Frank Macfarlane Burnet
Frank Macfarlane Burnet[1] (nado o 3 de setembro de 1899 – finado o 31 de agosto de 1985[2]), foi un virólogo australiano coñecido polas súas contribucións á inmunoloxía. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1960 por predicir a tolerancia inmunitaria adquirida. Tamén desenvolveu a teoría da selección clonal.
Burnet obtivo a súa licenciatura en Medicina (MD) na Universidade de Melbourne en 1924, e o seu doutoramento (PhD) da Universidade de Londres en 1928. Seguiu realizando investigacións de vangarda en microbioloxía e inmunoloxía no Instituto de Investigación Médica Walter e Eliza Hall de Melbourne, e foi director do Instituto desde 1944 a 1965. De 1965 ata a súa xubilación en 1978, Burnet traballou na Universidade de Melbourne. Ao longo da súa carreira desempeñou un papel activo no desenvolvemento de políticas públicas para as ciencias médicas en Australia e foi membro fundador da Academia Australiana de Ciencias (AAS), da que foi presidente de 1965 a 1969.
Os prinicipais logros de Burnet en microbioloxía foron o descubrimento dos axentes causantes da febre Q e a psittacose; o desenvolvemento de ensaios para o illamento, cultivo e detección do virus da gripe; a descrición da recombinación de cepas do virus da gripe; a demostración de que o virus da mixomatose non causa enfermidade en humanos. Os métodos modernos de producir a vacina da gripe aínda se basean nos traballos de Burnet nos que melorou os procesos de cultivo dos virus en ovos de galiña.
Polas súas contribucións á ciencia australiana, Burnet foi elixido como o primeiro australiano do ano en 1960,[3] e en 1978 cabaleiro da Orde de Australia. Foi recoñecido internacionalmente polos seus logros: ademais do Nobel, recibiu o premio Lasker e as medallas Real e Copley da Real Sociedade, nomeamentos de doutor honorario, e honras polos servizos distinguidos da Commonwealth e do Xapón.
Primeira etapa da vida
[editar | editar a fonte]Burnet naceu en Traralgon, Victoria; o seu pai, Frank Burnet, un emigrante escocés en Australia, era o director da sucursal de Traralgon do Colonial Bank. A súa nai Hadassah Burnet (nada Mackay) era a fila dun inmigrante escocés de clase media, e coñeceu o seu pai cando Frank estaba traballando na cidade de Koroit. Frank tiña 36 anos e 14 anos máis que Hadassah.[4][5] A familia era socialmente protestante anglo-saxoa conservadora.[6] Frank Macfarlane Burnet foi o segundo de sete fillos que tiveron e desde a infancia chamáronlle "Mac". Tiña unha irmá mái vella, dúas irmás máis novas e tres irmáns máis novos.[7] A filla máis vella Doris tiña unha discapacidade mental que ocupba a msaior parte do tempo de Hadassah e a familia consideraba a condición de Doris como un estigma sobreentendido, e non animaban aos outros fillos a invitar amigos a casa, para que non se atopasen coa filla máis vella.[8] Desde os seus primeiros anos en Traralgon, Mac gustaba de explorar as contornas da cidade, especialmente o regato Traralgon.[9] Asistiu primeiramente a unha escola privada levada por un só profesor antes de empezar a estudar nunha escola primaria do goberno aos 7 anos. Mac estivo separado do seu pai —ao que lle gustaba pasar o seu tempo libre pescando e xogando ao golf— desde que era novo.[10] Prefería actividades relacionadas cos libros desde novo e non era afeccionado aos deportes, aos oito anos tiña idade dabondo para analizar o carácter do seu pai; Mac desaprobaba o seu pai Frank e considerábao un hipócrita que adoptaba principios morais e poñía unha fachada de rectitude, mentes que estaba asociado con negociantes de dubidosa ética.[11] Hadassah estaba dedicada a Doris, así que Mac desenvolveu unha personalidade solitaria.[12]
Os Burnets trasladáronse a Terang en 1909,[4] cando Frank foi destinado como director alí, despois de rechazar un posto en Londres.[13] Burnet estaba interesado na vida silvestre da zona do lago Terang; uniuse aos Scouts en 1910 e gozaba coas actividades ao aire libre. Mentres vivía en Terang, comezou a coleccionar escarvellos e a estudar bioloxía. Familiarizouse cos traballos de Charles Darwin lendo artigos de bioloxía na Chambers Encyclopaedia.[14] Durante a primeira etapa da súa adolescencia, a familia pasaba as vacacións anualmente en Port Fairy, onde Burnet pasaba o tempo obervando e rexistrando o comportamento da vida silvestre.[15] Estudou na escola estatal de Terang e asistiu á escola dominical na igrexa local, onde o crego o animaba a seguir estudos escolásticos e premiouno cun libro sobre formigas como recompensa polo seu rendemento acdémico.[16] Aconsellou a Frank investir na educación de Mac e obtivo unha bolsa de estudos completa para estudar no internado do Geelong College,[14] unha das escolas privadas de Victoria máis exclusivas. Empezou alí en 1913, onde era o único interno con bolsa de estudos completa.[17] Non gozou da súa estadía alí entre os fillos da clase alta dirixente; mentres que a maioría dos seus compañeiros eran afoutos e orientados aos deportes, Burnet era amante dos libros e non inclinado ás actividades atléticas, e atopou que os seus compañeiros eran arrogantes e maleducados. Durante este período manteu en segredo a súa colección de escaravellos e a desaprobación dos seus pares, e mesturábase cos seus compañeiros só por necesidade.[18] Non obstante, a súa habilidade académica deulle algúns privilexios e graduouse en 1916, sendo o primeiro na súa escola tanto en cualificación xeral coma tamén en Historia, Inglés, Química e Física.[18] O típico itinerario univeritario que seguía unha persoa do seu nivel social era seguir estudos de Teoloxía, Dereito ou Medicina. Daquela estaba desilusionándose coa relixión e elixiu facer Medicina. Debido á primeira guerra mundial, o servizo militar era unha posibilidae e el pensaba que ter estudos médicos incrementaría as súas posibilidades de que lle desen un posto que non fose de combate.[14][19]
Fundamentos académicos
[editar | editar a fonte]De 1918, Burnet estudou na Universidade de Melbourne, onde vivía no Ormond College cunha bolsa de estudos residencial.[14] Alí, leu máis obras de Darwin e foi influenciado polas ideas científicas e sociais dos escritos de H. G. Wells.[20] Gozou do seu período na universidade e pasou gran parte do seu tempo libre lendo libros de bioloxía na bibloteca para alimentar a súa paixón polo coñecemento científico.[21] Tamén tivo un breve éxito deportivo ao ocupar un posto no equipo de remo First VIII de Ormond durante un breve período.[21] Continuou co seu estudo dos escaravellos en privado, porque aínda que os seus compañeiros de clase o descubrisen, alí non había problema con isto, xa que eles vían esta afección súa como algo positivo.[22] Malia a súa timidez crecente, Burnet levábase ben cos profesores e estudantes da universidade. Burnet estaba automotivado e a miúdo faltaba ás clases para estudar ao seu propio ritmo máis rápido e procurar maiores coñecementos na biblioteca, e foi o primeiro en física e química no seu primeiro ano.[23] Ao ano seguinte, 1918, mergullábase cada vez máis no traballo de laboratorio, pero tamén estivo acosado pola presión dos seus compañeiros para alistarse no exército, o cal para el era unha perspectiva desagradable. Porén, isto non se chegou a producir debido ao final da guerra.[24] En 1919, foi un dos doce estudantes con mellor expediente seleccionados para unha clase extra, e volveu ser o primeiro no terceiro curso de fisioloxía. Comezou os seus traballos clínicos ese mesmo ano, pero non lle pareceron moi pracenteiros, xa que estaba principalmente interesado en diagnosticar os pacientes e tiña pouco interese en mostrarlles empatía.[25]
Mentres estivo na unversidade, converteuse en agnóstico e posteriormente nun ateo belixerante; era escéptico sobre a fe relixiosa,[14] que consideraba "un esforzo para crer o que o sentido común che di que non é verdade."[26][27] Tamén lle parecía repugnante o que el consideraba unha conduta hipócrita dos practicantes relixiosos.[26] Nos seus últimos anos dos seus cursos de universidade, o seu desgusto pola relixión empezou a inquietalo en maior medida. Empezou a interesarse polo comunismo durante un breve período, pero despois decidiu dedicarse á investigación científica.[28] Daquela, o tempo que duraban os estudos de Medicina fora reducido a cinco anos para formar aos doutores máis rápido despois do estoupido da primeira guerra mundial, e Burnet graduouse como licenciado en Medicina e licenciado en Cirurxía en 1922,[20] quedando segundo nos exames finais a pesar da morte do seu pai unhas poucas semanas antes.[29] Entre os seus compañeiros licenciados estaban Ian Wark, Kate Campbell, Jean Macnamara, Rupert Willis e Roy Cameron, que foron científicos distinguidos.[20][29]
Despois fixo unha residencia de dez meses no Hospital de Melbourne para adquirir experiencia antes de empezar a practicar.[20][30] Os novos licenciados pasaron catro meses na sala de medicina, outros catro en cirurxía e os restantes dous en urxencias.[31] Na sala de cirurxía traballou baixo a dirección de John Gordon e Alan Newton, ambos cirurxiáns famosos. Gozou enormemente deste período e quedou decepcionado cando tivo que facer a súa residencia de medicina. Porén, axiña se entusiasmou co seu traballo, inspirado polo neurólogo Richard Stawell, que para Burnet era un ídolo.[20][32] Como resultado disto tiña o propósito de facer unha carreira en neuroloxía clínica, e escribiu un artigo teórico sobre como testar as perdas sensoriais despois de lesións nerviosos periféricas, pero o artigo non foi aceptado polo Clinical Report of the Melbourne Hospital.[33] Burnet solicitou ser residente médico como parte do itinerario da súa carreira médica, mais o superintendente médico do Hospital de Melbourne, que estaba a cargo deses nomeamentos, xulgaba que o carácter e personalidade de Burnet eran máis axeitados para unha carreira de investigación de laboratorio, e pediu a Burnet que retirase a súa solicitude a cambio dun posto de patólogo residente sénior, que quedaría vacante en poucos meses. Burnet aceptou.[20][33]
