island e Pensacola Bay, estas augas espectaculares deixarante sen alento. 
  10. Oficina de Patentes e Marcas dos Estados Unidos (ed.). "Trademark Electronic Search System (TESS)" (en inglés).  Buscando neste sitio web atopamos que a "primeira vez en ser usado comercialmente" ocorreu en 1992. En ABCofC rexistrouse a marca en 2009.
  11. Reiley, Laura (2008). Avalon Travel Publishing, ed. The Forgotten Coast, Moon Florida Gulf Coast. Moon Handbooks (en inglés). pp. 262–289. ISBN 1-59880-082-5. 
  12. "Top of the Week". Newsweek (en inglés). 1972.  Un artigo de 1972 publicado en Newsweek referiuse ao Senador dos Estados Unidos Lawton Chiles dicindo que "en 1958 foi elixido á Lexislatura estatal polo ultraconservador bosque-de piñeiros da Franxa de Florida".
  13. 13,0 13,1 D. Appleton and Co., ed. (1870). The American Annual Cyclopaedia and Register of Important Events of the Year 1869 (en inglés) IX. Nova York. pp. 10 e 268. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 Doherty, Herbert J. (xaneiro de 1959). Florida Historical Society, ed. Ante-bellum Pensacola: 1821–1860. The Florida Historical Quarterly. Pensacola Quadricentennial Issue (en inglés) 37. pp. 337–356. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 Fleming, 1909, p. 83
  16. Jno. G. Stokes & Co., State Printers (impresor); General Assembly of Alabama, ed. (1868). "Joint Resolution No. 7. Relating to Annexation of West Florida". Acts of the Sessions of July, September and November, 1868, of the General Assembly of Alabama, held inthe city of Montgomery, commencing July 13th, September 16th, and November 2nd (en inglés). Montgomery, Alabama. p. 599. 
  17. "Military Occupation of Jackson County during Reconstruction". The Jackson County War Blog (en inglés). 27-1-2016. Consultado o 1-2-2016. 
  18. D. Appleton and Co., ed. (1871). Appletons' Annual Cyclopaedia and Register of Important Events: Embracing Political, Military, and Ecclesiastical Affairs; Public Documents; Biography, Statistics, Commerce, Finance, Literature, Science, Agriculture, and Mechanical Industry for 1870 (en inglés) 10. Nova York. p. 9.  Véxase o artigo Anual Cyclopaedia.
  19. Arthur Bingham, State Printer (impresor); Alabama Legislature Senate, ed. (1873). Journal of the Session of 1872–1873 of the Senate of Alabama (en inglés). Montgomery, Alabama. pp. 100 e ss. 
  20. Tal como reflectía a súa páxina web no 2011 (Illas do Golfo no National Park Service)
  21. Netter, Sarah (5-10-2010). "Alabama Town Says No Thanks to 'Redneck Riviera,' Passes Law to Block Filming". ABC News (en inglés). Consultado o 2-2-2016. 
  22. "Pensacola Beach, Florida". Pensapedia, The Pensacola Encyclopedia (en inglés). Consultado o 2-2-2016. 
  23. "History. Celebrating 60 Years of Care. Images of America: Gulfarium Marine Adventure Park". Gulfarium Marine Adventure Park (en inglés). Consultado o 2-2-2016. 
  24. Florida Department of Environmental Protection, ed. (3-12-2012). "CAMA Office Closures". Notice and Comment. Where politics enda and governance begins (en inglés). Consultado o 2-2-2016. 
  25. Live Oak Production Group (ed.). "Living Waters Aquatic Preserves of Florida. Home" (en inglés). Consultado o 2-2-2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outras ligazóns[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • DeBolt, Dean (1992). Kevin M. McCarthy, ed. The Florida Panhandle. The Book Lover's Guide to Florida (en inglés). Sarasota, Florida: Pineapple Press. pp. 404–445. ISBN 978-1-56164-012-6.  Contén unha extensa bibliografía de obras de ficción e non-ficción sobre xentes e lugares da Franxa de Florida.
  • Fleming, Walter Lynwood (1909). F. L. Riley, ed. The South in the Building of the Nation: Political History (en inglés) 4. p. 358. 
  • Hollis, Tim (2004). University Press of Mississippi, ed. Florida’s Miracle Strip: From Redneck Riviera to Emerald Coast (en inglés). ISBN 978-1-57806-627-8. 
  • King, Heidi Tyline (1999). Pelican Publishing, ed. The Pelican Guide to the Florida Panhandle (en inglés). ISBN 1-56554-308-4. 
  • O'Donovan, Michael; Rowan, Robin (2005). Terra Nova Publishing, ed. Florida's Northwest: First Places, Wild Places, Favorite Places (en inglés). ISBN 0-9651034-3-9. 
  • Ziewitz, Kathryn; Wiaz, June (2006). University Press of Florida, ed. Green Empire: The St. Joe Company and the Remaking of Florida's Panhandle (en inglés). ISBN 0-8130-2951-1. 

Coordenadas: 30°26′N 85°11′O / 30.43, -85.19