Frank A. Domínguez
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1945 A Habana |
| Residencia | Estados Unidos |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Educación | Hobart and William Smith Colleges Universidade de Míchigan |
| Actividade | |
| Ocupación | filólogo, especialista en literatura, profesor universitario, hispanista, romanista |
| Familia | |
| Familia | Francisco Domínguez Mosquera |
Francisco Álvaro Domínguez Fernández, coñecido no mundo académico como Frank A. Domínguez,[1] nado na Habana o 19 de febreiro de 1945, é un profesor de universidade, hispanista e investigador da Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill, residente nos Estados Unidos desde 1960.
Os seus catro avós eran galegos, como a súa nai e seu pai. O seu avó paterno era Francisco Domínguez Mosquera, filántropo galeguista da primeira parte do século XX.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado no Hobart and William Smith Colleges: Geneva, New York (1964-1967, Inglés e Literatura Comparada), na University of Michigan at Ann Arbor (1967-1973 Literatura Comparada), foi bolseiro no Institute for Academic Technology, onde traballou sobre as Coplas de Jorge Manrique, outras investigacións con humanidades e bases de datos e o Spanish MicroTutor (Harcourt Brace Jovanovich 1989), que gañou un premio EDUCOM/NCRIPTAL.[2]
Na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill (1973 a 2018) foi director do Departamento de Linguas Románicas, director adxunto, asesor de posgrao, director de publicacións do Departamento de Estudos Románicos e editor xefe. Supervisou a publicación de Hispanófila, Romance Notes e estivo a cargo da Serie NC en Linguas e Literaturas Románicas. Coordinou a Serie Española do Dictionary of Literary Biography (1999-2007). Xubilouse como profesor Emérito.[3]
Recibiu bolsas e subvencións do American Council of Learned Societies, a National Endowment for the Humanities, a Office of International Studies and Research do Departamento de Educación dos Estados Unidos, o Programa de Cooperación Cultural entre o Ministerio de Cultura de España e as Universidades Norteamericanas, a Fundación Lindau e a IBM ACIS Project Grant (1984-1989). Tamén dirixiu un National Endowment Institute sobre o establecemento das colonias do Novo Mundo (“American Encounters: New Societies in a New World”, 1992), e foi panelista da ACLS e da National Endowment en numerosas ocasións.[4]
Os seus principais intereses académicos centráronse na supervivencia e adaptación medieval de textos clásicos, a lírica amorosa, a elexía e a sátira españolas do século XV, o concepto clásico e moderno de adorno e beleza, e a informática humana.[5]
Ten colaborado en revistas especializadas como Medievalia, Studia Humanitatis, eHumanista, La corónica etc.
Relación con Galicia
[editar | editar a fonte]
Aínda que naceu na Habana, a súa nai e os avós maternos eran de Lugo; o seu pai, tamén Francisco Domínguez, criouse entre Cuba e Carballedo (Lugo). Os avós paternos tamén eran de Carballedo, o avó Francisco Domínguez Mosquera, filántropo, galeguista e empresario cubano-galego.
Frank A. Domínguez ten estado varias veces en Galicia e foi o principal impulsor da recuperación da memoria do seu avó, cuxo labor foi esquecido ao longo da ditadura franquista, presidiu os actos de homenaxe na Barrela en 2022[6] e publicou en 2025 a súa biografía.[7]
Obras
[editar | editar a fonte]- Cancionero de obras de burlas provocantes a risa (Valencia, 1519) (1978). Valencia: Albatros. 184 páxs.
- Love and Remembrance: The Poetry of Jorge Manrique (1988). Lexington: Press of Kentucky.[8] 213 páxs.
- "Castilian Writers, 1400-1500", in Dictionary of Literary Biography, Volume 286 (2003). Bruccoli, Clark, Layman. Detroit, Washington, London: The Gale Group. 470 pp. Editado con George Greenia.
- "Castilian Writers, 1200-1400", in Dictionary of Literary Biography, Volume 337 (2007). Bruccoli, Clark, Layman. Detroit, Washington, London: The Gale Group. 460 pp. Editado con George Greenia.
- The Burlesque, the Parodic, and the Satiric in Medieval Early Modern Spanish Literature, en La corónica (37.3, 2009). Editor.
- Carajicomedia: Parody and Satire in Early Modern Spain (2015). Tamesis: Boydell and Brewer. 528 pp. ISBN 978 1 85566 289 6.
- The Labyrinth of Fortune, Juan de Mena (2025). Ed. and Translated by Frank A. Domínguez and Ryan D. Giles. Harvard University Press/ Dumbarton Oaks Medieval Library. 336 pp. ISBN 9780674290914
- Francisco Domínguez Mosquera. Carballedo, Lugo (1889) - A Habana, Cuba (1937) (2025). Lugo: Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. ISBN 978-84-8192-612-5. É a biografía do seu avó paterno publicada como Francisco Domínguez Fernández.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Frank A. Domínguez Portal del Hispanismo". hispanismo.cervantes.es (en castelán). Consultado o 2025-12-26.
- ↑ "ORCID". orcid.org. Consultado o 2025-12-26.
- ↑ dominguez, frank a. "Frank A Dominguez - University of North Carolina at Chapel Hill". unc.academia.edu (en inglés). Consultado o 2025-12-26.
- ↑ "Frank A. Dominguez – Knowledge Commons" (en inglés). Consultado o 2025-12-26.
- ↑ "Frank Domínguez Program in Medieval and Early Modern Studies". mems.unc.edu (en inglés). Consultado o 2025-12-26.
- ↑ Diario, Nós (2022-06-02). "Carballedo recupera a memoria do filántropo nacionalista Francisco Domínguez". Nós Diario. Consultado o 2022-06-02.
- ↑ Domínguez Fernández, Francisco (2025). Francisco Domínguez Mosquera. Carballedo, Lugo (1889) - A Habana, Cuba (1937). Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. p. 147. ISBN 978-84-8192-612-5.
- ↑ Domínguez, Frank (1988-01-01). "Love and Remembrance: The Poetry of Jorge Manrique". Spanish Literature.