Francisco Rodríguez Gigirey
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | agosto de 1920 Santiago de Compostela |
| Morte | 4 de setembro de 1970 Santiago de Compostela |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Educación | Escola Normal de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | mestre, político |
Francisco Rodríguez Gigirey, nado en Santiago de Compostela en agosto de 1920 e finado na mesma cidade o 4 de setembro de 1970, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Compostela en agosto de 1920,[1] fixo os primeiros estudos nas Escolas da Inmaculada, o bacharelato superior no Instituto, e maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela.[2] Foi mestre no barrio de Guadalupe (Santiago de Compostela) en 1962.[3] En 1963 foi destinado ao Grupo Escolar Apóstol Santiago de Santiago de Compostela.[4] Foi delegado comarcal do Servizo Español do Maxisterio (SEM) en Compostela. Foi elixido concelleiro de Santiago de Compostela polo terzo familiar en 1966,[5] foi presidente da comisión municipal de Cultura e tenente alcalde. Pertenceu á directiva da asociación de teatro de cámara Ditea.[6][7] Finou en Santiago de Compostela o 4 de setembro de 1970.[8][9]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Medalla de Ouro da Orde de Cisneros, 1966.[10]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Amalia López Bouzas e foi pai de Francisco, José Manuel, Amalia, Javier, Carlos Alberto, Juan Víctor, Conchita e María Isabel.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Compostelano, 10-8-1920, p. 2.
- ↑ La Noche, 12-11-1966, p. 6.
- ↑ El Correo Gallego, 20-9-1962, p. 2.
- ↑ La Noche, 2-10-1963, p. 6.
- ↑ La Noche, 17-11-1966, p. 10.
- ↑ La Noche, 21-3-1966, p. 10.
- ↑ La Noche, 23-11-1967, p. 12.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 5-9-1970, p. 4.
- ↑ El Pueblo Gallego, 6-9-1970, p. 9.
- ↑ La Noche, 28-11-1966, p. 26.
- ↑ CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei