Frank Dochnal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frank Dochnal
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Anos en activo 1963
Escudería(s) Cooper non oficial
Grandes Premios disputados 1 (0 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de México de 1963
Derradeiro GP Gran Premio de México de 1963


Frank J. Dochnal, nado en St. Louis (Missouri) o 8 de outubro de 1920 e finado na mesma cidade o 7 de xullo de 2010, foi un piloto de carreiras estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tivo algún éxito nas carreiras locais en Missouri antes de facer un único intento de cualificar para un Gran Premio de Fórmula Un aos 42 anos, cun Cooper T51 no Gran Premio de México de 1963 . Este intento fracasou despois de ter un choque durante a práctica non oficial. Neste punto, retirouse da condución e continuou a traballar como mecánico de carreiras. Máis tarde traballou para Howard Hughes e como técnico oficial de USAC.[1]

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos. Puntos
1963 Frank Dochnal Cooper T51 Climax 4 en liña MON BEL NED FRA GBR ALE ITA USA MEX
NSC
RSA NC 0

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]