Frank H. Norton
| Nome orixinal | Frank Henry Norton |
|---|---|
| Biografía | |
| Nacemento | 1836 Hingham, Massachusetts |
| Morte | 1921 |
| Presidente da American Numismatic Society | |
| 1864 – 1867 ← Robert J. Dodge – Elisha Y. Ten Eyck → | |
| Actividade | |
| Ocupación | numismático, biógrafo |
Frank Henry Norton, nado Hingham, Massachusetts, o 20 de marzo de 1836 e finado en 1913[1] ou en 1921,[2][3] foi un numismático estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Norton naceu en Hingham, Massachusetts, o 20 de marzo de 1836.[2]
A súa carreira profesional estivo sempre relacionada cos libros, primeiro como empregado na libraría do seu irmán e a partir de 1855 no cadro de persoal da Biblioteca Astor como bibliotecario asistente.[1] En 1865 pasou a ocupar o posto de bibliotecario xefe na biblioteca mercantil de Brooklyn.[2]
Paralelamente, Norton contribuíu con máis de 1.700 artigos na National Cyclopedia of American Biograph, e foi dramaturgo e autor de varias obras biográficas.[1] No ámbito da prensa, foi propietario e editor do New York Era de 1879 a 1881, e incorporouse ao Herald en 1883.[2]
Ademais, Norton foi un reputado numismático e formou parte da American Numismatic Society desde os primeiros anos da súa fundación. Entre o 11 de marzo de 1864 e o 25 de abril de 1867 exerceu como o terceiro presidente da entidade, en substitución de Robert J. Dodge.[4] Durante o seu mandato, a sociedade publicou o primeiro número do American Journal of Numismatics.[2] Precisamente unha disputa sobre a publicación deste xornal foi a orixe da súa dimisión como presidente da ANS.[5]
Segundo as fontes, Frank Henry Norton finou en 1913[1] ou en 1921.[2][3]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dalgúns dos traballos máis representativos da traxectoria de Frank H. Norton:[6][7]
- (1866). "Numismatics and archaeology considered as aids to history". En American Journal of Numismatics. Vol. I. Nº 1. Páxinas 5-8.
- (1867). Journal kept by Hugh Finlay, surveyor of post roads on the continent of North America. Brooklyn.
- (1877). Frank Leslie's historical register of the United States Centennial Exposition, 1876. Frank Leslie, Nova York.
- (1879). Illustrated Historical Register of the Centennial Exhibition, Philadelphia, 1876, and of the Exposition Universelle, Paris, 1878. The American News Company, Nova York.
- (1879). The rights and wrongs of labor, past and present. The American News Company, Nova York.
- (1880). Life and public services of Winfield Scott Hancock. Appleton & Co., Nova York.
- (1883). Paul Gustave Doré. Elzevir Library.
- (1883). The life of Alexander H. Stephens. J. B. Alden, Nova York.
- (1883). The Days of Daniel Boone. Romance of "The Dark and Bloddy Ground". The American News Company, Nova York.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 "Frank Henry Norton (1836-1913) Arquivado 06 de xuño de 2025 en Wayback Machine.". Emuseum.nyhistory.org
- 1 2 3 4 5 6 Smith, P. (2025).
- 1 2 "Norton, Frank H. (Frank Henry), 1836-1921". Id.worldcat.org
- ↑ "Presidents and Chairmen of the American Numismatic Society". American Numismatic Society (Numismatics.org).
- ↑ Smith, P. (2025). "Ten Eyck, Elisha Y(oungs)". En American Numismatic Biographies. Páxina 420.
- ↑ Catalogue of the Astor Library (continuation). Autors and books L-Q. Riverside Press, Cambridge. 1887. Páxina 2.870.
- ↑ "Frank H. Norton". The Online Books Page (Onlinebooks.library.upenn.edu).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Adelson, Howard A. (1958). The American Numismatic Society, 1858-1958. American Numismatic Society. Nova York.
- Smith, P. (2025). "Norton, Frank Henry". En American Numismatic Biographies. Páxina 322.
| Predecesor: Robert J. Dodge |
Presidente da American Numismatic Society 1864 - 1867 |
Sucesor: Elisha Y. Ten Eyck |