Durante o período de transición traballou como residente de patoloxía no Instituto de Investigación Médica Walter e Eliza Hall e tamén o preparou o seu director de exames de doutores en Medicina, despois en 1923.[20][33] En 1923 conseguiu o posto de patólogo residente sénior no Hospital de Melbourne;[20] os laboratorios formaban parte do Instituto Walter e Eliza Hall. Realizou investigacións sobre reaccións de aglutininas na febre tifoide, o que orixinou as súas primeiras publicacións científicas.[20][34][35] Decidiu traballar a tempo completo na resposta dos anticorpos nas febres tifoides, a pesar de que teoricamente se supoñía que estaba dedicándose á patoloxía como parte das súas obrigacións co hospital.[36] Burnet quedou primeiro nos exames a doutor en Medicina con gran diferenza, e as súas cualificacións foron excluídas do proceso de baremación para que os outros estudantes non quedasen descartados por estaren moi por detrás.[37]

Daquela, O Instituto Hall estaba nas primeiras etapas dunha rápida expansión. O novo director do Instituto, Charles Kellaway, quería incrementar as actividades da organización para apoiar non só as operacións do hospital senón tamén ter grupos de investigación separados en fisioloxía, microbioloxía e bioquímica que farían tamén estudos independentes. Tamén esperaban elevar os estándares para facer o Instituto comparable ás actividades de primeira clase que se facían en Europa e América.[38] Kellaway impatizou con Burnet e considerábao o mellor talento novo do Instituto coa capacidade de axudar a elevalo aos mellores estándares mundiais.[39] Porén, pensaba que Burnet necesitaría coller experiencia no traballo de laboratorio en Inglaterra antes de que puidese liderar o seu propio grupo de investigación en bacterioloxía en Australia.[40][41] Burnet abandonou Australia para ir a Inglaterra en 1925 e serviu como cirurxián nun barco durante a súa viaxe a cambio dunha pasaxe gratis. Ao chegar, ocupou un posto pagado como axudnte do curador da Colección Nacional de Cultivos Tipo no Instituto Lister en Londres. Burnet preparaba ou conservaba cultivos bacterianos para outros investigadores pola mañá e estaba libre para facer os seus propios experimentos pola tarde.[40] Na segunda metade do ano 1926, fixo experimentos para descubrir os efectos dos bacteriófagos en Salmonella typhimurium.[42]
Recibiu o premio Beit Memorial Fellowship do Instituto Lister en 1926; isto deulle diñeiro dabondo para dimitir do seu posto de curador e empezou a investigar a tempo completo con bacteriófagos.[41] Inxectaba ratos con bacteriófagos e observaba as súas reaccións inmunolóxicas e cría que os bacteriófagos eran virus.[42] Polo seu traballo obtivo o seu doutoramento (Ph.D.) da Universidade de Londres en 1928 baixo a dirección do profesor J. C. G. Ledingham. O Consello de Investigación Médica invitouno a escribir un capítulo sobre bacteriófagos para a sú obra System of Bacteriology.[41] Tamén o invitaron a entregar un artigo á Real Sociedade de Medicina en 1927 sobre a ligazón entre as O-aglutininas e os bacteriófagos.[43] Burnet empezou a asistir ás funcións da Sociedade Fabiana e fíxose amigo dalgúns comunistas, aínda que se abstivo de unirse a eles nun activismo de esquerdas aberto. Tamén pasaba o seu tempo libre gozando do teatro, participando en arqueoloxía amadora e practicando ciclismo pola Europa continental.[44]
Mentres estaba en Londres, Burnet comprometeuse coa cidadá australiana Edith Linda Marston Druce. Era profesora de escola secundaria e filla dun empregado dun avogado. A parella coñecérase xa en 1923 e tiveran algunhas citas pero non seguiran en contacto.[39] Druce buscou a Burnet cando estaba de vacacións en Londres e ambos rapidamente acordaron casar, aínda que ela tiña que volver a Australia.[45] Casaron finalmente en 1928 despois de rematar o seu doutoramento (Ph.D.) e volveron a Australia,[41] e tiveron un fillo e dúas fillas.[46] Naquel momento, había unha vacante na cátedra de Bacterioloxía na Universidade de Londres, e Ledingham estaba intentando convencer aos seus colegas para ofrecer o posto a Burnet, pero Burnet tornou a Australia en parte debido a Druce.[47]
Instituto Walter e Eliza Hall
[editar | editar a fonte]Viroloxía e medicina
[editar | editar a fonte]Cando Burnet volveu a Australia, regresou ao Instituto Walter e Eliza Hall, onde foi nomeado director axudante por Kellaway.[48] A súa primeira tarefa foi investigar a traxedia de Bundaberg, na cal morreron 12 nenos ao recibir unha vacina contaminada da difteria.[41] Kellaway estaba a cargo dunha comisión real para investigar o asunto e puxo a Burnet a cargo das investigacións de laboratorio.[49] Descubriu que a bacteria Staphylococcus aureus contaminara a mestura toxina-antitoxina; fora tomada da pel dun dos nenos e despois transmitida aos outros durante a inxección.[49] Porén, resultou ser que fora outra toxina (procedente dos estafilococos) a que causara a morte dos nenos; este traballo sobre a toxina estafilocócica espertou o interese de Burnet pola inmunoloxía.[48][50] Durante esa época, continuou estudando os bacteriófagos, escribindo 32 artigos sobre fagos entre 1924 e 1937. En 1929, Burnet e a súa axudante graduada Margot McKie escribiron un artigo suxerindo que os bacteriófagos podían existir como unha forma estable non infecciosa que se multiplica xunto coa bacteria hóspede.[46][51] Esta era unha descrición pioneira da lisoxenia, que non sería ceptada ata moito máis tarde, e foi crucial para os traballos de Max Delbrück, Alfred Hershey e Salvador Luria sobre os mecanismos de replicación e a xenética dos virus, polos cales foron galardoados co premio Nobel de Medicina de 1969.[52]
Entre 1932 e 1933, Burnet pedíu licenza para utilizar unha bolsa de investigación para traballar no Instituto Nacional de Investigación Médica de Londres.[54] Como consecuencia da Gran Depresión o salario de Burnet reducírase de 1000 a só 750 libras, pero o Instituto Nacional recibira unha gran bolsa da Fundación Rockefeller que lle permitiu contratar a Burnet por 1000 libras ao ano. O director do Instituto ser Henry Dale obtivo permiso de Kellaway para o traslado por dous anos de Burnet; Kellaway prometeu manter o posto de traballo de Burnet para que o volvese ocupar cando tornase e pensaba que a experiencia faría que Burnet —que consideraba era o científico novo máis brillante do Instituto Hall— estivese mellor equipado para ampliar as operacións do centro cando volvese de Melbourne. Dale tamén lle pagou unha viaxe a Inglaterra á irmá de Burnet para que axudase a coidar os fillos pequenos do seu irmán.[41][55]
Mentres estivo alí fixéronse descubrimentos significativos sobre viroloxía, como o illamento e primeira demostración da transmisión do virus da gripe. As súas propias investigacións foron sobre o virus da varíola dos canarios,[54] que usou para realizar un ensaio en embrión de polo para o illamento e cuantificación de virus animais. Dale ofreceulle a Burnet un posto permanente, mais el non aceptou e tornou ao Instituto Hall. Despois do seu produtivo traballo en Londres, o Instituto Rockefeller acordou financiar un novo laboratorio de investigación en Melbourne para Burnet. Trouxo un conxunto de virus do Instituto Nacional para que servisen de base para a investigación en Melbourne.[56]
Cando Burnet regesou a Australia, continuou os seus traballos en viroloxía, incluíndo a epidemioloxía do herpes simplex. Tamén estivo implicado en dous proxectos que non tiñan que ver cos virus: a caracterización dos axentes causantes da psittacose e da febre Q.[54] Despois de descubrir que os papagaios e cacatúas se infectaban da psittacose e eran responsables da transmisión, intentou convencer o goberno de que os prohibise para evitar a infección en humanos, pero iso foi rexeitado e posteriormente estivo de acordo co goberno de que non había moito perigo.[57] Durante o período que estivo traballando sobre a febre Q co científico australiano E.H. Derrick, o organismo causante recibiu o nome de Coxiella burnetii en honra de Burnet, e foi a primeira persoa que se contaxiou da doenza no laboratorio.[53] Os seus estudos epidemiolóxicos sobre o herpes e a febre Q dábanlle grande importancia á ecoloxía das doenzas infecciosas, o cal se convertería nunha característica do método científico nese campo.[58]

Durante a segunda guerra mundial, as investigacións de Burnet cambiaron á gripe[54] e a febre Tsutsugamushi.[59] Co estoupido da guerra, déuselle a Burnet máis responsabilidades e actuou como director e tivo que supervisar o trasado a un novo edificio, xa que Kellaway foi transferido ao exército en 1939.[60] Debido a Kellaway, moitos dos problemas de doenzas infecciosas que aflixían o exército foron enviados ao Instituto. Temendo unha repetición do gromo global masivo de gripe que se producira na primeira guerra mndial, Burnet enfocou o Instituto na investigación dunha vacina.[60] Probou primeiro a vacina nun grupo de estudantes de medicina, e despois dunha proba moi prometedora sobre 107 soldados voluntarios en febreiro de 1942 despois dun aumento das infeccións, aplicouse un programa a grande escala dous meses despois para inocular todos os recrutas novos contra a gripe A. Neste ensaio, vacináronse 20.000 persoas, sen éxito, e o programa foi abandonado.[61] En 1942, as investigacións sobre a febre Tsutsugamushi aceleráronse despois dun éxodo de investigadores dese campo da Malaia Británica despois da conquisa desa zona polo Xapón.[59] Porén, isto terminou en traxedia cando a súa colaboradora Dora Lush inxectouse a si mesma accidentalmente e despois morreu pola infección.[62] Non obstante, o seu traballo sobre a inmunización valeulle un recoñecemento internacional nesa época.[62]
O primeiro libro de Burnet, Biological Aspects of Infectious Disease, publicouse en 1940.[54] Tivo moita influencia e foi traducido a varias linguas.[63] En 1942 nomeárono membro da Real Sociedade,[1] e en 1944 viaxou á Universidade Harvard para dar as conferencias Dunham. Alí, ofrecéronlle unha cátedra, pero el refusou e tornou a Australia.[64] Isto atribuíuse ás súas tendencias nacionalistas, así como ao seu sentido de lealdade polo Instituto Hall.[65] Durante a súa viaxe visitou as instalacións militares estadounidenses de Fort Bragg, onde discutiu os seus traballos sobre a gripe cos científicos que traballaban alí.[66]
