Francisco Pego Pita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Pego Pita
Francisco Pego Pita.jpg
Nacemento22 de febreiro de 1868
 Ortigueira
Falecemento13 de novembro de 1940
 A Habana
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónemprendedor
editar datos en Wikidata ]

Francisco Pego Pita, nado en Ortigueira o 22 de febreiro de 1868 e finado na Habana o 13 de novembro de 1940, foi un tabaqueiro galego-cubano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou á illa de Cuba en 1882 e entrou a traballar na fábrica tabaqueira Partagás, converténdose no seu xerente en 1906[1] e incorporándose como socio en 1914 compartindo propiedade con Ramón Cifuentes, denominándose a empresa Cifuentes, Pego y Compañía, aínda que mantivo Partagás como a marca dos seus produtos. Á súa fronte mellorou a calidade dos seus produtos e da súa fabricación[2], aumentando o prestixio da compañía e dos seus produtos, así como as exportacións aos mercados norteamericano, europeo e asiático. Foi presidente do Centro Gallego de La Habana en diversas ocasións (1925, 1929 e 1931) e tamén da Unión de Fabricantes de Tabaco e Cigarros.

Notas[editar | editar a fonte]