Francisco Neira
Francisco Neira | |
---|---|
Nacemento | febreiro de 1953 |
Lugar de nacemento | Muíños |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xurista, sindicalista, avogado e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Francisco Neira León, ou Francesc Neira, nado en Muíños en febreiro de 1953,[1] é un mecánico, sindicalista e político galego que desenvolveu a súa vida profesional e política en Cataluña.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Con dez anos emigra coa súa familia a Barcelona. En 1971 empeza a traballar como mecánico na empresa MACOSA, onde se mantivo activo ata 1982. En 1974 afiliouse ao PSC (a póla catalá do PSOE) e á UGT, e en 1979 foi nomeado secretario xeral da sección de Metal da UGT de Cataluña. Como tal, tamén é membro do Comité Federal UGT-Metal.
Foi elixido deputado do PSC-PSOE pola provincia de Barcelona nas Eleccións Xerais 1982 en España[2], e foi vogal da Comisión de Investigación da Evolución e Situación do grupo Rumasa. Revalidou o escano nas eleccións de 1986,[3] 1989[4] e 1993.[5], e durante estas todas lexislaturas foi membro da Comisión de Economía, Comercio e Facenda e da Comisión de Política Social e Traballo.
En 1988 licenciouse en dereito e ocupouse de dirixir o gabinete xurídico da UGT. Tamén foi membro do consello nacional do PSC-PSOE, da Fundación Rafael de Campalans e representante dos sindicatos no Consello da Cidade de Barcelona.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Está casado e ten tres fillos[6].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Francesc Neira i León". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2012. Consultado o 18 de decembro de 2012.
- ↑ Ficha do Congreso dos Deputados
- ↑ Ficha do Congreso dos Deputados
- ↑ Ficha do Congreso dos Deputados
- ↑ Ficha do Congreso dos Deputados
- ↑ "Quién es quién en el nuevo Congreso de los Diputados (II). Una Cámara muy poco femenina", ABC, 19/11/1982, p. 34-37.