En 1944, foi nomeado director do Instituto cando Kellaway foi nomeado director da Fundación Wellcome.[64] Aínda que Kellaway preparara a Burnet para que chegase a ser unha figura importante, dubidaba que Burnet fose a persoa máis efectiva e con máis liderado estratéxico para ese posto. Kellaway pensaba que Burnet talvez non era o máis axeitado para ese posto, e que debería seguir centrándose exclusivamente na investigación polo momento. Burnet tiña dúbidas similares, especialmente dada a súa natureza taciturna, pero solicitou o posto de todos os xeitos.[67] Aínda que non era coñecido por ter grandes habilidades sociais, a súa capacidade como científico e para impartir ideas para a investigación aos seus subordinados mantiña o seu liderado e o Instituto en boa situación.[68] A diferenza do seu predecesor, que valoraba facer unha ampla gama de actividades científicas, Burnet tiña a opinión de que o Instituto non podería ter unha influencia a nivel global significativa por ese camiño, e el seguiu unha política de centrar todo o esforzo nunha área.[69] Como sempre foi un home teimudo e bastante illado, fíxose máis determinado a seguir as súas propias ideas e menos tolerante ás críticas do seu traballo e esperaba que se respectase unha estrutura máis xerárquica e unha obediencia incuestionable.[70] Segundo o seu biógrafo Sexton, "mostraba un tipo de protección territorial en relación co seu propio traballo".[71]
En 1944, a Universidade de Melbourne decidiu nomear profesor a Burnet como parte dun programa cooperativo para que os estudantes da universidade puidesen ser adestrados experimentalmente no Instituto, mentres que os investigadores se implicaban na ensinanza. Non foi un éxito, e houbo moita tensión, xa que Burnet expresou repetidamente a súa opinión en público de que a ensinanza universitaria e a investigación deberían manterse separadas, e en certo momento isto orixinou unha serie de cartas abertas dos profesores da universidade censurando a súa actitude. Burnet estaba tamén interesado nas políticas de financiamento da universidade, e a súa desvinculación dos asuntos administrativos xerou resentimento.[72] Por outra parte, Burnet era moi insistente en obter financiamento do goberno para o Instituto Hall, recorrendo ao farol de finxir interese por trasladarse ao estanxeiro para asegurarse un apoio forte e continuado.[73] Porén, criticárono por ser demasiado aforrador e rexeitaron investir en equipamento de vangarda, malia a alta posición do Instituto Hall no mundo da investigación. Os colegas coidaban que el era escéptico da tecnoloxía moderna e pensaban que a súa perspectiva era limitante.[74]
En 1946, iniciou a Unidade de Investigción Clínica para que puidese haber unha cooperación máis estreita coas actividades clínicas do agora chamado Hospital Real de Melbourne.[75] A pesar das súas opinións de pouca apreciación da ciencia clínica considerándoa inferior, el apoiou o traballo con entusiasmo.[76]

Baixo a dirección de Burnet, os científicos do Instituto fixeron contribucións significativas á investigación de doenzas infecciosas durante un período que se denominou "a idade dourada da viroloxía".[77] Virólogos como Alick Isaacs, Gordon Ada, John Cairns, Stephen Fazekas de St. Groth e Frank Fenner fixeron contribucións significativas sobre a encefalite do Val Murray, a mixomatose, a poliomielite, os poxvirus, os herpes e a gripe.[78]
Burnet fixo contribucións importantes á investigación da gripe; desenvolveu técnicas para cultivar e estudar o virus, como as probas de hemaglutinación. Traballou nunha vacina viva contra a gripe, pero a vacina non funcionou cando se probou durante a segunda guerra mundial.[79] O seu interese no receptor do virus da gripe levouno a descubrir a neuraminidase que segregaba Vibrio cholerae, que proporcionou as bases para os importantes traballos de Alfred Gottschalk sobre glicoproteínas e o substrato da neuraminidase, o ácido siálico.[80] Entre 1951 e 1956, Burnet traballou na xenética do virus da gripe. Examinou o control xenético da virulencia e demostrou que o virus se recombinaba con alta frecuencia; esta observación non foi completamente apreciada ata varios anos despois,[64] cando se descubriu o xenoma segmentado do virus da gripe.[81][64][82]
Inmunoloxía
[editar | editar a fonte]
En 1957, Burnet decidiu que a investigación do Instituto se centrase na inmunoloxía.[83] Tomou a decisión unilateralmente, deixando a moitos membros do persoal investigador desilusionados e pensando que esa acción era arrogante; pero Burnet estaba cómodo coa decisión, xa que pensaba que sería efectiva.[84] Moitos virólogos deixaron o Instituto e estableceron a Escola de Investigación Médica John Curtin da Universidade Nacional Australiana.[85] Despois de 1957 todo o novo persoal investigador e estudantes do Instituto traballaba en problemas inmunolóxicos;[83] Burnet implicouse en traballos sobre doenzas autoinmunes e a reacción enxerto contra hóspede, e cada vez máis en estudos teóricos de inmunoloxía, vixilancia inmunolóxica e cancro.[81][86]
Daquela, a inmunoloxía estaba volvéndose máis sofisticada, e tiñan nela un papel cada vez maior a bioloxía molecular e a bioquímica. Burnet desconfiaba da dirección á que se encamiñaba a inmunoloxía, cun crecente énfase posto na tecnoloxía e experimentos máis intricados, e os seus colegas pensaban que a actitude conservadora de Burnet fora un factor nas súa decisión de cambiar o foco do Instituto á inmunoloxía.[74]
Burnet comezou a cambiar o seu interese centrándoo na inmunoloxía na década de 1940.[87] En 1941 escribiu unha monografía chamada "A produción de anticorpos",[88] que foi revisada e reeditada en 1949 con Frank Fenner como coautor.[89] Este libro considérase unha publicación clave en inmunoloxía, que sinala o paso do estudo da inmunoloxía como empresa química a empresa biolóxica. Un feito importante nesta obra foi que introduciu o concepto de "propio" e "non-propio" (self/non-self) na inmunoloxía. Sostiña que as interaccións entre as células inmunes dun organismo e as súas outras células e moléculas definían o "propio" do organismo.[90]
Usando o concepto de "propio", Burnet introduciu unha hipótese sobre a situación na que o corpo non conseguía producir anticorpos contra os seus propios compoñentes (o que de producirse sería autoinmunidade) e por extensión a idea de tolerancia inmunitaria. Propuxo que
se na vida embrional se implantaban e estabilizaban células desbotables dunha distinta raza xenética, non se debería desenvolver ningunha resposta de anticorpos contra os antíxenos das células estrañas cando o animal tivese unha vida independente.[91]
Porén, Burnet foi incapaz de probar isto experimentalmente.[92] Peter Medawar, Rupert E. Billingham e Leslie Brent deron apoio á hipótese de Burnet en 1953 cando demostraron que se podían enxertar esplenocitos (células inmunitarias do bazo) por infusión intravenosa en ratos in utero ou xusto despois do nacemento e que cando eses ratos maduraban, podían aceptar pel e outros tecidos dos ratos doantes pero non doutras cepas de ratos.[93] Burnet e Medawar recibiron conxuntamente o premio Nobel de Medicina de 1960 por este traballo, xa que proporcionaba a base experimental para inducir inmunotolerancia,[94] o que permitiría o transplante de órganos sólidos. Burnet e Medawar conseguiron coordinar o seu traballo de forma efectiva malia as súas personalidades bastante diferentes e a súa separación física; Burnet era taciturno mentres que Medawar era sociable, pero respectábanse moito.[95]
Porén, estudos posteriores mostraron que as células ou tecidos transplantados antes do desenvolvemento do sistema inmunitario do receptor, como ocorría nos receptores en fase de embrións, podían ser tratados como alleos e desencadear un rexeitamento,[96][97] o que ía en contra da explicación de Burnet da autotolerancia. En contraste coa hipótese de Burnet de que había un período especial indutor de tolerancia definido pola idade do animal, Joshua Lederberg propuxo en 1959,[98] que é a idade do linfocito a que define se o encontroo cun antíxeno inducirá tolerancia, e os linfocitos inmaturos serán sensibles á tolerancia. O concepto de Lederberg coñécese agora como tolerancia central, e acéptase amplamente. Pode tamén explicar o éxito dalgúns transplantes feitos nas primeiras etapas da vida e o fracaso da indución da tolerancia noutros estudos. Burnet sinalou que as súas contribucións á tolerancia inmunitaria eran estritamente teóricas:
A miña parte no descubrimento da tolerancia inmunitaria adquirida foi moi pequena; foi a fomulación dunha hipótese que pedía ser experimentada.[99]
Burnet estaba interesado en saber como o corpo producía anticorpos en resposta a un antíxeno. A idea dominante na literatura durante a década de 1940 era que o antíxeno actuaba como un molde para a produción de anticorpos, o cal se coñece como a hipótese "instrutiva".[100] Burnet non estaba satisfeito con esta explicación e na segunda edición de "A produción de anticorpos", el e Fenner esbozaron unha teoría de molde indirecto que propoñía que cada antíxeno podía influír no xenoma, efectuando así a produción de anticorpos.[101] En 1956 empezou a interesarse na hipótese da selección natural de Niels Kaj Jerne,[102] que describía un mecanismo para a resposta inmunitaria baseado nunha teoría previa do inmunólogo gañador do Nobel Paul Ehrlich. Jerne propoñía que o antíxeno se unía a un anticorpo por casualidade e, unha vez unido, produciríanse máis anticorpos contra ese antíxeno. Burnet desenvolveu un modelo que chamou selección clonal que ampliaba e melloraba a hipótese de Jerne.[103]
En 1958 Gustav Nossal e Lederberg mostraron que unha célula B sempre produce un só anticorpo, o que era a primeira evidencia en favor da teoría da selección clonal.[104] Burnet escribiu máis sobre a teoría no seu libro de 1959 A teoría da selección clonal da inmunidade adquirida. A súa teoría predicía case todas as características claves do sistema inmunitario como se coñecen hoxe, incluíndo as doenzas autoinmunes, a inmunotolerancia e a hipermutación somática como mecanismo para a produción de anticorpos.[105] A teoría da selección clonal converteuse nun dos conceptos centrais da inmunoloxía, e Burnet consideraba as súas contribucións ao coñecemento teórico do sistema inmunitario como a súa maior contribución á ciencia,[106] escribindo que el e Jerne deberon recibir o Nobel por este traballo.[107] A Jerne recoñecéuselle a súa contribución á conceptualización do sistema inmunitario cando foi correceptor do premio Nobel en 1984.
