Francisco Noa
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1962 Inhambane |
| Educación | Universidade Nova de Lisboa |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, profesor universitario |
Francisco Noa, nado en Inhambane (Mozambique) en 1962, é un escritor e profesor universitario mozambicano.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É doutorado en Literaturas Africanas de Lingua Portuguesa pola Universidade Nova de Lisboa (2001). É profesor de Literatura Moçambicana, na Universidade Eduardo Mondlane (Maputo), e investigador no Centro de Estudos Sociais Aquino de Bragança (CESAB). É investigador asociado do Centro de Estudos Sociais da Universidade de Coimbra e profesor convidado en varias universidades. Foi profesor visitante no Brasil, Costa de Marfil, Angola e España. Foi membro de xurados de literatura como o Premio Camões (2006, 2007) e o Premio Oceanos (2018, 2019, 2021). Foi investigador asociado na Universidade de Coimbra.[2] Ten colabora coa Universidade de Santiago de Compostela.[3]
Participou na creación de bibliotecas comunitarias en Sofala e Manica (2007-2008). Tamén foi fundador e director de publicacións científicas (Humanitas) e literarias (Proler). Membro de institucións e asociacións científicas internacionais en Francia, Estados Unidos, Portugal e Brasil. Desde marzo de 2023 é Membro Correspondente Estranxeiro da Academia de Ciências de Lisboa.[4]
Os seus estudos versan sobre os temas da colonialidade, nacionalidade e transnacionalidade literaria, a literatura como coñecemento e o diálogo intercultural no Oceano Índico, a partir da literatura.[1]
Obras
[editar | editar a fonte]- Literatura Moçambicana. Memória e Conflito (1997). Imprensa Universitária.
- A Escrita Infinita (1998). Livraria Universitária. 2ª edición, Ndjira, 2013.
- Império, Mito e Miopia. Moçambique como Invenção Literária (2002). Caminho. BCI Literature Prize, 2014.
- A Letra, a Sombra e a Água (2008) . Texto Editores.
- Perto do Fragmento, a Totalidade. Olhares sobre a literatura e o mundo (2012). Ndjira.
- Uns e Outros na Literatura Moçambicana – Ensaios (2016)
- Além do Túnel: Ensaios e Travessias (2020)
Premios
[editar | editar a fonte]- 2015: Prémio BCI - AEMO (Associação de Escritores Moçambicanos) de Literatura, polo volume de ensaios Perto do Fragmento, a Totalidade. Olhares sobre a literatura e o mundo
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Sociais, CES-Centro de Estudos. "Francisco Noa". CES - Centro de Estudos Sociais (en portugués). Consultado o 2025-04-04.
- ↑ "Francisco P S Noa - Academia.edu". independent.academia.edu. Consultado o 2025-04-04.
- ↑ "Unha ollada ao estudo de Mozambique da man de Francisco Noa Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. 2022-10-17. Consultado o 2025-04-04.
- ↑ "Francisco Noa – Academia das Ciências de Lisboa". www.acad-ciencias.pt. Consultado o 2025-04-04.