Saltar ao contido

Francisco Pillado Villamil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Pillado Villamil

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de outubro de 1856 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de marzo de 1926 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpianista, compositor Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosFrancisco Pillado González Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario biográfico de Galicia
Álbum de Galicia, Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 167719

Francisco Pillado Villamil, nado na Coruña o 16 de outubro de 1856 e finado na mesma cidade o 26 de marzo de 1926, foi un compositor e pianista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de nai solteira, o pai foi Francisco Ortega Soler, quen pagou a súa formación musical. Foi alumno de Marcial de Torres Adalid. En 1872 formou con José Courtier, Mariano Alonso e os irmáns Canuto e Manuel Berea un quinteto para actuar no salón da Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesáns da Coruña. Actuou en diversas ocasións no Teatro Principal e en diferentes sociedades coruñesas, nas que interpretou obras para piano a catro mans co tamén pianista Fernando Veiga. En 1886 compuxo unha habanera cantada no Entroido polo coro El Eco (dirixido por Pascual Veiga) xunto coa sección de canto da Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesáns. Anos despois exerceu como profesor de piano en dita entidade, e formou dúo co violinista Constante Suárez Chané. Colaborou coa Sociedad Filarmónica da Coruña.

O 12 de abril de 1908 participou xunto con Nan de Allariz nunha homenaxe a Curros Enríquez, onde interpretaron as composicións de Chané "Un adiós a Mariquiña" e "Tangaraños". En 1913 estreou a melodía "Doce sono" de José Baldomir. En 1914 a editorial Canuto Berea y Compañía publicou diferentes composicións instrumentais, unha mazurca Toñita e outras seis pezas bailables.

O seu arquivo consérvase no Fondo Canuto Berea da Biblioteca da Deputación da Coruña e mais no Fondo Ramiro Cartelle da Biblioteca Municipal de Estudos Locais da Coruña.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Manuela González, de Vilalba. O matrimonio tivo sete fillos, dous varóns e cinco mulleres, entre eles e foi pai do contable e fotógrafo e Francisco (1891), Ramona (1894), Julia (1896) e Carmen Pillado González (1898). Foi tamén avó do xornalista Francisco Pillado Rivadulla e bisavó do editor Francisco Pillado Mayor.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]