Hai algunhas discusións sobre a publicación de Burnet da súa versión da teoría no Australian Journal of Science en 1957. Algúns comentaristas argumentan que el a publicou nunha revista australiana para presentar canto antes esta hipótese e obter así prioridade para a súa teoría sobre as ideas que foran publicadas posteriormente ese ano nun artigo escrito por David Talmage, pero que Burnet lera antes da súa publicación.[81][108][109] No seu artigo Burnet citou a revisión de Talmage,[106] e nunha entrevista posterior, Talmage dixo que cría que Burnet "desenvolvera verdadeiramente a idea antes de que recibise o meu artigo".[110] A teoría agora ás veces coñécese como teoría da selección clonal de Burnet,[111] o cal pasa por alto as contribucións de Ehrlich, Jerne e Talmage, e a contribución de Lederberg, que conceptualizou a xenética da selección clonal.[112]
O traballo de Burnet sobre enxerto contra hóspede fíxoo en colaboración con Lone Simonsen entre 1960 e 1962. Simonsen mostrara en 1957 que ocorría unha reacción de enxerto contra hóspede cando se inxectaba o sangue dunha ave de curral adulta nos vasos sanguíneos dun embrión de polo; isto coñeceuse como o fenómeno de Simonsen.[113] Os seus traballos neste sistema axudarían posteriormente a explicar os leucocitos pasaxeiros nos transplantes.[113] O último proxecto no que traballou no Instituto foi un estudo coa axudante Margaret Holmes de enfermidades autoinmunes no modelo do rato negro de Nova Zelandia; ese rato tiña unha alta incidencia de anemia hemolítica autoinmune.[114] Observaron a herdanza das doenzas autoinmunes, e o uso do fármaco inmunosupresor ciclofosfamida para tratar a doenza influenciou o uso de fármacos inmunosupresores en doenzas autoinmunes humanas.[115]

En 1960, Burnet reduciu o seu traballo de laboratorio, tomándose un día libre por semana para concentrarse en escribir.[116] En 1963, publicouse Doenzas autoinmunes: patoxénese, química e terapia, do que foi autor xunto con Ian Mackay.[117] Tamén supervisou unha ampliación do Instituto e conseguiu financiamento da Fundación Nuffield e do goberno do estado para construír dous andares máis no edificio e facerse con parte do espazo que ocupaba o departamento de patoloxía do Hospital Real de Melbourne.[116] A pesar disto, Burnet cría que unha institución de investigación de categoría mundial debía ser o suficiente pequena para que unha persoa puidese dirixila, e mantivo un estreito control sobre as súas actividades durante o seu mandato. Determinaba as políticas a seguir el mesmo, e seleccionaba persoalmente todos os investigadores e estudantes, confiando nun pequeno equipo para poñer en práctica os seus plans.[118]
Continuou a súa actividade no laboratorio ata a súa xubilación en 1965, aínda que o seu tempo experimental empezou a diminuír cando as actividades se centraron cada vez máis na inmunoloxía, de maneira que o traballo de Burnet nesta área foi principalmente teórico.[117] Gustav Nossal pasou a ser o novo director do Instituto Walter e Eliza Hall.[86] Baixo o liderado de Burnet o Instituto converteuse "probablemente o centro de investigación máis coñecido no mundo dedicado ao estudo da inmunoloxía."[119] Con todo, co aumento da sofisticación na ciencia médica e a súa dependencia dunha tecnoloxía máis complicada, o enfoque de lobo solitario de Burnet fíxose menos compatible co ambiente investigador, que requiría máis colaboración. Nos seus últimos anos ao temón, Burnet permitiu máis modernización técnica durante o período de transición ao mandato de Nossal.[120]
Saúde pública e políticas
[editar | editar a fonte]Desde 1937 Burnet participou en diversas corporacións científicas e de política pública, empezando cun posto nun consello asesor do goberno sobre polio.[121] Despois de ser nomeado director do Instituo Walter e Eliza Hall de 1944, foi considerado unha figura pública e tivo que superar a súa timidez para ser un bo orador público.[122] Cría que para os científicos era importante cooperar cos medios de comunicación se querían que a xente os comprendese.[122] Porén, a pesar de aparecer moitas veces na radio e televisión, nunca se atopou cómodo nas entrevitas e tiña que ser selectivo cos compromisos de divulgación debido ás moitas invitacións que recibía, e tendía a aceptar aquelas que poderían servir para promover o Instituto.[122] Co tempo, empezou a incrementar o seu activismo, xa que se sentía máis confiado en que iso podería ter un efecto a medida que a súa reputación melloraba, especialmente despois de recibir o premio Nobel, e incluso máis despois da súa xubilación como director do Instituto.[123] Aínda que Burnet non era extravertido, comprendeu que a súa responsabilidade social como científico líder e académico era falar publicamente e impartir saber e perspectiva a unha comunidade máis ampla.[124]
Burnet foi membro ou presidente de comités científicos, tanto en Australia coma no estranxeiro. Entre 1947 e 1953, foi membro do Comité asesor de Investigación Médica do Consello de Investigación Médica da Sanidade Nacional.[125] O comité aconsellou financiar a investigación médica en Australia.[126] Durante este mesmo período (1947–52), foi tamén membro do Comité de Investigación de Defensa e Desenvolvemento de Políticas do goberno da Commonwealth.[125] Os arquivos desclasificados deste comité mostan que Burnet fixo a recomendación de que Australia tatase de desenvolver armas químicas e biolóxicas para atacar as fontes de alimento de "Indonesia e outros países "sobrepoboados" do sueste asiático" e espallar doenzas infecciosas.[127][128][129][a] O seu informe titulábase A guerra desde un ángulo biolóxico. Entre 1955 e 1959, foi presidente do Comité Asesor da Radiación Australiano;[125] estaba preocupado sobre a exposición á radiación que os australianos estaban recibindo polas probas médicas e en instalacións industriais.[126]
Internacionalmente, Burnet foi o presidente do Comité Asesor de Invetigación Médica de Papúa Nova Guinea entre 1962 e 1969. Nese momento, Papúa Nova Guinea era teritorio australiano, ao cal Burnet viaxou por primeira vez cando o seu fillo foi destinado alí.[131] O seu papel no comité permitiulle explorar o seu interese pola bioloxía humana. Estaba especialmente interesado na enfermidade do kuru,[132] e fixo presión política para que o goberno australiano establecese o Instituto de Bioloxía Humana de Papúa Nova Guinea.[132] Despois, Burnet axudou a supervisar a contribución do instituto á participación anglo-australina no Programa Biolóxico Internacional no Campo da Adaptabilidade Humana.[124]
Burnet foi o primeiro presidente da Fundación da Commonwealth (1966–69), unha iniciativa da Commonwealth de fomentar a interacción entre as elites dos países membros,[132] e foi tamén activo na Organización Mundial da Saúde, participando nos Paneis Asesores de Expertos sobre Doenzas Víricas e Inmunoloxía entre 1952 e 1969 e no Comité Asesor de Investigación Médica da Organización Mundial da Saúde entre 1969 e 1973.[133]
En 1964 foi nomeado membro da terceira universidade do Consello Universitario de Victoria, La Trobe de maneira interina ata que se formou finalmente a institución en 1966. Serviu alí ata 1970. Favoreceu unha relación menos xerárquica entre profesores e estudantes, algo que foi visto como un distanciamento da tradición inglesa predominante en Australia e un achegamento ao modelo norteamericano. Tamén avogou por unha redución da importancia concedida ás artes liberais. As súas ideas eran demasiado radicais para os seus iguais e deixou o cargo en 1970 despois de que ningunha das súas suxestións se tivese en conta.[134]
Burnet opoñíase ao uso da enerxía nuclear en Australia debido ao perigo da proliferación nuclear. Pensaba que a enerxía nuclear era necesaria alí onde non había outras fontes de enerxía, pero despois suavizou a súa posición sobre a minaría do uranio en Australia.[126][135] Nas décadas de 1960 e 1970, participou tamén no movemento antitabaco;[136] unha das primeiras figuras públicas de Australia en advertir á poboación dos riscos para a saúde de fumar, apareceu nun anuncio de televisión criticando a ética dos anuncios de tabaco, e ás cadeas de televisión por emitir dito material. El e outros activistas sorprendéronse de que se permitise que o anuncio se emitise brevemente, antes de ser suprimido pola emisora, o cal só despois xerou atención para a campaña antitabaco.[137] El fora un antigo fumador, pero rexeitou ese hábito na década de 1950 despois de que varios dos seus amigos morresen.[138] Burnet criticou tamén a guerra do Vietnam e avogou pola creación dunha forza policial internacional.[139]
