Francisco Romero Molezún

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Romero Molezún
Nacemento14 de marzo de 1872
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento19 de agosto de 1938
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade Central
Ocupaciónmédico, cirurxián e otorrinolaringólogo
editar datos en Wikidata ]

Francisco Romero Molezún, tamén coñecido como Francisco Romero Molezúm, nado en Santiago de Compostela o 14 de marzo de 1872 e finado na mesma cidade o 19 de agosto de 1938, foi un médico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Francisco Romero Blanco. Catedrático de Patoloxía Cirúrxica pola Universidade de Santiago de Compostela (1910), especializouse en otorrinolaringoloxía e oftalmoloxía. Publicou numerosos traballos sobre a súa especialidade. Afeccionado á arqueoloxía e á historia, publicou artigos en periódicos da época. En unión dos seus irmáns instituíu unha fundación académica e benéfica en Lousame. Foi deputado provincial en 1923.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Articulaciones falsas o de la calavera, 1897.
  • Hematomas del tabique de las fosas nasales como complicación de los traumatismos de la nariz, estudiados a partir del conocimiento de varias observaciones prácticas, 1913.
  • Nociones de terapeútica de las enfermedades de la nariz, garganta y oídos: para uso del médico práctico, 1913.
  • Estudio crítico de los medios de tratamiento de la disfagia consecutiva a la tuberculosis laríngea, 1913.
  • Exploración clínica de las fosas nasales y sus anexos, 1913.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]