Frank Auerbach
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 29 de abril de 1931 Berlín |
| Morte | 11 de novembro de 2024 Londres |
| Outros nomes | Auerbach, Frank Helmuth |
| Grupo étnico | Pobo xudeu |
| Educación | Royal College of Art (1952–1955) Escola de Arte de Saint Martin (1948–1952) London South Bank University Bunce Court School (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Arte visual |
| Lugar de traballo | Londres (1948–2009) Gran Bretaña |
| Ocupación | pintor, deseñador gráfico, debuxante, artista |
| Período de actividade | 1952 |
| Empregador | Colexio de Artes Camberwell |
| Xénero artístico | Retrato, nudez na arte e pintura paisaxística |
| Movemento | Arte contemporánea |
| Influencias | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Julia Auerbach (1958–2024), morte do cónxuxe |
| Fillos | Jake Auerbach |
| Parentes | Marcel Reich-Ranicki, curmán Andrew Ranicki |
Frank Helmut Auerbach, nado en Berlín o 29 de abril de 1931 e finado en Londres o 11 de novembro de 2024, foi un pintor alemán que se converteu en cidadán británico en 1947.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do avogado Max Auerbach e da pintora Charlotte Nora Burchardt, naceu en Berlín pero grazas á escritora Iris Origo, foi enviado a Inglaterra en 1939 para escapar da persecución nazi. Aos sete anos marchou vía Hamburgo cara a Southampton. Nunca volveu ver os seus pais, que morreron en campos de concentración. Na escola de Kent, destacou como actor e pintor, participando nas obras de Peter Ustinov en St Pancras. Estudou no Royal College of Art de 1952 a 1955.
A súa primeira exposición individual foi en 1956, e as principais mostras na Marlborough Gallery de Nova York en 1969, 1982, 1994, 1998 e 2006. En 1986 representou Inglaterra na Bienal de Venecia, gañando o premio xunto a Sigmar Polke.
Realizou importantes retrospectivas no Kunstverein de Hamburgo, no Centro de Arte Reina Sofía de Madrid, en 1987, no Museo Van Gogh de Amsterdam, en 1989; no Yale Centre for British Art, New Haven, e na National Gallery, Londres, en 1995.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Auerbach, Frank Helmut". Artuk (en inglés).
- ↑ William Feaver, Frank Auerbach, Rizzoli, 2009 (Inglés)