Últimas etapas da vida
[editar | editar a fonte]Despois da súa retirada do Instituto Walter e Eliza Hall, a Burnet ofrecéronlle un posto na Universidade de Melbourne na Escola de Microbioloxía.[86] Durante o seu período na universidade, escribiu 13 libros sobre diversos temas, como inmunoloxía, envellecemento e cancro e bioloxía humana.[86] Tamén escribiu unha autobiografía titulada Changing Patterns: An Atypical Autobiography, que saíu en 1968.[140] En total, escribiu uns 16 libros desde o seu retiro do Instituto Hall.[141] Era coñecido pola súa capacidade de escribir rápido, a miúdo sen un esbozo final, e a súa capacidade de transmitir unha mensaxe aos lectores dun gran espectro de temas, pero el era escéptico de que as súas opinións ao final tivesen moita influencia.[141] En 1969 publicou o libro Inmunoloxía celular, considerado a súa obra magna sobre inmunidade, que intentaba mostrar como se podían predicir varios fenómenos pola teoría da selección clonal.[142] Ao ano seguinte, escribiu Vixilancia inmunolóxica, que expoñía a súa opinión asentada de que os mamíferos podían inmunizarse por si mesmos por medio da súa capacidade de detectar padróns alleos no seu corpo.[142] Seguiu mantendo un programa de traballo intenso e centrado, a miúdo evitando outras persoas para poder manter un forte ritmo de publicacións.[143]
Converteuse en presidente da Academia Australiana de Ciencias (AAS) en 1965,[86] da que fora un dos membros fundacionais cando a Academia se creou en 1954. Ofrecéranlle a presidencia en 1958 para substituír o presidente inaugural Ser Mark Oliphant, pero refusou, aínda que foi vicepresidente do consello en 1961–63.[144] Como presidente tivo o recoñecemento do goberno e do público como o científico líder en Australia.[81] A súa estatura como científico deulle dignidade para acabar con disputas nas políticas da Academia, e deulle á Academia e á súa defensa máis credibilidade a ollos do goberno e a industria.[145] En consecuencia, o seu período presidencial foi considerado de moito éxito.[145] Oliphant dixo que o prestixio persoal de Burnet foi moi importante para incrementar o respecto da AAS e que el "fixo as ciencias biolóxicas moito máis aceptables en Australia".[146]
Axudou a establecer o Foro de Ciencia e Industria da Academia,[125] que se creou no segundo ano do seu mandato para mellorar o diálogo entre os investigadores e a industria.[145] Investigou se se debería formular unha política científica nacional e iso levou á creación final do Consello de Ciencia e Tecnoloxía australiano.[147] Tamén puxo os alicerces do Estudo dos Recursos Biolóxicos Australianos.[148] Cando acabou a súa presidencia en 1969, a Academia fundou a Medalla e Conferencia Macfarlane Burnet, que é o maior premio para as ciencias biolóxicas que outorga a Academia.[125]
Como en moitas das súas ocupacións previas, Burnet tiña unha ambiciosa axenda para el pero atopou dificultades. Consideraba a Academia como o grupo de influencia maior da comunidade científica e a súa principal ligazón co goberno e a industria. Tratou de aproveitar a súa notoriedade científica e usala para persuadir aos líderes políticos e industriais para que investisen máis en ciencia. Tamén quería usar a Academia para incrementar a implicación de científicos eminentes de Australia no adestramento e motivación da seguinte xeración,[144] mais estas iniciativas non tiveron éxito debido á falta dun método concreto.[149] Máis polémico foi que el tratase de cambiar os criterios para ser elixido membro da Academia. El quería que a Real Sociedade británica deixase de operar en Australia e aceptar novos membros australianos. Razoaba que a Academia Australiana non sería forte se a Real Sociedade podía competir con ela, e pensaba que se se permitía que os científicos australianos fosen membros de ambas as institucións, a máis establecida Real Sociedade faría que a Academia Australiana parecese menos importante en comparación. Xurdiron cuestións sobre o feito de que os que eran membros de ambas —un exemplo era Burnet— puidesen manter o seu status e a hipocrisía que, por tanto, supoñía a proposta nacionalista de Burnet, e finalmente foi derrotado claramente.[150]
En 1966, Burnet aceptou que o Primeiro Ministro de Australia Ser Robert Menzies o nomease presidente inaugural da Fundación da Commonwealth, unha institución que tiña como obxectivo incrementar o intercambio profesional entre varias nacións da Commonwealth Británica. Burnet desempeñou alí un papel durante tres anos e contribuíu a comezar un período de crecemento sostido, aínda que el foi incapaz de usalo como plataforma persoal para patrocinar a importancia da bioloxía humana.[132][151]
Os libros e ensaios de Burnet publicados no período final da súa vida causaron polémica na comunidade científica e para desgusto dos seus pares Burnet con frecuencia facía proclamacións pesimistas sobre o futuro da ciencia.[77][152] En 1966 Burnet escribiu un artigo de opinión en The Lancet titulado "Homes ou moléculas?" no cal cuestionaba a utilidade da bioloxía molecular, aducindo que non contribuíra nin contribuiría con nada o seu uso á medicina e que a manipulación do xenoma, como se demostrara en bacterias, faría máis dano que ben á humanidade.[153] Gustav Nossal despois describiu a Burnet como "un biólogo cunha relación de amor-odio coa bioquímica, que o levou a un breve pero nocivo rexeitamento do valor da bioloxía molecular."[154]
Pronunciou a conferencia inaugural Oscar Mendelsohn en 1971 na Universidade Monash e avogou por aplicar políticas en Australia como o control da poboación, prevención da guerra, plans a longo prazo para a xestión do medio ambiente e os recursos naturais, dereitos das terras aborixes, socialismo, reciclaxe, prohibición de anuncios de produtos socialmente daniños (por exemplo, tabaco), e unha maior regulación do medio ambiente.[155] Denunciou acremente as probas nucleares francesas no Pacífico, e despois de votar constantemente pola coalición gobernante do Partido Liberal, que estivera no poder nas últimas décadas, asinou unha carta aberta apoiando o Partido Laborista de Gough Whitlam na oposición, que chegou ao poder en 1972.[156] Porén, axiña empezou a falar en contra da falta de acción de Whitlam contra os anuncios do tabaco e as probas nucleares francesas.[157] Burnet a miúdo sentíase frustrado coa negativa dos políticos de basear a política en obxectivos a longo prazo, como a sustentabilidade da vida humana.[158]
En 1971–72, escribiu catro libros, e Xenes, soños e realidades causou gran controversia debido aos seus fortes ataques á bioloxía molecular, bioloxía celular, e as afirmacións de que o cancro e outras doenzas eran incurables e que non tiña senso intentar curalas. Tamén predixo que o progreso científico acabaría axiña.[159]
Burnet falou e escribiu frecuentemente sobre o tema da bioloxía humana despois da súa xubilación, tratando de chegsr a todos os estratos da sociedade.[160] Cortexou os medios de comunicación e a comunidade científica, a miúdo con informes sensacionalistas ou cientificamente non rigorosos das ideas que divulgaba. Isto adoitaba incomodar os seus colegas, que consideraban que abusaba da súa estatura científica para causar deliberadamene sensación.[161] En 1966 Burnet presentou a Conferencia Boyer, sobre bioloxía humana. Ideou un marco inicial para a sustentabilidade, ao cal a definición dada en 1987 pola Comisión Brundtland era extremadamente similar.[162] En 1970 revisou un libro previo que se publicou co título O mamífero dominante: a bioloxía do destino humano;[163] ao cal seguiu o libro Resistencia da vida, que se publicou en 1978. Os libros discuten aspectos da bioloxía humana, un asunto sobre o que Burnet escribiu amplamente nos seus últimos anos. En O mamífero dominante argumentaba que as raíces de todo o comportamento humano poden encontrarse no comportamento dos animais. En Resistencia da vida trata do envellecemento, a vida, a morte e o futuro da humanidade. Os libros polarizaron moito a comunidade científica,[163] e un revisor decribiu as súas ideas de sociobioloxía como "extremos" e dando "unha visión da humanidade lúgubre e pouco atractiva".[164] En Resistencia da vida, tamén avogou porque a sociedade aceptase a eutanasia de persoas vellas doentes, criminais violentos reincidentes, e aínda máis polemicamente, o aborto de embarazos dos que probablemente nacerían nenos con minusvalideza, e o infanticidio dos neonatos discapacitados. Sabendo que habería unha forte oposición ás súas políticas, viaxou ao estranxeiro para dar unha serie de conferencias durante dous meses no momento en que saíu o libro. Na súa ausencia, foi fortemente atacado en cartas aos xornais e algúns correspondentes comparaban a súa posición sobre o infanticidio á de Adolf Hitler.[165] Ao mesmo tempo, tamén cambiou a súa postura sobre a enerxía nuclear e avogaba polo seu uso, e o reinvestimento dos impostos para investigar en enerxía solar. Este xiro enfureceu ao movemento ambientalista.[166]
A súa primeira esposa, Edith Linda Druce, morreu de leucemia linfoide en 1973,[86] despois dunha loita de catro anos. Durante os seus anos finais, Burnet rexeitou todas as ofertas de conferencias no estranxeiro para pasar máis tempo coidando a súa muller convalecente.[167] Durante un período despois disto fíxose moi apático e solitario, paralizado pola morte da súa muller. Despois trasladouse ao Ormond College para ter compañía e volveu a ocuparse da súa colección de escaravellos, pero durante un ano despois do pasamento da súa dona, Burnet tratou de aliviar a súa pena escribíndolle a ela cartas simuladas unha vez á semana.[168] Gradualmente recuperou o entusiasmo e comezou a escribir outra vez.[169] En 1975, viaxou a California para dar unha serie de conferencias.[170] En 1976 casou con Hazel G. Jenkins,[46] unha antiga cantante viúva dunha familia de negociantes que tiña 70 e tantos anos, que estaba traballando no departamento de microbioloxía como bibliotecaria, e trasladáronse ao Ormond College.[170]
En 1978 Burnet decidiu retirarse oficialmente; durante o seu retiro escribiu dous libros. Durante ese tempo, abandonou o seu traballo de laboratorio e dedicábase só a eventos sociais e teorizacións.[171] En 1982, Burnet foi un dos tres autores de Challenge to Australia, escribindo sobre asuntos xenéticos e o seu efecto sobre a nación. Como resultado do éxito do libro,[171] a inicios de 1983, Burnet foi nomeado un dos 70 membros do Consello de Anciáns Asesor de Australia para dar consello aos lexisladores, pero o grupo fracasou despois de que varios membros estivesen nun estdo demasiado fráxil ou morresen.[172]
Burnet continuou viaxando e falando, pero a inicios da década de 1980, el e a súa muller empezaron a estar cada vez máis afectados polas enfermidades.[173] A pesar de que sospeitaba da súa enfermidade desde dous anos antes,[174] en novembro de 1984 someteuse a unha operación cirúrxica de cancro colorrectal. Fixo plans para volver a facer reunións científicas, pero despois caeu enfermo outra vez, tendo bastante dor no tórax e pernas. Atopáronse lesións secundarias en xuño de 1985 que eran inoperables e terminais. Un partidario da eutanasia como Burnet non se inmutou pola perspectiva da súa morte inminente,[175] e morreu o 31 de agosto en casa do seu fillo en Port Fairy despois de loitar dous meses contra a doenza.[46][176] O goberno de Australia fíxolle un funeral de estado; moitos dos seus colegas distinguidos do Instituto Hall como Nossal e Fenner foron portadores do cadaleito,[177] e foi enterrado preto dos seus avós paternos despois dun funeral privado coa familia no cemiterio de Tower Hill en Koroit, preto de Port Fairy.[46][178] Despois da súa morte foi honrado pola Cámara de Representantes Australiana e o Primeiro Ministro Bob Hawke, e este último presentou unha moción de condolencia, un honor normalmente reservado a parlamentarios.[178] A señora Hazel Burnet morreu en 1990.
Política mundial
[editar | editar a fonte]Foi un dos signatarios do acordo para convocar unha convención para redactar un proxecto de constitución mundial.[179][180] Como resultado, por primeira vez na historia da humanidade, convocouse unha Asemblea Constituínte Mundial para redactar e adoptar unha Constitución para a Federación da Terra.[181]
Honores e legado
[editar | editar a fonte]Burnet recibiu grandes honores polas súas contribucións á ciencia e á vida pública durante a súa vida. Foi nomeado cabaleiro nas Honras de Ano Novo de 1951,[182] recibiu a Medalla da Coroación de Isabel II en 1953, e foi elixido membro da Orde do Mérito (OM) nas Honras do Cabodano da Raíña de 1958.[183] En 1960 foi o primeiro en recibir o premio de Australiano do Ano.[184] Recibiu a Estrela de Ouro e Prata da Orde do Sol Nacente xaponesa en 1961.[185] En 1962 foi premiado coa Medalla Mueller pola Asociación para o Avance da Ciencia Australiana e Neozelandesa.[186] Foi nomeado Cabaleiro Comandante da Orde do Imperio Británico (KBE) nas Honras de Ano Novo de 1969,[187] e recibiu a Medalla do Xubileo de Isabel II en 1977. En 1978 converteuse en Cabaleiro da Orde de Australia (AK),[188] sendo a cuarta persoa en recibir esa honra.[189]
Foi membro ou membro honorario de 30 academias de ciencias internacionis e da Sociedade Filosófica Americana.[190] Recibiu 10 graos honorarios de doutor en Ciencias (D.Sc.) de universidades como Cambridge, Harvard e Oxford, un grao honorario de doutor en Medicina (M.D.) do Hahnemann Medical College (agora parte da Universidade Drexel), un doutoramento honorario en Ciencias Médicas da Universidade Médica de Carolina do Sur e un grao de doutor en Dereito (LL.D.) da Universidade de Melbourne.[191] Incluíndo o seu Nobel, recibiu 19 medallas ou premios incluíndo a Medalla Real e a Medalla Copley da Real Sociedade e o Premio Albert Lasker de Investigación Médica Básica;[192] tamén tivo 33 conferencias internacionais e 17 lectorados en Australia.[193]
Despois da súa morte, o instituto de investigación de doenzas contaxiosas máis grande de Australia foi renomeado na súa honra como Centro Macfarlane Burnet de Investigación Médica. A Unidade de Investigación Clínica Burnet do Instituto Walter e Eliza Hall foi tamén nomeado na súa honra en 1986.[193] En 1975 o seu traballo en inmunoloxía foi recoñecido nun selo de correos de 33 céntimos emitido en Australia. En 1955 emitíronse sete selos postais conmemorando outros tantos científicos médicos australianos; Burnet aparecía nun selo de 45 céntimos xunto co graduado membro da Universidade de Melbourne Jean Macnamara. Tamén apareceu nun selo de Dominica emitido en 1997. O centenario do seu nacemento celebrouse en Australia en 1999; erixiuse unha estatua súa en Franklin Street, Traralgon;[194] e celebráronse varios eventos na súa honra como a liberación dunha nova edición da súa biografía por Oxford University Press.[195]
O biógrafo de Burnet Christopher Sexton suxire que o legado de Burnet é cuádruplo: (1) o alcance e cualidade das súas investigacións; (2) a súa actitude nacionalista que o levou a permanecer en Australia, o que contribuíu ao desenvolvemento da ciencia en Australia e inspirou futuras xeracións de científicos australianos; (3) o seu éxito establecendo a reputación da investigación médica australiana en todo o mundo; e (4) os seus libros, ensaios e outros escritos.[196] A pesar das súas ideas ás veces polémicas sobre a ciencia e a humanidade, Peter C. Doherty sinalou que "a reputación de Burnet está asegurada polos seus logros como experimentador, teórico e líder da comunidade científica australiana."[85]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Fenner, F. J. (1987). "Frank Macfarlane Burnet. 3 September 1899-31 August 1985". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 33: 100–126. JSTOR 769948. PMID 11621432. doi:10.1098/rsbm.1987.0005.
- ↑ Nossal, G. J. V. (2007). "Burnet, Sir Frank Macfarlane (Mac) (1899–1985)". Australian Dictionary of Biography. Vol. 17. National Centre of Biography, Australian National University. ISBN 978-0-522-84459-7. ISSN 1833-7538. OCLC 70677943. Consultado o 1 de setembro de 2018.
- ↑ Lewis, Wendy (2010). Australians of the Year. Pier 9 Press. ISBN 978-1-74196-809-5.
- ↑ 4,0 4,1 Biographical Memoirs, p. 101.
- ↑ Sexton (1999), pp. 9–10.
- ↑ Sexton (1999), p. 8.
- ↑ Sexton (1999), p. 10.
- ↑ Sexton (1999), pp. 10–11.
- ↑ Sexton (1999), p. 11.
- ↑ Sexton (1999), pp. 11–12.
- ↑ Sexton (1999), pp. 12–13.
- ↑ Sexton (1999), p. 13.
- ↑ Sexton (1999), p. 14.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 Biographical Memoirs, p. 102.
- ↑ Sexton (1999), pp. 16–17.
- ↑ Sexton (1999), pp. 18–19.
- ↑ Sexton (1999), p. 20.
- ↑ 18,0 18,1 Sexton (1999), p. 21.
- ↑ Sexton (1999), pp. 21–22.
- ↑ 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 20,5 20,6 20,7 20,8 Biographical Memoirs, p. 103.
- ↑ 21,0 21,1 Sexton (1999), p. 24.
- ↑ Sexton (1999), p. 25.
- ↑ Sexton (1999), pp. 26–27.
- ↑ Sexton (1999), pp. 28–30.
- ↑ Sexton (1999), pp. 30–31.
- ↑ 26,0 26,1 Sexton (1999), p. 27.
- ↑ "RACP: College Roll". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2018. Consultado o 20 de outubro de 2021.
- ↑ Sexton (1999), pp. 31–33.
- ↑ 29,0 29,1 Sexton (1999), p. 36.
- ↑ Sexton (1999), p. 38.
- ↑ Sexton (1999), p. 39.
- ↑ Sexton (1999), pp. 39–40.
- ↑ 33,0 33,1 33,2 Sexton (1999), p. 41.
- ↑ Fenner, F. 1987. Frank Macfarlane Burnet. Historical Records of Australian Science 7:39–77. Este artigo tamén contén unha lista completa das publicacións de Burnet. Foi reimpreso nas Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 22:100–162. Unha versión resumida esá dispoñible en liña Arquivado 20 de outubro de 2021 en Wayback Machine. da Acdemia Australiana de Ciencias
- ↑ Cathcart, Michael; Masters, Deb; Baker, Jeannine (29 de agosto de 2004). "The scientist and weapons of mass destruction". ABC Television. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2005. Consultado o 30 de setembro de 2004.
- ↑ Sexton (1999), p. 44.
- ↑ Sexton (1999), pp. 48–49.
- ↑ Sexton (1999), p. 47.
- ↑ 39,0 39,1 Sexton (1999), p. 48−49.
- ↑ 40,0 40,1 Sexton (1999), p. 50.
- ↑ 41,0 41,1 41,2 41,3 41,4 41,5 Biographical Memoirs, p. 104.
- ↑ 42,0 42,1 Sexton (1999), p. 52.
- ↑ Sexton (1999), p. 59.
- ↑ Sexton (1999), pp. 52–57.
- ↑ Sexton (1999), p. 55.
- ↑ 46,0 46,1 46,2 46,3 46,4 Biographical Memoirs, p. 109.
- ↑ Sexton (1999), pp. 60–61.
- ↑ 48,0 48,1 Sexton (1999), p. 66−67.
- ↑ 49,0 49,1 Sexton (1999), p. 65.
- ↑ Biographical Memoirs, pp. 116–117.
- ↑ Burnet, F. M.; McKie, M. (1929). "Observations on a permanently lysogenic strain of B. enteritidis Gaertner". Australian Journal of Experimental Biology and Medical Science 6 (4): 277–284. doi:10.1038/icb.1929.26.
- ↑ "Sir Frank Macfarlane Burnet – biography". Nobel Foundation. 1960. Arquivado dende o orixinal o 7 de setembro de 2008. Consultado o 5 de outubro de 2010.
- ↑ 53,0 53,1 Sexton (1999), p. 95.
- ↑ 54,0 54,1 54,2 54,3 54,4 Biographical Memoirs, p. 105.
- ↑ Sexton (1999), p. 71.
- ↑ Sexton (1999), pp. 77–78.
- ↑ Sexton (1999), pp. 79–80.
- ↑ Sexton (1999), p. 96.
- ↑ 59,0 59,1 Sexton (1999), p. 101.
- ↑ 60,0 60,1 Sexton (1999), p. 97.
- ↑ Sexton (1999), pp. 97–101.
- ↑ 62,0 62,1 Sexton (1999), p. 102.
- ↑ Sexton (1999), p. 81.
- ↑ 64,0 64,1 64,2 64,3 Biographical Memoirs, p. 106.
- ↑ Sexton (1999), p. 108.
- ↑ Sexton (1999), pp. 109–110.
- ↑ Sexton (1999), pp. 113–114.
- ↑ Sexton (1999), pp. 116–117.
- ↑ Sexton (1999), pp. 117–118.
- ↑ Sexton (1999), p. 118.
- ↑ Sexton (1999), p. 121.
- ↑ Sexton (1999), pp. 129–130.
- ↑ Sexton (1999), p. 131.
- ↑ 74,0 74,1 Sexton (1999), p. 132.
- ↑ Sexton (1999), p. 115.
- ↑ Sexton (1999), p. 116.
- ↑ 77,0 77,1 Goding, Jim (1999). "Sir Frank Macfarlane Burnet". Australasian Society for Immunology. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2011. Consultado o 30 de setembro de 2010.
- ↑ Sexton (1999), pp. 117–125.
- ↑ Biographical Memoirs, pp. 126–130.
- ↑ Biographical Memoirs, pp. 106, 129–130.
- ↑ 81,0 81,1 81,2 81,3 Fenner F (1987). "Frank Macfarlane Burnet". Historical Records of Australian Science 7 (1): 39–77. PMID 11619659. doi:10.1071/HR9870710039.
- ↑ Burnet, F. M. (1956). "Structure of the influenza virus". Science 123 (3208): 1101–1104. Bibcode:1956Sci...123.1101M. PMID 13324158. doi:10.1126/science.123.3208.1101.
- ↑ 83,0 83,1 Biographical Memoirs, p. 107.
- ↑ Sexton (1999), p. 134.
- ↑ 85,0 85,1 Doherty, P. C. (1999). "Burnet Oration: Living in the Burnet lineage". Immunology and Cell Biology 77 (2): 167–176. PMID 10234553. doi:10.1046/j.1440-1711.1999.00812.x.
- ↑ 86,0 86,1 86,2 86,3 86,4 86,5 Biographical Memoirs, p. 108.
- ↑ Biographical Memoirs, pp. 105–106.
- ↑ Biographical Memoirs, p. 117.
- ↑ Biographical Memoirs, p. 155.
- ↑ Park, Hyung Wook (2006). "Germs, hosts, and the origin of Frank Macfarlane Burnet's concept of 'self' and 'tolerance', 1936–1949". Journal of the History of Medicine and Allied Sciences 61 (4): 492–534. PMID 16769800. doi:10.1093/jhmas/jrl002. hdl:10356/96965.
- ↑ Burnet, F. M.; Fenner, F. (1949). The Production of Antibodies (2nd ed.). Macmillan.
- ↑ Burnet, F. M.; Stone, J. D.; Edney, M. (1950). "The failure of antibody production in the chick embryo". Australian Journal of Experimental Biology and Medical Science 28 (3): 291–297. PMID 14772171. doi:10.1038/icb.1950.29.
- ↑ Billingham, R. E.; Brent, L.; Medawar, P. B. (1953). "'Actively Acquired Tolerance' of Foreign Cells". Nature 172 (10): 603–606. Bibcode:1953Natur.172..603B. PMID 13099277. doi:10.1038/172603a0.
- ↑ Biographical Memoirs, p. 134.
- ↑ Sexton (1999), p. 137.
- ↑ McCullagh, P. (1989). "Inability of fetal skin to induce allograft tolerance in fetal lambs". Immunology 67 (4): 489–495. PMC 1385319. PMID 2670751.
- ↑ Le Douarin, N. M.; Corbel, C.; Martin, C.; Coltey, M.; Salaun, J. (1989). "Induction of tolerance by embryonic thymic epithelial grafts in birds and mammals". Cold Spring Harb Symp Quant Biol 54: 777–787. PMID 2534843. doi:10.1101/sqb.1989.054.01.091.
- ↑ Lederberg, J. (1959). "Genes and antibodies". Science 129 (3364): 1649–1653. Bibcode:1959Sci...129.1649L. PMID 13668512. doi:10.1126/science.129.3364.1649.
- ↑ Burnet, Frank Macfarlane (12 de novembro de 1960). "Immunological Recognition of Self: Nobel Lecture" (PDF). Nobel Foundation. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2010. Consultado o 30 de setembro de 2010.
- ↑ Pauling, L. (1940). "A theory of the structure and process of formation of antibodies". Journal of the American Chemical Society 62 (10): 2643–2657. Bibcode:1940JAChS..62.2643P. doi:10.1021/ja01867a018.
- ↑ Silverstein, A. M. (1989). A History of Immunology. Academic Press Inc. ISBN 978-0-12-643770-6.
- ↑ Biographical Memoirs, pp. 134–135.
- ↑ Burnet, F. M. (1957). "A modification of Jerne's theory of antibody production using the concept of clonal selection". Australian Journal Science 20 (2): 67–69. Reimpreso en Burnet FM (1976). "A modification of Jerne's theory of antibody production using the concept of clonal selection". CA Cancer J Clin 26 (2): 119–21. PMID 816431. doi:10.3322/canjclin.26.2.119.
- ↑ Nossal, G. J. V.; Lederberg, J. (1958). "Antibody production by single cells". Nature 181 (4620): 1419–1420. Bibcode:1958Natur.181.1419N. PMC 2082245. PMID 13552693. doi:10.1038/1811419a0.
- ↑ Nossal, G. J. V. (1995). "One Cell – One Antibody". En Gallagher, R. B.; Gilder, J.; Nossal, G. J. V.; Salvatore, G. Immunology: The making of a modern science. Academic Press. pp. 39–47.
- ↑ 106,0 106,1 Biographical Memoirs, p. 135.
- ↑ Sexton (1999), pp. 139–140.
- ↑ Talmage, D. W. (1957). "Allergy and immunology". Annual Review of Medicine 8 (1): 239–256. PMID 13425332. doi:10.1146/annurev.me.08.020157.001323.
- ↑ Forsdyke, D. R. (1995). "The Origins of the Clonal Selection Theory of Immunity". FASEB J. 9 (2): 164–166. PMID 7781918. doi:10.1096/fasebj.9.2.7781918. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2012. Consultado o 30 de setembro de 2010.
- ↑ Cruse, J. M.; Lewis, R. E. (1994). "David W. Talmage and the advent of the cell selection theory of antibody synthesis". Journal of Immunology 153 (3): 919–924. PMID 8027564. doi:10.4049/jimmunol.153.3.919.
- ↑ Sexton (1999), pp. 137–139.
- ↑ Sexton (1999), pp. 134–141.
- ↑ 113,0 113,1 Biographical Memoirs, p. 136.
- ↑ Biographical Memoirs, p. 137.
- ↑ Russell, P. J.; Hicks, J. D.; Burnet, F. M. (1966). "Cyclophosphamide treatment of kidney disease in (NZB x NZW) F1 mice". Lancet 1 (7450): 1279–1284. PMID 4160875. doi:10.1016/s0140-6736(66)91198-6.
- ↑ 116,0 116,1 Sexton (1999), p. 154.
- ↑ 117,0 117,1 Sexton (1999), p. 155.
- ↑ Biographical Memoirs, pp. 110–111.
- ↑ Marchalonis, J. J. (1994). "Burnet and Nossal: the impact on immunology of the Walter and Eliza Hall Institute". The Quarterly Review of Biology 69 (1): 53–67. PMID 8208917. doi:10.1086/418433.
- ↑ Sexton (1999), pp. 132–133.
- ↑ Biographical Memoirs, p. 144.
- ↑ 122,0 122,1 122,2 Biographical Memoirs, pp. 144–145.
- ↑ Sexton (1999), p. 159.
- ↑ 124,0 124,1 Sexton (1999), p. 172.
- ↑ 125,0 125,1 125,2 125,3 125,4 Biographical Memoirs, p. 145.
- ↑ 126,0 126,1 126,2 Biographical Memoirs, p. 146.
- ↑ Burnet, Frank Macfarlane. "Biological warfare – Remarks by Sir Macfarlane Burnet". National Archives of Australia. Consultado o 30 de setembro de 2010.
- ↑ Nicholson, Brendan (9 de marzo de 2002). "Burnet's solution: The plan to poison S-E Asia". The Age. Arquivado dende o orixinal o 8 de abril de 2006. Consultado o 30 de setembro de 2010.
- ↑ Bromage, David (2 de setembro de 2002). "Australia: Biological weapons". Federation of American Scientists. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2006. Consultado o 30 de setembro de 2010.
- ↑ Snow, Deborah (31 de agosto de 2019). "Tantalising secrets of Australia's intelligence world revealed". The Age. Arquivado dende o orixinal o 1 de outubro de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ Sexton (1999), p. 167.
- ↑ 132,0 132,1 132,2 132,3 Biographical Memoirs, p. 147.
- ↑ Biographical Memoirs, pp. 146–147.
- ↑ Sexton (1999), pp. 172–173.
- ↑ Sexton (1999), pp. 214–215; 232–234.
- ↑ Biographical Memoirs, pp. 140, 146.
- ↑ Sexton (1999), pp. 174–176.
- ↑ Sexton (1999), p. 174.
- ↑ Sexton (1999), pp. 177.
- ↑ Biographical Memoirs, p. 158.
- ↑ 141,0 141,1 Sexton (1999), pp. 206.
- ↑ 142,0 142,1 Sexton (1999), pp. 208.
- ↑ Sexton (1999), pp. 218–219.
- ↑ 144,0 144,1 Sexton (1999), pp. 160–161.
- ↑ 145,0 145,1 145,2 Sexton (1999), p. 163.
- ↑ Sexton (1999), p. 166.
- ↑ Sexton (1999), pp. 163–165.
- ↑ Sexton (1999), p. 165.
- ↑ Sexton (1999), p. 162.
- ↑ Sexton (1999), pp. 162–163.
- ↑ Sexton (1999), pp. 166–167.
- ↑ Sexton (1999). pp. 254–255.
- ↑ Burnet, Frank Macfarlane (1966). "Men or molecules? A tilt at molecular biology". Lancet 1 (7427): 37–39. PMID 4159163. doi:10.1016/s0140-6736(66)90021-3.
- ↑ Nossal, G. J. V. (1985). "Sir Frank Macfarlane Burnet (1899–1985)". Nature 317 (6033): 108. Bibcode:1985Natur.317..108N. PMID 3897872. doi:10.1038/317108b0.
- ↑ Sexton (1999), pp. 213–214.
- ↑ Sexton (1999), pp. 214–216.
- ↑ Sexton (1999), p. 216.
- ↑ Sexton (1999), pp. 179–180.
- ↑ Sexton (1999), p. 217.
- ↑ Sexton (1999), p. 211.
- ↑ Sexton (1999), p. 212.
- ↑ Blutstein, H. (2003). "A forgotten pioneer of sustainability". Journal of Cleaner Production 11 (3): 339–341. Bibcode:2003JCPro..11..339B. doi:10.1016/S0959-6526(02)00051-3.
- ↑ 163,0 163,1 Sexton (1999), p. 209.
- ↑ Woodhead, A. D. (1979). "Untitled review of Endurance of Life. The Implications of Genetics for Human Life". The Quarterly Review of Biology 54: 121. doi:10.1086/411130.
- ↑ Sexton (1999), pp. 235–237.
- ↑ Sexton (1999), pp. 232–233.
- ↑ Sexton (1999), pp. 220–221.
- ↑ Sexton (1999), pp. 222–223.
- ↑ Sexton (1999), pp. 223–230.
- ↑ 170,0 170,1 Sexton (1999), p. 230.
- ↑ 171,0 171,1 Sexton (1999), p. 239.
- ↑ Sexton (1999), pp. 239–240.
- ↑ Sexton (1999), pp. 240–241.
- ↑ Sexton (1999), p. 241.
- ↑ Sexton (1999), pp. 242–248.
- ↑ Sexton (1999), pp. 245–248.
- ↑ Sexton (1999), p. 249.
- ↑ 178,0 178,1 Sexton (1999), p. 250.
- ↑ "Letters from Thane Read asking Helen Keller to sign the World Constitution for world peace. 1961". Helen Keller Archive. American Foundation for the Blind. Consultado o 2023-07-01.
- ↑ "Letter from World Constitution Coordinating Committee to Helen, enclosing current materials". Helen Keller Archive. American Foundation for the Blind. Consultado o 2023-07-03.
- ↑ "Preparing earth constitution | Global Strategies & Solutions | The Encyclopedia of World Problems". The Encyclopedia of World Problems | Union of International Associations (UIA). Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2023. Consultado o 2023-07-15.
- ↑ "No. 39105". The London Gazette (Supplement): 35. 29 de decembro de 1950.
- ↑ "No. 41404". The London Gazette (Supplement): 3514. 3 June 1958.
- ↑ Biographical Memoirs, p. 111.
- ↑ Biographical Memoirs, p. 148.
- ↑ ANZAAS > Mueller Medal Recipients (1904-2005) archive.is Consultado o 12 de febreiro de 2025.
- ↑ "No. 44741". The London Gazette (Supplement): 36. 20 December 1968.
- ↑ Sexton (1999), p. 273.
- ↑ Sexton (1999), p. 234.
- ↑ "Frank Macfarlane Burnet". American Academy of Arts & Sciences (en inglés). Consultado o 2022-12-01.
- ↑ Biographical Memoirs, pp. 148–149.
- ↑ Biographical Memoirs, p. 149.
- ↑ 193,0 193,1 Biographical Memoirs, p. 150.
- ↑ Burke, Peter (novembro de 1999). "Sir Frank Macfarlane Burnet". Traralgon & District Historical Society. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2011. Consultado o 30 de setmbro de 2010.
- ↑ Sexton (1999), pp. 250–260.
- ↑ Sexton (1999), pp. 251–254.
- ↑ Burnet escribiu o seguinte: "A contraofensiva máis efectiva para enfrontar a invasión por países asiáticos sobrepoboados sería a dirixida á destrución por medios biolóxicos ou químicos de cultivos de alimentos tropicais e a diseminación de doenzas infecciosas capaces de espallarse en condicións tropicais, pero non nas de Australia".[130]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía citada
[editar | editar a fonte]- Burnet, Frank Macfarlane (1971). Walter and Eliza Hall Institute 1915–1965. Melbourne: Melbourne University Press. ISBN 978-0-522-84007-0.
- Burnet, Frank Macfarlane (1969). Changing Patterns: An Atypical Autobiography. New York: American Elsevier Pub. Co. ISBN 978-0-444-19703-0.
- Fenner, Frank (1987). "Frank Macfarlane Burnet 1899–1985". Historical Records of Australian Science 7 (1): 39–77. PMID 11619659. doi:10.1071/HR9870710039. This article also contains a full list of Burnet's publications.
- Fenner, Frank (1 de decembro de 1987). "Frank Macfarlane Burnet. 3 September 1899 – 31 August 1985". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 33: 100–162. doi:10.1098/rsbm.1987.0005.
- Fenner, Frank (1988). Sir Macfarlane Burnet, Scientist and Thinker. Brisbane: University of Queensland Press. ISBN 978-0-7022-2107-1.
- Sankaran, N. (2009). "Mutant Bacteriophages, Frank Macfarlane Burnet, and the Changing Nature of "Genespeak" in the 1930s". Journal of the History of Biology 43 (3): 571–99. PMID 20665082. doi:10.1007/s10739-009-9201-4.
- Sankaran, N. (2008). "Stepping-stones to One-step Growth: Frank Macfarlane Burnet's Role in Elucidating the Viral Nature of the Bacteriophages". Historical Records of Australian Science 19: 83–100. doi:10.1071/HR08004.
- Sexton, Christopher (1991). The Seeds of Time: The Life of Sir Macfarlane Burnet. Nova York: Oxford. ISBN 978-0-19-553274-6.
- Sexton, Christopher (1999). Burnet: a Life. South Melbourne: Oxford University Press, USA. ISBN 978-0-19-551165-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| A Galicitas posúe citas sobre: Frank Macfarlane Burnet |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frank Macfarlane Burnet |